Amosando publicacións coa etiqueta ESPECIAIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESPECIAIS. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de novembro de 2024

UNHA ENTRADA NO IDIOMA IRMAO, O PORTUGUÉS

 


Recomendamos fervorosamente de cando en cando a lectura en idiomas próximos como para nós resulta o portugués. Nesa lingua danse sucesos fermosos na literatura, como ocorre por outra parte en todas as literaturas. Pero ao estar tan próxima resulta moi interesante saborear unha boa colleita na que apreciar esa proximidade e simpatía que garda co noso á vez de manter distancias cargadas de suxestións e sorpresa. 

Recomendamos pois un texto breve de Inês Espada Nobre, xa me dirán:

A vida que (não) vivemos.

xoves, 25 de abril de 2024

A XXVI MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO NO SEI SAN NARCISO

 

Cartel da Mostra: Judith Diéguez García, do Ues Johan Carballeira de Bueu
 premiado no Concurso de Carteis.

 Martes 23 de abril

10.15 Inauguración da Mostra coa actuación especial do Ballet de Galicia. Saúdo de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2024.


11.15 AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO (MARÍN): 

AS MULLERES DETRÁS DE PICASSO, NIN MUSAS, NIN SUBMISAS. 

Versión dramática a partir do texto homónimo de Eugenia Tenenbaum.  

 FRANÇOISE GILOT: Rocío López

 GERMAINE/DORA MAAR: Ainhoa del Río

 FERNANDE OLIVIER: Claudia Méndez

 EVA GOUEL, Mme RENAULD: Carmen Estévez

 XERTRUDE E SILVETTE DAVID:  Emma Freire

 OLGA KHOKHLOVA: Cristina Boullosa

 MARIÉ THÉRESSE: Uxía Novegil

 GENIEVE LAPORT:  Victoria Gil

 JACQUELINE: Antía Argibay Dopazo

PICASSOS, MINOTAUROS E OUTROS HOMES: Diego González, Iago Otero, 

Quercus Troitiño, Álex Díaz, David Fuentes e Óscar Mathieu, Mulu Nieto. 

PAULO PICASSO: Hugo García Muñiz.

MÚSICA EN VIVO: Ainhoa del Río, Antía Argibay. 

TEMAS MUSICAIS: Guadi Galego, Abraham Cupeiro e As Fillas de Cassadra

LUZ E SON: Hugo Rosales e Breixo Pazos.

ESCENOGRAFíA: Teresa González e Darío Suárez. DIRECCIÓN:  Héctor Silveiro.

Sinopse: Obra dramatizada pola Aula de Teatro Sei San Narciso a partir do texto homónimo de Eugenia Tenenbaum. É unha reflexión que reivindica liberarse da sombra na que aínda están non só as mulleres que conviviron co artista, senón tamén miles de milleiros de mulleres silenciadas que loitaron, e loitan, contra unha historia cargada de silencios e discriminación. Unha homenaxe ás mulleres que non calaron, que coñeceremos pola boca das que viviron canda ao pintor.  



12,15 COLOQUIO SOBRE A OBRA CON EUGENIA TENENBAUM

 Charla de actrices e o público coa autora do texto orixinal da obra representada.

EUGENIA TENENBAUM: (Santiago de Compostela, 1996) Galega afincada en Madrid.  É unha historiadora da arte, comunicadora cultural, autora e activista feminista e LGBT+.

Tenenbaum tomou o seu pseudónimo da película The Royal Tenenbaums de Wes Anderson.​ Comezou o seu traballo como publicista en redes sociais e, en 2022, publicou o seu primeiro libro La mirada inquieta, no que introduce a perspectiva de xénero no mundo da arte ao longo da historia.​ No seu traballo como publicista tamén trata temas como a literatura, o feminismo, o lesbianismo,... É unha das divulgadoras de arte máis seguidas nas redes en castelán.


Mércores 24 abril

   10,15. COMEDIANTES ANÓNIMOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA (BUEU):

PLAN DE RESCATE

Versión e dramaturxia de Fran Paredes a partir do relato literario de ANTÍA YÁÑEZ

ELENCO: Valeria García, Asier Belaustegui, Andrés Belaustegui, Mateo Barcia, Nicolás Gago e David Cao.  Colaboración especial de Antía Yáñez

VÍDEO: Miguel Mosqueira

ESPAZO LUMÍNICO E SONORO: Santiago Dopazo

PRODUCIÓN: Asun Sóñora e Félix Boullosa

DIRECCIÓN: Rosa Domínguez e Fran Paredes

Sinopse: Xeila, Héitor, Aldán e Noel están traballando na aula de apoio do seu instituto co profe David cando algo raro acontece… Ninguén vai crer nada da historia que virá deseguido, porque nela, á parte de moitísimas palabras malsoantes, hai un secuestro, escopetas, policía e un plan de rescate, pero tamén hai amizade, compañeirismo e traballo en equipo de cinco heroes cunhas capacidades extraordinarias… PÚBLICO: A partir de 5º de Primaria

12.15 GRUPO DE TEATRO IES AS BARXAS (MOAÑA):

CRÓNICAS DE DÍAS ENTEIROS E NOITES ENTEIRAS

Elenco: África Piñeiro, Alicia Rivas, Noelia Otero

Irene Martínez, Eva Justel, Pedro Seijo, Aldara González,

Laura López, Valeria Pazos, Claudia Fervenza, María Isabel Silva 

Sinopse: Persoas descoñecidas que se atopan nun mesmo espazo onde poder narrar e confesar anacos da súa vida. Cada unha ten o seu propio final, non dependen os uns dos outros. Como fragmentos de fotografías polaroid, estas almas amósanos as súas realidades.


Xoves 25 abril

10.15 h. OBRADOIRO DE TEATRO MARÍA SOLIÑO (CANGAS): 

SUPER DAVID E COMPAÑÍA, de Miguel Sandín.

 

ELENCO:

Xoel Nogueira Hermelo, Leire Portela Otero, Tomás Paredes Santomé, Saúl Paredes Santomé,

Leyre Parcero Vázquez, Alma del Río Rodas e Roque Fernández Estévez.

 

Dirixe, Xoán C. Riobó

 

Sinopse:  Logrará o Megatrío liberarse dos raios policatódicos e viaxar polo buraco espazo-temporal?

Gañará o Home Eléctrico a partida de parchís? A súper-ruín B.B, Bruxa de Brancaneves conseguirá secuestrar ao mellor cirurxián plástico para que lle faga a cirurxía estética e poder ser a modelo máis cotizada do mundo? Todo isto e moito máis nesta divertida ficción que se desenvolve entre humanos, superheroes e personaxes dos contos.

 

Destinada para toda a ESO

12.15 GRUPO: TEATRO SOLIÑOS DO IES MARIA SOLIÑO (CANGAS):

TEATRO PARA NEÓFITOS de Pedro Pablo Riobó Sanluis

ELENCO: Yanira González, Ainara González, Andrea Guimeráns , Mauro Nogueira, Adrián Otero,  María Rosales, Carla Santorio,  Martín Silva

 

Sinopse: Teatro para neófitos é o teatro falando do teatro. Da man dunha guía experta, a obra guía ao espectador neófito a través dos principais xéneros do teatro utilizando a Shakespeare como fío conductor  con particulares versións do seu clásico Romeo e Xulieta. 

Venres 26 de abril

10.15 GRUPO DE TEATRO COLEXIO EDUARDO PONDAL (CANGAS): A NOVA EVA

Elenco:

Alexia Vizoso, Ángela Del Rio, Antía Vaqueiro

Antón Oliveira, Bruno Soliño, Haidy Barreda

Irene Pérez, Isaac Rodas, Jorge Varela

Lucas Garcia  Maria Martinez, Marta Costas

Nicolas Riobó, Uxia Chantada

 

Técnicos: Ivan Pena, Mateo Rosales

 

Colaboracións: Alejandro Torresquesana

Sabela Brión

Guiomar López

Sinopse: Ano 2074 a Xunta de Galicia crea a Consellaría de Saúde Mental, nada e o que parece.

12.15 CLAUSURA DA MOSTRA 

Co grupo invitado: TEATRO ABERTO que representará 

                                        A TRENZA DOS FEITOS AMARGOS.  

A partir do libro “Lola, filla de Cangas”, de Asun Bernárdez, autora tamén do texto.

ELENCO:

Marina Fandiño

Xabier Fernández

Pilar Ferrari

Araceli Gato

Antón Lamapereira

Francisco Lariño

Pilar Malvido

Cristina Rial

Fina Rodríguez

Concha Vizcaya

Serafín Villar

Sinopse: Tempo histórico que abarca desde a Segunda República ata a Guerra Civil. Conta como se desenvolveron os acontecementos máis relevantes e tamén os máis violentos no pobo de Cangas e arredores.

Quédanme moitas cousas que contarvos, pero non quero aflixirvos máis o corazón. Os anos foron pasando dende aqueles tempos de penuria. Os asasinatos foron minguando, mentres os mortos en vida seguiron crecendo durante corenta anos. Case cincuenta homes foron asasinados en Cangas.

Raparon mulleres, negáronlle o traballo a moitas xente, como a meu pai... fixeron o que quixeron.

Mais despois de tantos anos, estou contenta, porque por fin podo subir ao faiado e sacar fóra todos eses nomes escondidos. Puiden sacudir o medo ás palabras, e espallalas ao vento. Que escoite quen queira escoitar. Non quero deixarvos unha testemuña amarga de inxustizas, senón a dunha xente que pensaba que podemos entre todos facer que a vida sexa mellor.

Dirixida especialmente a bacharelato.




xoves, 22 de febreiro de 2024

Día de Rosalía 23 . febreiro . 1837 propostas creativas de aproximación ao mundo rosaliano.

 




"Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude.

 

Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza.

 

Cando os señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu ríome coma eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande que a súa iniquidade. No fondo, non obstante, o meu corazón é bo, pero non acato os mandatos dos meus iguais e creo que a súa feitura é igual a miña feitura, e que a súa carne é igual a miña carne.

 

Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino”



1-  Despois de ler e consultar sobre as palabras que non coñezas.
2- Que nos quere contar Rosalía de Castro neste texto escrito en 1857?

3- Que recursos literarios atopas nestas liñas?




Redacta dous textos distintos e independentes, tras ver estes vídeos e escoitar na aula as pertinentes explicacións sobre a vida a a obra de Rosalía. Os temas destes textos serían:
- O que eu destacaría da vida e obra de Rosalía.
- Como sinto eu que Rosalía está viva hoxe.
Unha última proposta polo día de hoxe, aprende este poema, un dos máis coñecidos da nosa autora:



Cando penso que te fuches
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa. 

Cando maxino que es ida
no mesmo sol te me amostras
i eres a estrela que brila
i eres o vento que zoa. 

Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.





domingo, 23 de abril de 2023

O FUTURO AO OUTRO LADO DO ESPELLO

 

Deseño de Ainhoa del Río

O Futuro ao outro lado do espello
é unha obra que a Aula de Teatro Sei San Narciso que se estreará na XXV MOSTRA DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO (26.27.28 de abril 2023)

A nosa Aula de Teatro embarca de novo na Mostra do Teatro de Ensino Secundario do Morrazo, coincidindo co XXV aniversario desta marabillosa creación colectiva que contribuímos no seu día a poñer en pé e a alimentar durante unha longa etapa. Volvemos con moita ilusión e cunha marca habitual da casa, ofrecendo un espectáculo da nosa autoría que quere ser á vez unha homenaxe á propia traxectoria da nosa aula reunindo nesta obra unha serie de chiscadelas e referencias escénicas ás montaxes de anos atrás,  o que non quere dicir que a trama deixe de ser completamente nova e orixinal. 

Quixemos deste xeito reunir diversos elementos botando man de variadas técnicas que nos caracterizan como é a dramatización de textos narrativos (usamos unha longa e coñecida novela, As intermitencias da morte de Saramago e un conto lostregante, A Illa das mulleres, da autora marinense Lara Dopazo, lírica de poetas vivos e mortos, esta vez atrevémonos cos discursos da promotora dos venres polo planeta, introducimos música en directo, mesmo montaxes audiovisuais, algo de danza inspirados por Pina Baush e Dimistris Papanaiou, ecos de grandes escenas clásicas do cinema ou de literatura infantil como se reflicte no propio título, etc...) 

O espectador presenciará logo unha sucesión de imaxes diversas que denominamos: Camiñamos, Escoitando a Terra, Cambio Climático, Traballo, Morte, Illa das Mulleres e o Futuro ao outro lado do espello. Son sete grandes escenas coas que pretendemos interpelar os medos ao porvir, ao mesmo tempo que, como persoas en formación, nos respondemos a nós mesmos sobre as interrogantes do noso futuro.    

ELENCO                                 para ver a representación no blog da Aula de Teatro

  MULLERES ANTE O ESPELLO: Rocío López (ALICIA), Carla Núñez (MORTE MOURA) Greta Sampedro (MORTE BRANCA), Alba Capa (xornalista),  Mar Madero (xornalista), Claudia Cárcer (xornalista), Sara Fraile (xornalista), Cristina Boullosa, Sara Catalán e Kelly González.

HOMES ANTE O ESPELLO: Óscar Mathieu, Brais Sestelo, David Fuentes (xornalista), Alex Díaz e Iago Otero.

MÚSICAS ANTE O ESPELLO: Ainhoa del Río, Uxía Novegil.

MONTAXE AUDIOVISUAL: Luís Fuentes

LUZ E SON: Breixo Pazos e Antía Argibay

ESCENOGRAFÍA: Darío Suárez e Teresa González

DIRECCIÓN: Héctor Silveiro

 

Aula deTeatro SEI SAN NARCISO,  Bueu 27 de abril de 2023 

Aula de Teatro Sei San Narciso,  Marín 28 de abril de 2023


Unha crónica dos XV anos da Mostra de Teatro do Morrazo na revista galega de teatro ERRETEGUÉ


Dúas fotos da representación na MOTESMO en Bueu. 

venres, 25 de outubro de 2019

Trailer O QUE ARDE (Oliver Laxe, 2019)



Crítica de cine: FOTOGRAMAS
11/10/2019:
 La mayoría de películas del nuevo cine gallego ahondan en el vínculo entre el ser humano y la naturaleza como rasgo definitorio de la propia idiosincrasia. Una característica también presente en este tercer largo de Oliver Laxe, el primero que rueda en su tierra de origen. Lo que arde arranca con una secuencia hipnótica en un bosque de eucaliptos que van cayendo como víctimas de una fuerza mayor.
La energía telúrica y mágica de este inicio enraíza seguidamente en una narración más humana y materialista en torno al regreso de Amador, un pirómano recién salido de la cárcel, a casa de su madre Benedicta en una Galicia rural en plena mudanza. A partir de una idea bressoniana de la interpretación, el director construye junto a sus actores no profesionales unos personajes que rebosan autenticidad, pero también una complejidad moral que no pretende juzgar. La primera escena encuentra su rima en la secuencia cumbre del film, un incendio de proporciones incontrolables que la cámara registra en todo su potencial fascinante y aniquilador. Con Lo que arde, Laxe consigue su película más accesible sin renunciar ni un ápice a la ambición artística que define su obra.

11/10/2019 - 
VALÈNCIA. Las primeras imágenes de la película nos trasladan a un paisaje casi fantasmal. De noche, las copas de los árboles se mecen por el viento y poco a poco comienzan a caer. La cámara pasará a filmar cómo una máquina va talando esas plantas que se desploman con armonía y dolor, como si pudiéramos sentir su lamento a través del ruido de sus ramas. Este prólogo entronca directamente con las escenas finales que se centran en la filmación de un incendio real, uno de esos trágicos fuegos que arrasan con buena parte del ecosistema gallego cada verano.

Para un CINE FORUM na Biblioteca sobre "O que arde"


O filme "O que arde" está nos cine de toda Galicia, tamén no resto da Península, despois de ser premiado no Festival de Cannes. Trátase dun traballo de Ó
liver Laxe moi peculiar polo que decidimos integralo no noso particular diambular polo mundo creativo e colocalo no comezo do curso como un primeiro acto arredor dunha trama. Que por que o escollemos? Seguramente pola frase coa que comeza esta entrevista que aproveitamos para preparar este CINE FORUM.









Sobre o lume e a súa simboloxía no filme O que arde (crítica  sensacine / crítica Experiencias)


A frase en cuestión di: A cultura emancipa ao ser humano.  Foi lela e comprender que estaba intimamente ligada ao lema e fío condutor do noso traballo no presente curso. Mais amigos como somos de contextualizar e dar coherencia ás mensaxes, imos colocar a seguir un enlace para poder ler a entrevista que se editou na Balea Cultural no ano 2018 cando estaba Óliver Laxe filmando xa esta a película "O que arde", antes de recibir os premios e de rematar os traballos de rodaxe.

Entrevista con Óliver Laxe


Na RTVG
 Na prensa

O público galego é un público globalizado, tamén, ao que lle dan pastalaría industrial. E cando che dan pastalaría industrial toda a túa vida, precisas deses azucres, desas graxas saturadas, e cando che dan un tomate da horta non che sabe a nada. Entón, que é, culpa do tomate que lle dá as costas ao público galego? Ou de que hai un desleixo total das autoridades con respecto á inclusión do cinema na educación, á protección de certas salas de cinema de autor...? Oliver Laxe. sermos

mércores, 26 de xuño de 2019

REMATAMOS O CURSO CO II CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

CRÓNICA DO II CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO SAN NARCISO

Concibido como unha mostra de teatro a partir de temas grecolatinos e sen excluír outros clásicos doutras literaturas, celebramos esta segunda entrega coa participación dos seguintes grupos:

2º ESO A que representaron PIMPINELA, unha adaptación dun dos lances de Os vellos non deben namorarse de Castelao.

3º ESO A que representaron a traxedia de ORFEO E EURÍDICE, unha adaptación do coñecido mito, e a comedia de ANFITRIÓN, a famosa obra de Plauto.

3º ESO B que representaron a traxedia titulada MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ baseada en distintas figuras e obras da antiga Grecia, e a comedia O XUÍZO DE PARIS, unha singular pasaxe relacionada coa épica homérica.

4º ESO B que representaron a traxedia O RAPTO DE PROSERPINA e a comedia AS MULLERES e ENEAS ambos sobre textos moi populares da literatura latina.

A presente crónica vaise acompañar dunha reportaxe fotográfica extraordinaria obra do profesor Alberto Rouco, un gran fotógrafo ao que agradecemos a súa pericia e xenerosidade.




PIMPINELA (Adaptación  do lance terceiro de Os vellos non deben namorarse de Castelao)

PIMPINELA: Raquel Catalán
NAI: Irene García
PAI: Adrián Calvar
MOZO: Carlos Diz
Sr. FUCO: Yerai Pazos
PRÓLOGO: Juan Jesús Fernández
MULLERES: Alba Balagones, Xana García, Rosalía Blanco, Yaiza Blanco, Laura Comesaña.
MORTE: Luis  Fuentes

Apuntadora: Xiana Fernández
Luz: Alexia Pereira.
Dirección: Héctor Silveiro

Unha magnífica representación con papeis destacados como os de Raquel, Carlos e Yerai dunha obra previamente lida e traballada nas aulas deixando patente que neste curso de 2º ESO A hai bos e futuros actores e actrices para a Aula de teatro do San Narciso.
































AS OBRAS DE TEMÁTICA GRECOLATINA:


O RAPTO DE PROSERPINA
A segunda representación correu a cargo do curso máis veterán de 4º da ESO B que acadou un destacado segundo posto nas votacións á mellor traxedia.  Invitámosvos a ver unha reportaxe fotográfica  e o elenco de actores e actrices entre outros detalles na entrada dedicada as representacións deste grupo no seu blog AULA LATINA.


 ORFEO E EURÍDICE
MUSA: Marta Folgar
ORFEO: Víctor de la Torre
EURÍDICE: Sabela Casal
MULLERES TRACIAS: Andrea Carcer, Antía Domínguez, Sonia Domínguez, Laura Sánchez
PERSÉFONE: Mayra Carramal
ARISTEO: Adrián Martínez
SERPE: Diego Bugallo
CARONTE: Carlos Domínguez
HADES: J.M. R. Curras

 O mito dos tráxicos amores de Orfeo e Eurídice foron dramatizados despois de traballados nas aulas con gran resolución. A terceira obra posta en escena foi a que o público asistente, alumnos/as da ESO e Bacharelato do noso centro, cualificou como a mellor traxedia representada.  A verdade é que a interpretación foi desigual, pero o conxunto resultou satisfactorio para os espectadores outorgándolle un destacado primeiro posto. Podes ver unha reportaxe fotográfica no blog AULA CLÁSICA.


O XUÍZO DE PARIS
HELENA: Alba Domínguez
ATENEA: Lucía Madero
HERA: Claudia Vilas
AFRODITA: Ángela Rosales
ZEUS: Julián González
HERMES: Roberto López
ARES: Martín Rosales
POSEIDÓN: Aythami Sánchez
DIONISO: Damián Souto
HADES: Victor Correa
HEFESTO: Gabriel Pintos
ARTEMISA: Ainara Soto
TETIS: Aroa Farto
PELEO: Santi Otero
ERIS: Antía Vidal
PARIS: Nicolás Martínez

A comedia escollida para representar por 3º ESO B xira ao redor do que se deu en chamar vulgarmente  como "o primeiro  concurso de beleza", a desputa das deusas Hera, Atenea e Afrodita pola mazá de ouro que finalmente o principe troiano Paris entrega á deusa que lle prometera a muller máis fermosa do mundo, Helena de Esparta. Reportaxe fotográfica no blog AULA CLÁSICA .


AS MULLERES E ENEAS
Unha comedia elaborada a partir de textos da Eneida de Virxilio, dun traballo de aula sobre o tema da fundación de Roma.  A nosa intención era poñer en primeiro plano a posición da muller fronte ao personaxe protagonista heroico, na nosa adaptación posto en ridículo e manipulado tanto pola súa nai a todopoderosa Venus-Afrodita, como polas tres mulleres que lle roubaron o corazón: Creúsa, Dido e Lavinia, retratadas cada unha cunha personalidade ben distinta. Podes ver a reportaxe fotográfica e o elenco no blog AULA LATINA de 4º da ESO. Obtivo tamén un segundo posto nos premios á mellor comedia.


ANFITRIÓN de Plauto
SOSIAS: Marta Folgar
MERCURIO: Mayra Carramal
XÚPITER: Diego Bugallo
ALCMENA: Sabela Casal
ANFITRIÓN: José M. R. Currás
DEUSAS DOS NACEMENTOS: Andrea Carcer, Sonia Domínguez, Laura Sánchez e Antía Domínguez.

Esta representación logrou o premio á mellor comedia do certame ao contar cun reparto moi entregado e brillante, especialmente o papel de Alcmena, Sabela Casal (Premio á mellor actriz con toda seguridade polo papel que representou nesta obra) ademais dos destacados papeis de Sosias e Mercurio (ambos asumidos con moita "vis" escénica por Marta e Mayra) e como contrapunto a un Anfitrión que tamén disputou o Premio ao mellor actor masculino grazas a esta interpretación. Podes ver a reportaxe fotográfica de Alberto Rouco en Aula Clásica.


MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ
MOIRA, PENÉLOPE, TROIANA, MIRRINA, MULLER: Claudia Vilas
MOIRA, CASANDRA, ANTÍGONA, ATENIENSE, MULLER: Ángela Rosales
MOIRA, HÉCUBA, ATENIENSE, MULLER: Antía Vidal
PANDORA, ANDRÓMACA, ISMENE, ATENIENSE, MULLER: Lucía Madero
ARIADNA, TROIANA, LISÍSTRATA, MULLER: Alba Domínguez
TROIANAS, MULLERES: Aroa Farto e Ainara Soto
TESEO: Gabriel Pintos
SOLDADO GREGO, POLINICES, HOME: Julián González
SOLDADO GREGO, ETEOCLES, HOME: Damián Souto,
SOLDADOS GREGOS e HOMES: Martín Rosales, Nicolás Martínez, Víctor Correa, Roberto López e Aythami Sánchez.

Esta traxedia trata de facer unha revisión cunha complexa trama que parte da situación da muller na antiga Grecia cuxo sometemento nun mundo de homes está asociado ao nobelo de lá ou ao fíos que a simbolizan dende o seu nacemento. Pasan pola escena as Moiras, deusas do Destino, Pandora, a primeira muller, Ariadna traizoada por Teseo, Penélope que espera tecendo ao seu home que foi á guerra de Troia, as troianas vencidas e escravas dos gregos, Antígona e Ismene que defenden posturas contrarias ante o poder irracional dos homes e Lisístrata, que promove a revolta das mulleres atenienses contra a guerra, lida en clave de traxedia esperanzada, da man das mulleres que se cuestionan o seu papel nunha sociedade dominada e dirixida polos homes. Reportaxe fotográfica de Alberto Rouco no blog Aula Clásica.





xoves, 7 de marzo de 2019

NO DÍA DA MULLER

As mulleres na Historia de Galicia:

luns, 2 de xullo de 2018

CLAUSURA DO PROXECTO: CORAZÓN DE FUTURO, VOZ DE MULLER

FOTOS EXPOSICIÓNS. CORAZÓN DE FUTURO, VOZ DE MULLER:





























FOTOS DO 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO

A MULLER FALA de 1º ESO A