Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de maio de 2024

martes, 9 de maio de 2023

ENCONTRO COA AUTORA: ANTÍA YÁÑEZ

 











Asinando libros  1º de bacharelato


domingo, 30 de maio de 2021

MES DAS LETRAS 2021

 


Con motivo do Mes das Letras realizamos un novo ENCONTRO CO AUTOR: MANUEL NÚÑEZ SINGALA, un acto ao que asistiron alumnos /as de 2º da ESO e de 1º de Bacharelato que este curso traballaron dúas das obras deste autor: Comedia Bífida e En galego, por que non? 

O autor escolleu como título a súa charla inicial : O galego, unha oportunidade.

A seguir colgaremos unha reportaxe fotográfica do acto. 










luns, 14 de xaneiro de 2019

Dúas visitas recomendadas




Na Compostela do Camiño hai dúas exposicións complementarias sobre a obra dun dos grandes personaxes da cultura galega do XX: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A visita a ambas resulta unha experiencia recomendable. Unha está ubicada ao pé do Museo do Pobo Galego, na igrexa de San Domingos ou Panteón de Galegos Ilustres. Atoparemos ata o mes de marzo alí a Exposición que celebra os 70 anos Alba de Gloria. a publicación do texto do rianxeiro universal.



Noutro lugar de Compostela, na Cidade da Cultura, podemos visitar a outra exposición: Caslelao maxistral que xira arredor da obra pictórica titulada A derradeira leición do mestre.

                       Resultado de imagen de a derradeira leición do mestre

luns, 18 de maio de 2015

PREMIOS DE POESÍA e MARÍN CONTA

Con motivo das Letras Galegas o Concello de Marín convocou o XVIII concurso de Poesía en varias categorías. O noso centro participou con varios poemas na categoría da ESO e logrou o 1º e mais o 2º premios que dende logo é serve de gran alento para as súas gañadoras. Tamén o Ateneo Sta Cecilia fixo unha convocatoria , neste caso de narrativa na que tamén participamos e de novo logramos que un dos textos fosen finalistas.

O 1º Premio de Poesía do Concello de Marín foi para Ángela Pousada González polo poema que reproducimos a continuación:

XENTE

Xente,
xente soñadora,
que non dorme polas noites.
Noites
apagadas,
sen xente que as escoite.
Soños baleiros,
sentimentos que colgan
dun só fío.
Poetas,
poetas atrapados nas entrañas das prohibicións
mais o corazón só entende de emocións,
e neste xogo que é a vida,
que estamos destruíndo día a día,
quedan reducidas á opresión.
Nun mundo no que o deber derrota ao querer,
no que o amor é só de adultos,
no que os artistas son só mortos de fame,
no que se pensa que seríamos os mesmos
sen os desexos que espertan os versos de Neruda.
Nun mundo que se engana
sobrevalorando certas famas
e ocultando outras tantas moito máis dedicadas,
deixando
simplemente,
Xente soñadora,
que non dorme polas noites
e noites
apagadas,

sen xente que as escoite.
                                               
Ángela Pousada González



O 2º premio de Poesía do Concello de Marín foi para Mary Iglesias Schwarz polo poema:


NON O ESQUEZO

Non me quedan máis que bágoas.
Unhas cantas notas do pasado
e a melodía do meu corazón
están esperando o teu agasallo

Só quedan cinzas
da miña vila repleta de silencio.
Non somos máis que feridas.
Como sobrevivir despois diso?

Lembro as voces dos nenos
e dos homes cando ían ao campo,
os festivais, o concello,
unha vila chea de cartos.

Cando chegaron
escondidos detrás das súas armas
eran miles,
ríanse das nosas bágoas.

Querían destruír
a nosa alegría
con palabras de odio
que eu descoñecía.


Pero estamos aquí,
no medio destas ruínas,


para falar da esperanza
e do amor á vida.

Pero estamos aquí,
non o esquezo,
da miña vila
arrastrada pola ruína.

E eu vivín aquí,
non o esquezo,
nesta vila…
borrada de mapas e recordos.

Mary Iglesias Schwarz







O premio de Narrativa  Marín Conta, que convocaba o Ateneo Sta. Cecilia  de Marín e cuxa entrega de premios tivo lugra na Alameda o propio día 17 de maio, pouco despois da anterior entrega realizada no Museo, ademais da presenza da nosa finalista na categoría da ESO Mary Iglesias Schwarz, tamén contou co recoñecemento a varios dos noso alumnos/as de Primaria que participaban dentro da súa categoría.




VISITANDO A EXPOSICIÓN SOBRE FILGUEIRA VALVERDE

Con motivo das Letras Galegas 2015, e como outros cursos, instalamos a exposición que remitiu a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia na Biblioteca de Secundaria para que foran pasando os alumnos/as da ESO e Bacharelato e poidan asía realizar un primeiro achegamento tanto á figura como á obra de X. Filgueira Valverde.

Colgamos a seguir unhas fotos dunha das visitas do curso de 4º da ESO B.


luns, 11 de maio de 2015

NA SEMANA DAS LETRAS, algo sobre a B D


Xosé Tomás estivo con nós na Bibloteca. É un dos máis prestixiosos deseñadores e creadores de banda deseñada de Galicia, ademais dun vello coñecido do noso Director, o que facilitou a súa presenza entre nós para inaugurar esta Semana das LETRAS GALEGAS. Veu para realizar un miniobradoiro sobre o mal chamado cómic, para compartir con nós un dos seus últimos traballos en banda deseñada: NÓMADES, unha impresionante reflexión en imaxes e palabras onde o sentido crítico é todo sensibilidade e tenrura cara aos seres humanos que por algunha razón teñen que emigrar. Explicounos o proceso laborioso de case tres anos que hai detrás desta produción. Deixounos como agasallo para a biblioteca outro dos seus títulos: TOLOS.

Grazas por compartir con nós esta experiencia tan enriquecedora e creativa.

A seguir deixamos unha pequena reportaxe fotográfica do seu paso polas aulas de 1º e de 2º da ESO: