Deseño de Ainhoa del Río |
O Futuro ao outro lado do espello é unha obra que a Aula de Teatro Sei San Narciso que se estreará na XXV MOSTRA DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO (26.27.28 de abril 2023)
A nosa Aula de Teatro embarca
de novo na Mostra do Teatro de Ensino Secundario do Morrazo, coincidindo co XXV
aniversario desta marabillosa creación colectiva que contribuímos no seu día a
poñer en pé e a alimentar durante unha longa etapa. Volvemos con moita ilusión e
cunha marca habitual da casa, ofrecendo un espectáculo da nosa autoría que
quere ser á vez unha homenaxe á propia traxectoria da nosa aula reunindo nesta
obra unha serie de chiscadelas e referencias escénicas ás montaxes de anos
atrás, o que non quere dicir que a trama
deixe de ser completamente nova e orixinal.
Quixemos deste xeito reunir diversos elementos botando man de variadas técnicas que nos caracterizan como é a dramatización de textos narrativos (usamos unha longa e coñecida novela, As intermitencias da morte de Saramago e un conto lostregante, A Illa das mulleres, da autora marinense Lara Dopazo, lírica de poetas vivos e mortos, esta vez atrevémonos cos discursos da promotora dos venres polo planeta, introducimos música en directo, mesmo montaxes audiovisuais, algo de danza inspirados por Pina Baush e Dimistris Papanaiou, ecos de grandes escenas clásicas do cinema ou de literatura infantil como se reflicte no propio título, etc...)
O espectador presenciará logo unha sucesión de imaxes diversas que denominamos: Camiñamos, Escoitando a Terra, Cambio Climático, Traballo, Morte, Illa das Mulleres e o Futuro ao outro lado do espello. Son sete grandes escenas coas que pretendemos interpelar os medos ao porvir, ao mesmo tempo que, como persoas en formación, nos respondemos a nós mesmos sobre as interrogantes do noso futuro.
ELENCO
HOMES ANTE O ESPELLO: Óscar Mathieu, Brais
Sestelo, David Fuentes (xornalista), Alex Díaz e Iago Otero.
MÚSICAS ANTE O ESPELLO: Ainhoa del Río, Uxía Novegil.
MONTAXE AUDIOVISUAL: Luís Fuentes
LUZ E SON: Breixo Pazos e Antía Argibay
ESCENOGRAFÍA: Darío Suárez e Teresa González
DIRECCIÓN: Héctor Silveiro
Aula deTeatro SEI SAN NARCISO, Bueu 27 de abril de 2023 |
Aula de Teatro Sei San Narciso, Marín 28 de abril de 2023 |
Dúas fotos da representación na MOTESMO en Bueu. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario