Ante un Salón de actos cheo de alumnos da Secundaria, o 10 de abril comezaron os ENCONTROS DO CENTENARIO DO SAN NARCISO coa presenza da autora e ex-alumna do Colexio, Arantza Portabales precisamente no día que comezaba a súa xira de presentación da súa última novela. Arantza foi recibida polo Director Antonio Traba e pola Xefa de Estudos, María Pintos, ambos coñecidos da autora, par alogo pasar ao Salon esperábaa no escenario un acolledor sofá cunha mesa cargada de libros e lembranzas (fotos de cando Arantza era unha alumna do San Narciso e recortes de prensa que preparara María con moito agarimo) ademais dunha sorpresa a presenza dunha compañeira de curso Sindi.
A LITERATURA NO CENTENARIO DO SAN NARCISO
Neste Encontro literario con autoras/es tan especial, habia entre o auditorio alumnado que acababa de ler a súa novela Beleza Vermella, alumnas e alumnos que leran xa en cursos pasados novelas súas e outros e outras que era a primeira vez que oiran falar deArantza. O acto resultou moi cordial e entrañable. Seguimos en tdoo caso un guión preestablecido que pasou por:
Literatura e educación: Queremos trasladar ás xeracións presentes o valor da literatura no proceso educativo. A importancia da literatura na formación da persoa, esa dimensión creativa que parte das lecturas. É un auténtico pracer facelo cunha ex-alumna que é todo un referente literario fresco que está, nunha etapa álxida claramente marabillosa como é a da estrea dunha nova novela, como é o Asasinato no muíño do cura, unha etapa vigorosa e na que amosas a túa plenitude como unha autora imprescindible para nós, o que fixo desta charla de hoxe algo inesquecible, un evento cargado de contido e esplendor, rico en palabras.
Presentamos algúns trazos da súa biografía para quen non a coñeza, como é o seu nacemento en Donostia en 1973, filla de emigrantes galegos que regresan a Marín en 1985. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou (agora ten unha excedencia) como funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.
Comezou a escribir en 2013, no xénero do microrrelato. O que nos deu pé a facerlle unha primeira pregunta de interese para moitas das alumnas e alumnos. Sentir a necesidade de contar é un proceso que nace en cada persoa dunha maneira distinta? Como madurou en ti este desexo de ser autora? Arantza respondeu que tardou en escribir en sentirse con ganas de escribir, pero que sempre foi unha moi boa lectora que no colexio xa escribira de todos os xeitos un texto, dos primeiros que lembra ter escrito un texto que xa lle chamara á atención ao Pai Simón Busnadiego, o seu profesor de Literatura Española co que segue tendo contacto a través das redes.
O paso polo colexio:
A creación e os comezos do noso colexio en Marín estivo marcada por un modelo e tipo de educación ben diferente á que se lle deu cabida nas últimas décadas no San Narciso neses cen anos de docencia. Aquela era unha educación tradicional e confesional. Logo o Franquismo tamén marcou unha gran parte da nosa traxectoria como centro de ensino cristiá co seu internado masculino. Isto non impide que teñamos figuras educativas en todo este tempo que tentaron un cambio e un tipo de educación distinta, profundamente humanista e sensible, aberta a cambios, aqueles cambios que a volta da democracia trouxo e asentou. Percibías ti iso como alumna do noso centro ao final dos anos 80? Arantza afirmou que as cousas daquela eran distintas á actualidade, que evidentemente foi dalgún xeito consciente dos cambios que se estaban dando.
Ante a pregunta que destacarías do teu paso polo colexio? Foi sobre todo a amizade que mantén cun grupo de amigas coas que segue tendo algo máis que un contacto fluido, o típico de quedar a comer unha vez ao ano. Hai algo máis e souberon manter ese contacto tan intenso que naceu cando eran mozas, algo de gran valor para a autora. Sindi lembrou en voz alta varias anécdotas daqueles tempos e agradeceu que se lle invitase a participar e lembrar xunto con Arantza ese paso polo San Narciso.
Confesou que o libro que máis tiña que ver coa súa experiencia nas aulas do San Narciso ( salvando as distancias, claro está) é precisamente a súa primeira novela Sobrevivindo . lembro tamén aos qu eforan os seu sprofes Manolo de Ciencias, M.Carmen de Historia, O Pai Ángel o director e como non ao seu profesor de Galego, Tilves.
A vivencia da literatura:
A seguir analizamos cal é a súa débeda coa literatura. Afirmou con contundencia que en ocasións a literatura te salva. Ademais insistiu en que ela escribía para divertir, para que a xente o pase ben, co que pasamos a falar da súa obra. Son moitos os títulos da súa autoría que se acumulan en librarías e bibliotecas desde aquela primeira e curiosa novela: Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017) que foi logo traducida ao español, ao italiano, ao alemán ao hebreo…
E falando de linguas fixemos tamén unha reflexión sobre as linguas nas que escribe. Habitualmente faino en galego , a non ser que sexa xa un encargo directo para unha editrial en castelán. Á pregunta: A lingua na que unha autora crea é sempre un factor de identidade, como vives ti ese compromiso co galego? Cal é a pertinencia do noso idioma na túa traxectoria literaria? Ela respostou cunha defensa grande da nosa lingua, na que se sinte cómoda e na que escribe habitualmente. Fixo ademais unha puntualización moi interesante como é que a lectura dunha das súas novelas en galego é realmente distinta que a que se pode facer en castelán, ainda que a trama sexa a mesma, a calidade das e dos personaxes non se recibe igual por parte de quen le o texto, hai peronaxes que soan ben distintos, se os oes falar en galego.
Hai novelas que te atrapan desde a primeira palabra… A beleza é vermella coma unha cunca de cereixas… así comeza Beleza Vermella a primeira dunha gran saga policíaca que segue a ser, como confesou ela a novela máis vendida. Falamos a continuación do feminismo, unha impronta do noso tempo. Foi un momento no que interpelou ao alumnado presente dicindo: Hai realmente aquí alguén que estea en contra da reivindicación da igualdade?.
Abordamos logo as claves ou características que fan de Arantxa unha voz recoñecible como autora no panorama actual da literatura. Insistiu que na súa escrita había realidade e diversión na intriga por saber quen foi o asasino. Falamos da nova saga que ela situa en Loira (na novela aparece como Loeira).
Houbo finalmente unha chea de preguntas que alumnos e alumnas quixeron facerlle e tras a entrega dun ramo de flores puideron tamén achegarse ao seu caron para que lles asinase os seus libros, libros que como curiosidade dependendo do titulo foron asinados con cores de bolígrafo diferentes, por exemplo os Beleza Vermella ían na cor do sangue.
Lembramos, xa en privado, á vez que asinaba libros, que o pasado día 28 de marzo acompañaba en Marín na presentación do seu libro Comerás flores á autora marinense Lucía Sobral, unha promesa do interesante panorama literario actual en Marín, en Galicia…




