Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de marzo de 2026


Espectacular encontro literario en Marín 

mércores, 21 de xaneiro de 2026

Raquel Catalán, exalumna do Sei San Narciso presenta Anaquiños


Anaquiños é unha fiestra á miña mente, comenta a autora na contraportada do seu libro, un reflexo de inquedanzas, sentimentos e reflexións que precisaban ser "materializados".  
Unha novela epistolar tecida a través de pequenas cartas dirixidas a entes subxectivos co fin de. lembrar os seus postos na humanidade. 

Desde este blog da Biblioteca recomendamos acudir a dita presentación na que ademais da autora vai acompañar o profesor do noso centro Héctor Silveiro.  

Deixamos a seguir unha breve reportaxe fotográfica do evento:








domingo, 27 de xuño de 2021

Da visita ao Colexio do Presidente da Real Academia Galega


 Pasaron polo San Narciso con motivo da Homenaxe a D. Elixo Rivas Quintas varias personalidades o pasado día 21 de xuño para coñecer de primeira man a iniciativa que realizamos este curso 20/21 sobre a recuperación dos topónimos de Marín, a súa integración no día a día nas aulas e a invitación a incorporaarse ao reto de xeolocalizar os nosos miles de nomes de lugar a través da plataforma Galicia Nomeada.

Esta iniciativa fixo que aínda que non puidemos contar coa presenza de D. Elixio tiveramos de seu unhas palabras gravadas para este acto no que puxemos en marcha a última das propostas a de procurar integrar ao conxunto de veciños e veciñas de Marín, despois de facelo con todas as familias do noso centro, nesta aventura de desenterrar o tesouro da toponimia. Foi por iso que tanto Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, como Presidente da Academia Galega, Victor F. Freixanes, como a mesma alcaldesa do concello María Ramallo e  Vicente Feixóo, responsable de Galicia Nomeada, entre outras persoas estiveron presentes no acto que o Colexio. 

Este evento comezou coa proxección dun vídeo que serviu de presnetación do proxecto, á vez de resumo do que se estivo a facer durante o curso. Neste audiovisual aparece nunha das entrevistas a familias do centro a avoa de Brais e de Antía, Carme de Mogor amosándonos a Eira dos Mouros. E ese foi o elemento que provocou a posteriori un artigo en prensa, asinado por Victor Freixanes, que hoxe traemos aquí e que escollemos para este blog ada biblioteca, como complemento a todo o que xa fomos publicando nos distintos blogs da páxina do SEI San Narciso.  

DINAMITA DEBAIXO DAS PEDRAS

xoves, 23 de abril de 2015

Día do Libro un ano máis

En Galicia o Día do Libro se cadra hoxe dilúese nunha especie de festividade literaria que dá comezo en abril e chega ata o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Pero é unha data que ten de todos os xeitos as súas fortalezas e as súas debilidades.  O mundo literario galego vólcase máis, como é natural, no 17 que sen ser un San Jordi catalán, un pobo con máis conciencia nacional, vai camiño de todos os xeitos a converterse nunha cousa semellante, dende logo o potencial existe ( a pesares de que a Academia non sempre acerte cunha elección unánime á hora de escoller ao homenaxeado). En todo caso o nacemento de Cervantes na nosa terra ten unha boa acollida e o sector do libro e  editorial que non pasa polo seu mellor momento, todo sexa dito de paso, celebra estas datas e as feiras do libro enchen as prazas das principais cidades da comunidade.

Hoxe en Alcalá recibiu o Premio Cervantes o autor Juan Goitisolo merecente do galardón e que apesadumbrado co ritual da ortodoxia académica, cumpriu con el contradicindo en algo o seu propio parecer, iso si, dende a altura da sabia idade e un sentido crítico admirables. Lástima que non se retrasmitan na mellor franxa horaria ésta e outras intervencións intelixentes e vivas dos homes de Letras que tanto poden dicirmos e que  como o Frederick do conto tanto poden aliviar os malos tempos que corren. As Letras dos Libros celebradas para que non soen ocas deben manter esa conexión precisa coa realidade do día a día que inunda de atrocidades e infamias viles as nosas existencias, lonxe da descansada vida del que huye de la tremenda cotidianeidade cruel.

Escoitemos logo as súas verbas:

No paraninfo do colexio está tamén exposta a Exposición que sobre  El Quijote organiza o Depatrtamento de Lingua Castelá e Literatura.
   

mércores, 18 de febreiro de 2015

Este venres en Pontevedra un encontro con Álvarez Torneiro




Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013, será o protagonista da sesión do venres 20 de febreiro do ciclo En paralelo. O poeta fará ás 20 h no Sexto un percorrido pola súa obra, unha poesía entre a utopía e a memoria. será no Museo de Pontevedra.

todo un precedente poético á celebración da próxima semana.

domingo, 30 de novembro de 2014

FALECE O NOSO PAI CARBALLO

O pasado día 29 morreu o Pai  Francisco Carballo un home central na creación dunha nova historia para Galicia. Varios son os títulos que neste campo podemos destacar dende aquela Historia de Galiza de 1979 no que abría unha porta a unha revisión poñendo o o punto de mira na propia terra.

Xa había case un ano que fixara a súa residencia nun centro de padres paúis en retiro que dita comunidade ten en Salamanca. menos tempo no que seu estado de saúde empeorara e ao fín o día 29 falecía aos 89 anos de idade.

Destacou como téologo e historiador, pero aos que o coñecemos non podemos deixar de lembrar de el a súa capacidade de traballo, a súa xenerosidade como persoa e o seu compromiso cos seus ideais sempre tan apegados a Galicia. Precisamente unha etapa da súa vida moi produtiva intelectualmente e digna de mención na que aportou distintas  obras, contribuiu á edición de importantes e destacadas obras (A igrexa galega, Alexandre Bóveda, Breve Historia de Galiza, Martín Sarmiento...)coincide coa dirección do semanario nacionalista denominado A Nosa Terra.
O seu compromiso como intelectual galeguista levárao ao cárcere uns anos antes, pouco despois de deixar a docencia que exerceu no noso centro en Marín  e tamén no centro dos Paúis de Baracaldo aló polos anos 60.

Lembramos con cariño o seu interese e a súa aportación a unha pastoral diferente, as súas últimas charlas no centro con motivo das das Letras Galegas á solicitude do noso Equipo de Normalización ou máis recentemente, unha das últimas actividades públicas, a derradeira lección maxistral que lle escoitamos no acto de homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle rendiu en Compostela incorporándoo á lista dos Bos e Xenerosos.

 Deixamos aquí unha entrevista, tamén recente realizada no ano 2013 na canle Irmandade TV:

sábado, 25 de xaneiro de 2014

NOVOS TEXTOS INÉDITOS DE ROSALÍA

Veñen de presentarse na Academia Galega unha serie de manuscritos de Rosalía, da que se conservan poucos, porque mandou queimar unha gran parte no seu leito de morte. Entre eses manuscritos apareceron poemas inéditos e citas de gran interese para coñecer mellor a súa obra.

Pódese ver a reportaxe a unha entrevista  a investigadora que deu pé ao achado no diario dixital Praza Pública.

martes, 17 de decembro de 2013

UNHA NOVA ACADÉMICA

Fina Casalderrey.
A escritora Fina Casalderrey vén de ingresar oficilamente na Real Academia Galega tras dunha traxectoria na Literatura galega impecable. Ademais de unha mestra de vocación, é unha autora moi recoñecida especialmente pola súa obra no que se demonina literatura infantil e xuvenil, unha etiqueta da que non renega, senón que reafirma a súa convicción de que é unha literatura para todas as idades, esa que se deu en chamar infantil. No acto que se levou a  cabo no teatro Principal de Pontevedra leu un discurso de ingreso que recibiu moi boas críticas, así como o de resposta a cargo doutra académica e amiga, Rosario Álvarez. Estes textos de ambos discursos xa están publicados na rede na páxina oficial da RAG onde se poden consultar.

Fina unha escritora que ten visitado o noso centro en distintas ocasións .e una autora moi coñecida entre a nosa Comunidade Educativa e moi querida en todo Marín, concello en que impartiu clase. Parabéns Fina.

luns, 3 de xuño de 2013

Un día no Teatro, un día máis na procura da verdade sobre o ser humano

Onte foi unha xornada na que toda secundaria pasou polo teatro. Profesores e alumnos compartiron un par de representacións en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, un dos mellores dramaturgos da Literatura Galega contemporánea. A Aula do teatro do noso centro representou e fixo propias Agasallo de sombras que levaron a cabo alumnos/as de 1º de Bacharelato, e os alumnos/as de 4º ESO B escenificaron A ópera de a patacón.  Non quixeramos deixar pasar esta ocasión sen realizar logo unha breve reflexión sobre o acontecido, destacando a importancia e valores desta experiencia creativa e didáctica que fomos quen de vivir.

O TEATRO UN EXERCICIO NA PROCURA DA VERDADE

Cando realizamos unha obra de teatro nun centro de ensino todos saímos gañando da experiencia. O centro precisa educar tamén aos seus alumnos/as como futuros espectadores, ofertándolles, dándolles as claves coas que achegarse a calquera proposta dramática,  acompañalos nese proceso que procura en cada representación unha parte da verdade que está por descubrir, que temos que axudar a descubrir a cada alumno/a como unha experiencia didáctica necesaria para calquera ser humano do século XXI.
Os alumnos/os que presencian o espectáculo, futuros consumidores de produtos teatrais que agudiza a súa capacidade e edúcaos como espectadores dispostos á reflexión do que ven, observar con espírito crítico unha obra dun xénero onde a opinión é esencial, e do que naceu o cinema, polo tanto produtos que se consumen día a día, en moitas ocasións sen criterio, sen reflexión.
Aos profesores/as que lles ofrece unha ferramenta de traballo nas aulas de primeira magnitude ao ser un instrumento onde os protagonistas, nunca mellor dito, son realmente os propios alumnos/as, tanto os que actúan como os que son espectadores. O teatro, un lugar para ver e facer medrar o espírito crítico dos nosos alumnos/as, as capacidades de expresión e comprensión póñense de manifesto e é un espazo novo para educar a responsabilidade e a madureza dos propios alumnos/as.

Aos que representan a obra élles especialmente rendible como experiencia por tratárense dunha tarefa didáctica moi completa que parte do propio coñecemento sobre un mesmo e de como proxectamos o noso eu cara aos demais, pasando por dinámicas de mellora da expresión e comunicación social, de creación e imaxinación, de memoria e de improvisación notables.  

xoves, 11 de abril de 2013

Unha mirada ao deber de vivir seguindo a Sampedro

O domingo pasado morreu José Luis Sampedro, morreu preocupándose de que o silencio da súa palabra e ese acto íntimo de deixar a vida, fosen nunha persoa tan social e nun escritor coma el, pouco transcendente. Un humanista controvertido, un economista que velaba polos pobres, un home indignado pola crueldade do capitalismo e que apostou sempre pola liberdade do pensamento.

Traemos aquí a súa lembranza especialmente por ser autor de libros impresionantes como La sonrisa etrusca" ou o seu ensaio "La escritura necesaria". El sabía que escribir é vivir por iso tamén sentía a necesidade de estar vivo.



Deixamos aquí un dos seus textos recentes máis lidos que é o prólogo a un nonaxenario coma el, Stéphane Hessel:



Yo también nací en 1917. Yo también estoy indignado. También viví una guerra. También soporté una dictadura. Al igual que a Stéphane Hessel, me escandaliza e indigna la situación de Palestina y la bárbara invasión de Irak. Podría aportar más detalles, pero la edad y la época bastan para mostrar que nuestras vivencias han sucedido en el mismo mundo. Hablamos en la misma onda. Comparto sus ideas y me hace feliz poder presentar en España el llamamiento de este brillante héroe de la Resistencia francesa, posteriormente diplomático en activo en muchas misiones de interés, siempre a favor de la paz y la justicia.
¡INDIGNAOS! Un grito, un toque de clarín que interrumpe el tráfico callejero y obliga a levantar la vista a los reunidos en la plaza. Como la sirena que anunciaba la cercanía de aquellos bombarderos: una alerta para no bajar la guardia.
Al principio sorprende. ¿Qué pasa? ¿De qué nos alertan? El mundo gira como cada día. Vivimos en democracia, en el estado de bienestar de nuestra maravillosa civilización occidental. Aquí no hay guerra, no hay ocupación. Esto es Europa, cuna de culturas. Sí, ése es el escenario y su decorado. Pero ¿de verdad estamos en una democracia? ¿De verdad bajo ese nombre gobiernan los pueblos de muchos países? ¿O hace tiempo que se ha evolucionado de otro modo?
Actualmente en Europa y fuera de ella, los financieros, culpables indiscutibles de la crisis, han salvado ya el bache y prosiguen su vida como siempre sin grandes pérdidas. En cambio, sus víctimas no han recuperado el trabajo ni su nivel de ingresos. El autor de este libro recuerda cómo los primeros programas económicos de Francia después de la segunda guerra mundial incluían la nacionalización de la banca, aunque después, en épocas de bonanza, se fue rectificando. En cambio ahora, la culpabilidad del sector financiero en esta gran crisis no sólo no ha conducido a ello; ni siquiera se ha planteado la supresión de mecanismos y operaciones de alto riesgo. No se eliminan los paraísos fiscales ni se acometen reformas importantes del sistema. Los financieros apenas han soportado las consecuencias de sus desafueros. Es decir, el dinero y sus dueños tienen más poder que los gobiernos. Como dice Hessel, “el poder del dinero nunca había sido tan grande, insolente, egoísta con todos, desde sus propios siervos hasta las más altas esferas del Estado. Los bancos, privatizados, se preocupan en primer lugar de sus dividendos, y de los altísimos sueldos de sus dirigentes, pero no del interés general”
¡INDIGNAOS!, les dice Hessel a los jóvenes, porque de la indignación nace la voluntad de compromiso con la historia. De la indignación nació la Resistencia contra el nazismo y de la indignación tiene que salir hoy la resistencia contra la dictadura de los mercados. Debemos resistirnos a que la carrera por el dinero domine nuestras vidas. Hessel reconoce que para un joven de su época indignarse y resistirse fue más claro, aunque no más fácil, porque la invasión del país por tropas fascistas es más evidente que la dictadura del entramado financiero internacional. El nazismo fue vencido por la indignación de muchos, pero el peligro totalitario en sus múltiples variantes no ha desaparecido. Ni en aspectos tan burdos como los campos de concentración (Guantánamo, Abu Gharaib), muros, vallas, ataques preventivos y “lucha contra el terrorismo” en lugares geoestratégicos, ni en otros mucho más sofisticados y tecnificados como la mal llamada globalización financiera.
¡INDIGNAOS!, repite Hessel a los jóvenes. Les recuerda los logros de la segunda mitad del siglo XX en el terreno de los derechos humanos, la implantación de la Seguridad Social, los avances del estado de bienestar, al tiempo que les señala los actuales retrocesos. Los brutales atentados del 11-S en Nueva York y las desastrosas acciones emprendidas por Estados Unidos como respuesta a los mismos, están marcando el camino inverso. Un camino que en la primera década de este siglo XXI se está recorriendo a una velocidad alarmante. De ahí la alerta de Hessel a los jóvenes. Con su grito les está diciendo: “Chicos, cuidado, hemos luchado por conseguir lo que tenéis, ahora os toca a vosotros defenderlo, mantenerlo y mejorarlo; no permitáis que os lo arrebaten”.
¡INDIGNAOS! Luchad, para salvar los logros democráticos basados en valores éticos, de justicia y libertad prometidos tras la dolorosa lección de la segunda guerra mundial. Para distinguir entre opinión pública y opinión mediática, para no sucumbir al engaño propagandístico. “Los medios de comunicación están en manos de la gente pudiente”, señala Hessel. Y yo añado: ¿quién es la gente pudiente? Los que se han apoderado de lo que es de todos. Y como es de todos, es nuestro derecho y nuestro deber recuperarlo al servicio de nuestra libertad.
No siempre es fácil saber quién manda en realidad, ni cómo defendernos del atropello. Ahora no se trata de empuñar las armas contra el invasor ni de hacer descarrilar un tren. El terrorismo no es la vía adecuada contra el totalitarismo actual, más sofisticado que el de los bombarderos nazis. Hoy se trata de no sucumbir bajo el huracán destructor del “siempre más”, del consumismo voraz y de la distracción mediática mientras nos aplican los recortes.
¡INDIGNAOS!, sin violencia. Hessel nos incita a la insurrección pacífica evocando figuras como Mandela o Martin Luther Kingo. Yo añadiría el ejemplo de Gandhi, asesinado precisamente en 1948, año de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, de cuya redacción fue partícipe el propio Hessel. Como cantara Raimon contra la dictadura: Digamos NO. Negaos. Actuad. Para empezar, ¡INDIGNAOS!

mércores, 27 de febreiro de 2013

NON VOS RINDADES

Ese será o título póstumo de Stéphane Hessel, o denominado pai dos indignados, que hoxe nos deixou. Estaba a piques de saír o que agora si se pode dicir será o seu derradeiro libro "NON VOS RINDADES" un novo chamamento crítico ante a situación que estamos vivindo. No seguinte vídeo compartindo ideas co escritor  J.L. Sampedro que foi quen prologou a tradución ao castelán do seu anterior libro, INDIGÁDEVOS.



En Galicia foi editado cun fermoso prólogo de Manuel Rivas pola Editorial Kalandraka que precisamente vén de recibir hai uns días en Madrid o Premio Nacional de Edición Cultural 2012.


luns, 5 de marzo de 2012

HOMENAXE AO P. FRANCISCO CARBALLO, BO E XENEROSO


A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou por unanimidade proclamar ao P. Francisco Carballo "Bo e Xeneroso", unha homenaxe en vida a grandes personalidades da cultura galega contemporánea que xa vai pola novena edición e que se celebrou nun acto público no Museo do Pobo Galego en Compostale o pasado 3 de marzo ás 12 da mañá.
No acto inteviñeron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG a propia secretaria xeral da asociación, Mercedes Queixas Zas, que leu a acta da concesión do Premio. Tamén e como é costume realizou unha Laudatio o historiador Anselmo López Carreira para intervir finalmente o homenaxeado.

Como manifestou o presidente da AELG: " queremos porlle nome a "Os Bos e Xenerosos". Por iso celebramos este acto de estudo e de recoñecemento anual da figura dun escritor ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión pública da cultura galega. Con esta homenaxe destácase, sobre todo, un compromiso ético coa nosa cultura... Preténdese poñer de relevo a exemplar traxectoria de Francisco Carballo, quen ao longo de máis de corenta anos participou coa súa escrita e co seu activismo en dotar de contidos vertebradores a realidade social e cultural de Galicia, o que o converte nunha figura referencial para a sociedade galega no seu conxunto."

xoves, 2 de febreiro de 2012

FRANCISCO CARBALLO, PAÚL DO SAN NARCISO, BO e XENEROSO


O pasado mes de decembro foi homenaxeado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) o padre Francisco Carballo, un paúl dunha traxectoria longa e moi útil ás letras galegas. O seu traballo no estudo da Igrexia galega é xa todo un clásico. Días despois, hai ben pouco recibía o Facho de ouro. No San Narciso compartimos os parabens e o cariño manifestado pola comunidade intelectual de Galicia cara este home humilde, coñecedor da nosa cultura e difusor dun saber moi apegado á Terra con traballos tan singulares como os centrados nas figuras de Alexandre Bóveda ou de Martín Sarmiento.

domingo, 20 de xuño de 2010

MORREU O PREMIO NOBEL SARAMAGO


O premio Noble, Xosé Saramago, portugués universal e autor de obras tan redondas como o "Ensaio sobre a cegueira" morreu o pasado venres á idede de 87 anos. Morreu en lanzarote onde residía coa súa muller Pilar del Río unha xornalista española "culpable" en boa medida de manter activo nestes últimos anos ao escritor, como confesou o mesmo Saramago recentemente. Un autor que atopou o seu estilo e unha gran difusión da súa obra cando xa contaba con máis de 60 anos. As súas primeiras obras ligadas ao mundo portugués coñeceron menor divulgación, pero resultan claves para coñecer a evolución da literatura lusa do século XX. Saramago soubo cando comezaba esta segunda gran etapa da súa carreira como narrador, citaba a páxina 23 do seu libro Levantado do chao. ata ese momento o autor fora poeta e xornalista, pero será esta obra a que lle abra as portas á narrativa o xénero onde medrará axiña a súa obra e o seu recoñecemento.

venres, 26 de marzo de 2010

Florecen os NARCISOS e COMEZA ABRIL



No mes de marzo, que está a piques de rematar, a Biblioteca vaise preparando para recibir a primavera dos libros. Van agromando as flores e nacen de novo os narcisos namentres @s alumn@s absort@s nas lecturas e colgad@s das consultas na rede semellan non decatarse.O ritmo do latexo continuo dos seus corazóns acelérase. Abril está as portas. Abril traerá consigo varias novidades á Biblioteca:
Obradoiro de Creación literaria . Traballaremos como vén sendo habitual coas Cartas de Amor e, como novidade, participaremos na campaña da Concelleria de Cultura do Concello de Marín xunto con outros centros da localidade para desenvolver unha experiencia express de libro viaxeiro. A Secundaria correspondeunos confeccionar "a nosa historia de Don Quixote da Mancha".
Finalmente quixeramos anunciar que estamos rematando cunha parte da informatización da biblioteca e que poremos en marcha en breve os carnets da nosa biblioteca.

venres, 11 de decembro de 2009

Hoxe no Día Internacional do Tango

Hoxe seguimos traballando no Obradoiro de prensa escolar no recreo na Biblioteca de Secundaria coa esperanza de sacar un exemplar do obradoiro neste mesmo mes... e de fondo soaba o tango, moitos preparaban as mentes para os últimos exames do trimestre: