Amosando publicacións coa etiqueta TEXTOS E IMAXES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEXTOS E IMAXES. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de maio de 2025

ano 2040




   Está matando a humanidade?

sábado, 25 de xaneiro de 2025

Creacións de novembro

 


 A partir desta imaxe o alumnado de 2º da ESO realizou unha serie de textos a modo de concurso. Gañaron esta experiencia creativa DA IMAXE AO TEXTO  entro outros os seguintes relatos:

2º ESO A

 De súpeto unha forte racha de vento arruinoulle o recollido nun moño que tanto tempo lle levara facer. Riu, e pensou que aquilo era un último chisco de Tucho, unha última trasnada dende o Outro Lado. Xela sorriu, xirouse e marchou para casa despeluxada, sentindo que levaba consigo a Tucho, unha homenaxe aos que marcharon, pero seguen presentes no eco das tradicións e as lembranzas que nunca morren…

Chovía con intensidade e o vento frío cheiraba a terra húmida que ascendía dende o campo santo. De pé, baixo un paraugas negro, Xela observaba a lápida do seu antiguo marido, Tucho, cunha mestura de burla e nostalxia.

Sostiña un ramiño de flores que recollera polo camiño, sinxelo pero cargado de significado.

Xela deuse conta de que había un papel na lápida, un sorriso irónico apareceu no seu rostro. “Estou en San Andrés de Teixido” Dicía, facendo referencia á promesa que non cumpriu en vida, visitar o santuario sagrado. Xela murmurou, case cun ton de reproche afectuoso:

-Pois dende logo, Tucho… Non sei como aínda soportas tantas romarías, mesmo estando morto…

 Relato de Cloe Sampedro Carpintero.


LOLA E TUCHO

O día de defuntos, Loliña acudiu ao cemiterio para visitar á súa familia e amigos alí enterrados.

Chegou cedo. Antes de visitar ao seu defunto marido, visitou outros panteóns e saudou a todos os veciños e persoas coñecidas que estaban alí tamén para visitar aos seus seres queridos.

Todos lle dicían o mesmo, “tes unha sorpresa de Tuchiño”, pero Loliña nos lles fixo moito caso e seguiu andando.

Despois de facer o percorrido chegou á tumba de Tuchiño. Cal foi a súa sorpresa cando atopou enriba de súa lápida unha nota que dicía "Estou en San Andrés de Teixido"

-Dende logo Tuchiño...Non sei como aínda tes corda para agantar tanta romaría!- dixo Loliña, mentres amañaba as flores que collera no seu xardín.

Pouco a pouco foron chegando ao cemiterio o resto de familiares que quedaron abraiados ao ver a nota.

-Mamá, papá é tremendo! Non cambia máis!. Sen dúbida, segue a sorprendernos ainda de morto!-exclamou a súa filla Eva.

-O teu pai é do que non hai!- retrousou Loliña, que coñecía moi ben a Tuchiño e sabía que esas cousas eran moi típicas del.

- Xa sabía eu que non ía quedar sen ir a San Andrés!- exclamou a tía Carme. -Xa o di o refrán: "A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo". Sempre lamentou non ir e agora quere que todos saibamos que cumpriu o seu desexo- engadiu Carme mentres comprobaba se todo estaba arranxado no panteón.

Despois de falar toda a tarde con moita xente, cando xa caía a noitiña, todos xuntos regresaron á aldea para celebrar, coma todos os anos, a cea de defuntos.

Unha vez na casa, as mulleres foron para a cociña onde coceron na cociña de ferro o bacallau con coliflor , tamén coceron castañas con anís, asaron as mazás que logo serviron nunha cunca de viño e puxeron a mesa decorada con bolboretas de defuntos (unha especie de vela con base de cortiza que poñían sobre aceite para que flotara e prendía toda a noite).

Mentres tanto, os homes agardaron no comedor falando e bebendo viño e caña de herbas da casa.

A cea foi moi divertida porque non paraban de rir pensando en Tuchiño e todos os seus trucos. Lembráronse tamén de todos os seres queridos que xa non estaban alí e contaron historias pasadas ata ven entrada a noite.

Despois da cea, como era costume, deixaron a mesa sen recoller para que as ánimas puidesen vir de noite a cear.

Deitáronse todos e á mañá seguinte non o podían crer. Quedaron abraiados cando atoparon na mesa unha nota de Tuchiño que dicía: "Moitas grazas pola cea, todo estaba moi bo".

Relato de Iago Tristán Aldao


Apagou o lume da fogueira ben tarde, deixou as candeas prendidas na xanela e un pouco pan de centeo cunha cunca de viño tinto enriba da mesa, por se el viñera. Foi na véspera do día 1 de novembro (día de Todos os Santos) e aínda así pola mañá ergueuse cedo. Despois de almorzar e botar o gando fora a pastar, Paca aproveitou para coller unhas cantas flores no eixido e facer un ramiño para levarlle o cemiterio.

Xa había máis dun ano que morrera o seu home, pero seguíao botando moito de menos. O Tucho era un labrego dos de antes, traballaba moito pero tamén era garuleiro e coma non tiveron fillos agora Paca estaba soa e tiña que facelo todo ela.

Recorreu o camiño ata o sepulcro nada máis abrir o día para non atopar moita xente, porque xa se sabe que nese día no cemiterio xuntábanse tantas visitas que aquilo xa parecía unha verbena. Deixoulle o ramo por riba daquela lápida, coa inscrición gravada que el mesmo mandara facer para cando xa non estivera: “ Estou no Santo André de Teixido”.

Pechou os ollos e tivo que rir para sí : “ Dende logo Tuchiño, non sei coma aínda tes corpo para tanta romaría”, pensou. Porque era así, traballar cando había que traballar pero despois non deixaba de ir ás festas todas a cantas puidera. Recordou cando foran por primeira vez, a Serra da Capelada, preto de Ferrol, na provincia da Coruña, a carón do mar. Onde se escoitaba o vento e as ondas bater contra as rochas, preto daqueles cantís. Cando beberon da “ Fonte dos tres cantos” e pediron os seus desexos.

Como dín: «A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo» Pero Tucho, sempre, sempre, ía repetir.

Relato de Mateo Alonso Novas


2º ESO B

Era a véspera de defuntos. A señora Carmucha ía visitar o cemiterio por primeira vez dende que morrera o seu querido Tucho.

Como xa fixera anteriormente cos seus pais, uns días antes do día de defuntos ían limpar o nicho, poñerlle flores e unha candea para recordar ao seu esposo que falecera recentemente atragoado cunha noz o día do seu aniversario. Tucho era un bo home, cariñoso pero algo testán. Gustáballe moito as romarías e alá ía con Carmucha a botar uns bailes, comer empanadas e comprar unhas roscas. Antes de morrer Tucho sempre lle dicía a Carmucha:

-Carmucha, hai unha romaría á que non podemos deixar de ir, Santo Andrés de Teixido. Xa sabes o que di o refrán “A Santo Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo”.

Carmucha, camiño do cemiterio, tiña isto moi presente, quería facer realidade o seu desexo pero a súa morte tan repentina truncou os seus plans. Alá ía ela co seu ramiño de flores, uns crisantemos brancos, que tanto lle gustaban ao seu Tucho.

O cemiterio estaba adobiado, preparado para o seu día  grande, pero o tempo non acompañaba, a chuvia caía como bágoas das persoas que botaban de menos a algún dos seus familiares máis queridos. A tumba de Tucho quedaba lonxe da porta e Carmucha mentres ía contemplando as tumbas de moitos dos seus coñecidos e familiares. Cal foi a súa sorpresa ao chegar á tumba do seu home. Nela había unha nota que dicía:

- “Estou no Santo Andrés de Teixido”, asinado Tucho.

Carmucha, non o podía crer! E rosmando, para que ninguén a puidese escoitar, dixo:

- Dende logo Tuchiño... Non sei como aínda tes corpo para aguantar tanta romaría!

Así foi como Carmucha soubo que Tucho cumprira a súa promesa de ir ao Santo André de Teixido. Foi de morto, xa que non foi de vivo!

 Relato de Mariña Otero Novas



Abro os ollos e noto que algo non está ben, síntome nun soño, sinto que “eu” non son “eu”. Nótome alongado, pegañento e escurridizo.

Estou morto, ou iso creo.

Non me queixo pois sería unha parvada, pensó que non ten sentido algún, é como queixarse por nacer, ninguén o elixe, iso está en mans doutro.

Co que non estou conforme é con que fixen de vivo, non pensedes q fixe nada do outro mundo, non gañei ningún prermio Nobel, non matéi a ninguén nin tampoco batín ningún recor mundial.

O neu problema foi non facer a viaxe máis importante da miña ”vida” ou “1º vida” ou “vida de vivo”, xa non sei como chamarlle.

Peregrinei á Catedral de Santiago de Compostela, a Covadonga e ata á Meca, curioso, non?

Pois, si todo é moi divertido ata que morres e daste de conta de que non fuches a Santo Andre de Teixido.

“A Santo Andre de Teixido vai de morto quen non foi de vivo” pois efectivamente, o que decía a niña nai era certo.

E… e… vai de bicho, iso explica estas novas sensación que están a percorrer o meu corpo.

Alongado, pegañento e escurridizo, son un verme, unha asquerosa e desdichada lombriga q ten que arrastrarse ata Cedeira.

Cando emprenderei o meu viaxe? Como vou saber o camino?

O camino ao máis alá, o camino, a viaxe, o camiñar e o camiñante, todo iso son trolas, non hai camiñar nin camiñante.

Decido que pensar non é o adecuado nesta situación e comenzó o principio deste fin. Despois dunhas horas arrastrándome doume conta de que so levo un par de metros, non vou acabar na vida, ja, ja, vida.

Un puff semellante a unha palmada de talco, uns según en negro e volvo a abrir os ollos. Novas sensaciónsinvadenme, todo pasa rápido e eu síntometan animado como nunca.

Observo a niña nariz e instantáneamente doume conta de que son un coello, alzo a vista e vexoa un gorrión masticar (masticarme).

Saltos, saltos e máis saltos, situaciones preto da norte, unas semanas e chegoa Agrochaíl. Terra de estensos e verdes montes.

Paro un día enteiro a descansar, e descubro que saltar cansa o doble que camiñar.

Por fín chego a Teixido, ao fín, acaba o largo camino, pero non sei que facer aquí, non sei que ten que pasar.

Eu pensaba que unha forza superior ia a absorverme maxicamente, pero non é así, posto que teño as zarpas pegadas ao chan.

Quero marchar, tantas semanas perdidas para chegar aquí, coa idea de ser feliz por completo, tantas horas en soidade, soñando co ceo, co xardín das maravillas. Agora xa non queda nada, un montón de pedras, mar e grandes cantidades de esperanza olvidadas.

E porfín, so porfín, entendo todo, entendo o mundo e a xente que o habita, e sobre todo, e máis importante, entendome a min mesmo.

Nada na vida é seguro excepto a morte. Se ti tes a oportunidade de xogar este xogo chamado vida, é moi importante q aprecies cada momento.

Moita xente non aprecia os seus momentos ata que pasan.

Relato de Ángela Barreiro Moldes

 

                                                        LEMBRANDO A  TUCHO

Lembro moi ben as cores do luscofusco daquela tarde na que saín pasear co meu home. Cando pasamos pola leira, comezamos a escoitar o que eu penso que era un paxaro de voz lúgubre mais non o podo afirmar, xa que non o puiden ver.

- É o paxaro da morte, ven avisarnos Mucha.

- Non digas parvadas home! Seguro que só é un paxaro grallando. 

Seguimos camiñando coma se non pasara nada.

Uns días despois, ao levantarme da cama pola mañá dinme conta de que Tucho estaba morto. Non o podía crer, sería verdade a historia do paxaro? Dende ese acontecemento comecei a pesquisar sobre a morte e demais significados. Dende entón pasaron dous anos.                                                                    

Hoxe, 1 de novembro, levanteime da cama e baixei á horta a apañar unhas flores e levarllas ata o cemiterio. De camiño alí comecei a pensar nel, pode que fose un langrán e un chapón, pero era o meu langrán e o meu chapón. Lémbrome del todos os días. Aínda que discutiamos acotío, queríao moito. Levábamos xuntos 50 anos.

O cemiterio estaba baleiro cando cheguei. Camiñei en silencio ata a súa lápida e deixelle as flores enriba da tomba, e cando levantei a vista… Non o podía crer! O festeiro de Tucho nin morto descansa. Non quere ver aos Satélites pero sí ir de romaría.

É verdade que nunca tiñamos ido á romaría de Santo Andrés de Teixido, e iso que Tucho sempre quixo ir alí. Achegueime á lápida, petei, e dixen o seu nome.

Xa que estaba neste mundo agora, non quería que se quedara vagando para sempre nel. Pola noite, meus fillos viñeron cear a casa, facía tempo que non estabamos os tres xuntos. Deixei unha cadeira para o meu marido e repartinlle a él tamén o bacallau e a coliflor. Esperaba que aínda lle quedaran forzas despois de tanta romaría. Xa era tarde, meus fillos fóronse e eu quedei soa na cociña. Botei auga nun vaso e quedei parada na porta mirando o prato de bacallau e coliflor e a cadeira na que Tuchiño debería estar.

Despois, mirei unha foto familiar de hai vinte anos, unha bágoa esvarou pola miña meixela ata chegar ao pescozo e apaguei a luz cun sonriso na cara. Sabía que aínda que no o vía, el estaba ao meu carón, coma sempre.

Relato de Valeria Osorio Gutiérrez


PROMESA CUMPRIDA

Tucho era un home que non cría en supostas parvadas de tradicións, relixión ou crenzas. A muller de Tucho enfermara de cancro e este, baixo as recomendacións da xente, ofreceuse a escoitar unha misiña aló no Santo Andrés de Teixido pola curación de Maruxa.

Pasou o tempo, dous anos, e ela sandou.

Pasaron os anos, e sete anos despois, Maruxa morreu por causas naturais. E, dende ese momento, Tucho comezou a enfermar: que se gripe, un catarro, un arrefriado... Nada, que non levantaba cabeza entre unha e outra. Os médicos dicíanlle que non era nada, pero el sabía que sí, que algo tiña que ser. Aquilo non era normal.

Unha noite, unha idea esquecida aloxouse na súa mente: “Será  San Andrés pola promesa ao Santo Andrés de Teixido?” Pensou. “Non. Que parvada!”

Tucho sentíase mal, coma se cargase unha mochila chea de pedras nas costas. E non sabía como quitalo de enriba. A idea da visita ao Santo André de Teixido bulía na súa cabeciña e, Tucho, seguía sen cumplila.

Unha noite, finou. Espertou nunha sá toda branca, e  puido escoitar unha voz doce que lle dixo: “Vai de morto quen non foi de vivo!” Nun pestanexo apareceu na súa casa, vivo, pero non era todo exactamente coma antes. Volvera, sí, pero coa forma de lagarto.

- “Ai, meu Deus, que son un lagarto!! Pois ir a Santo Andrés así non é pouca cousa” Pensou.

Púxose a andar, día tras día, sen parar ata chegar ao cabo do mundo.

Xa chegara á Serra da Capelada cando alcanzou a unha chea de humanos. Unha muller case o pisa e el berrou: “Ei, ti, non me pises”

Aquela muller baixouse e ollou para el coma se intentase descubrir quen era. Así que,  Tucho, comezou a falarlle tranquilamente e a contarlle a súa historia.

Aquela muller, Uxía, meteuno nun peto e baixouno ao chegar á igrexa de Santo Andrés.

Tucho ficoulle moi agradecido e agardou escondido no retablo maior onde escoitou a misa prometida. Así, ao rematar a misa coa beizón, Tucho, desapareceu.

Relato de Sabela Argibay Dopazo

mércores, 24 de maio de 2023

 ÉTICA E VERGONZA NA CARA


Nunha carreira, Abel Mutai estaba a só uns metros da líña de meta, cando se trabucou coa sinalización, pensando que xa completara a carreira. O español, Iván Fernandez, estaba xusto detrás de el e, ao ver a situación, comenzou a berrar para que o keniano estivese alerta, pero Mutai non entendeu o que dicía o seu colega. O español logo o empurrou cara á vitoria.
Un periodista preguntoulle a Iván: "Por que fixeches iso?"
Iván respondeu con outra pregunta: "- Que é iso?" Non entendo a pregunta...
"- Por que deixaches gañar a Kenia?"
"- Non o deixei gañar, ía gañar".
"- Pero poderías gañar ti!"
"- E cal sería o mérito da miña vitoria? Cal sería o honor desa medalla? Que pensaría miña nai diso?"
O honor, a ética e a vergonza na cara son principios transmitidos de xeración en xeración.
Non deixes que eses principios se perdan!
Todas las reacciones:
1

mércores, 2 de novembro de 2022

Agora que entra o outono... mirar e ver para comprender

 

...que ás veces se bota de menos a primavera...

luns, 30 de marzo de 2020

É feliz o que soñando morre, desgraciado o que morra sen soñar!


Outro conto e outro canto para a reflexión

JACK E A MORTE (conto inglés)

A nai de Jack estaba no seu leito de morte. O médico foi vela e marchouse dicindo que non había nada que facer. Namentres a súa nai loitaba entre a vida e a morte, Jack baixou a unha praia próxima a aliviar a súa tristeza camiñando pola area, dando patadas ás pedriñas, mirando o mar, tratando de non chorar.


De súpeto, unha silueta alta e delgada chegou camiñando pola praia e achegouse a el, vestida cunha capa negra e co rostro tapado baixo a carapucha. Ao chegar ao seu lado preguntoulle con voz alta e aguda. 
-“Sabes onde está a granxa Beanstalk,  mociño?”
A granxa Beanstalk era onde vivía Jack, e el de seguido adiviñou que esta figura sen rostro era a Morte en persoa que viña buscar a súa nai.
“Quen quere sabelo?”, preguntou Jack facendo tempo.
“A Morte”, dixo ela altiva.
“Bah!”, dixo Jack. "Bo chiste! De verdade quere que mo crea? É máis probable que sexa un vendedor de enciclopedias” 
-“Non son un vendedor de enciclopedias” saltou impaciente a Morte.”Son a Morte e teño moito traballo importante que facer. Xa vou con atraso así que, serías tan amable de dicirme onde está a Granxa Beanstalk para que poida seguir o meu camiño?”
“Oh, vamos!”, dixo Jack, “non esperará que me crea un conto chinés como ese. Cre que nacín onte? Non, aposto que está tramando algo malo.”
“Por amor de Deus”, dixo furiosa a Morte.”Eu son a Morte e necesito ir á granxa Beanstalk. Onde demo está?”
“Sigo sen crerlle”, dixo Jack. “Se quere que lle axude, terá que demostrarme que é realmente a Morte,”
A Morte respirou profundamente, – o seu médico previñéraa contra o estrés -,e logo dixo, con esaxerada cortesía: “De acordo, mozo. Que queres que faga para probalo?”
“Bo”, dixo Jack “se de verdade fose a Morte, podería cubrir o ceo enteiro.”
“Iso é doado”, dixo a Morte, e medrou e medrou ata encher o ceo enteiro, escurecéndoo todo como se fose de noite. “Ves?”, dixo fachendosa despois de encollerse de novo.
“Onde?”, dixo Jack. “Púxose todo escuro e non vin nada. Non, iso non me vale, terá que facer outra cousa. Mire, se fose de verdade a Morte poderia berrar tan forte que retumbasen os acantilados.”
A Morte berrou tan forte que caeron rochas dos acantilados e os peixes saltaron fóra da auga asustados. 
-“A iso chamalle berrar forte?”, riu Jack. “Miña nai murmura máis alto cando me conta un conto para durmir. Non, iso non vale. Ah, xa sei! Isto probarao!” Jack sacou unha botelliña do peto, desenroscou a tapa e dixo:
-“Se en verdade é a Morte poderá meterse doadamente nesta botella, porque a Morte pode entrar en calquera sitio, incluso cruzar portas pechadas.”


- “Doado”, dixo a Morte, e encolleu e encolleu, máis e máis, ata que saltou meténdose na botella. En canto estivo dentro, Jack púxolle rapidamente a tapa, enroscouna e pechouna. Agora tiña atrapada á Morte, e asubiando unha alegre canción, regresou á casa.
Cando chegou alí, atopouse a súa nai bailando pola cociña. 
-“Oh Jack”, dixo “Síntome moitísimo mellor! Sabes que? Vaite ao carniceiro a comprar touciño para o almorzo. Teño moita fame.”
E alá foise Jack á carnicería. Pero cando chegou, atopouse ao carniceiro sentado fóra, limpándose a fronte. 
-“Bos días”, dixo Jack, "Pode poñerme un pouco de touciño, por favor?”
- “Jack”, respondeu o carniceiro, “encantaríame venderche o touciño, pero hai un pequeno problema. Verás, levo intentando matar o porco toda a mañá pero, faga o que faga, simplemente non morre.”
- “Non importa”, dixo Jack, "Póñame entón un polo.”
- “Pásame o mesmo cos polos”, dixo o carniceiro. “tampouco consigo matalos.”
- “Curioso”, dixo Jack.
- “Toma, intentalo ti”, dixo o carniceiro dándolle o coitelo. Jack foise ao patio de atrás e apuñalou o porco, pero en canto sacou o coitelo, a ferida curouse. Entón foi e cortoulle a cabeza a un polo, pero esta volveu a pegarse ao pescozo dun chimpo.
- “Curioso”, pensou Jack, e volveu a casa da súa nai. “Hoxe é un deses días raros,”díxolle, “o carniceiro non consigue matar nada.”
- “Que cousa tan rara! dixo a súa nai. “Bo, non te preocupes, vaite á horta e cólleme unhas verduras. Farei unha sopa rica.”
Jack saíu á horta e tirou dunha cenoria, pero en canto saíu da terra ata a metade, unha forza misteriosa tirou dela cara adentro de novo. Así, deuse de conta de que fixera o que fixera non conseguiría sacar unha pataca, romper unha folla de repolo, coller un tomate, nin unha xudía. 
- “Curioso”, pensou Jack. Tratou de arrincar unha mazá dunha árbore, pero simplemente  se negaba a soltarse da rama, e tivo a mesma sorte coas cereixas.
- “Moi curioso”, pensou Jack mentres volvía a casa e dicíalle a súa nai que nada se deixaba coller.
- “Que cousa tan rara!", dixo a súa nai. “Bo non te preocupes, xa comeremos algo despois.”

Os días pasaban e nada morría. Jack, a súa nai e todos os demais tiñan cada vez máis fame. Non só iso, cada vez había máis de todo; máis moscas, máis pulgas, máis mosquitos.
Por fin a súa nai suspirou. 
- “Jack, non podemos seguir así, non ten ningunha graza. Eu non sei exactamente que ocorreu para que pasen cousas tan raras, pero non me estrañaría que ti tiveses algo que ver en todo isto. Dime, que fixeches?”
Jack sacou a botella do peto.
-  “Atopeime coa Morte que viña a por ti e atrapeina nesta botella.”
- “Jack”, dixo a súa nai, rodeándoo co brazo, “es un bo rapaz, pero vas ter que soltar á Morte.”
- “Si, seino, mamá”, dixo Jack en voz baixa. Bicou a súa nai e moi triste baixou cara á praia. Durante moito rato recorreu a praia de arriba abaixo, tratando de reunir o valor necesario para facer o que tiña que facer. Por fin sacou a botella, desenroscou a tapa e a Morte saíu dun salto.
Ao falar, a voz da Morte soou suave e amable. 
- “Quizais agora entendas, Jack, que eu non son inimiga da vida senón a súa amiga, pois sen min, non existiría. A vida e máis eu somos caras da mesma cousa e non podemos existir a unha sen a outra.”
- “Si”, dixo Jack, agora o entendo. A Granxa Beanstalk está xusto detrás desa duna de area.”
- “Grazas”, dixo a Morte.”Volverei a verte algún día.”
- “Seino” dixo Jack.

 A Morte desapareceu tras das dunas e Jack pasou moito rato sentado na praia mirando as ondas ir e vir. Logo volveu camiñando á casa, onde atopou a súa nai sentada na súa randeeira favorita, cun sorriso de serenidade na cara, morta.
---------------------------------------------------------------------------------


Despois do conto, un canto unha versión dun romance tradicional interpretado por Amancio Prada:





Finalmente, que relación cres que gardan este canto e este conto cos versos de Rosalía de Castro que din: É feliz o que soñando morre, desgraciado o que morra sen soñar!

luns, 23 de marzo de 2020

Un conto e un canto: Que é o que as mulleres desexan máis que nada?

Un conto e un canto para chegar a unha reflexión

Comezamos con este conto tirado dunha fermosa colección de contos de tradición oral do mundo reunidos por Tim Boyle: 

GALVÁN E A ESPANTOSA DAMA

Era unha mañá fresca e seca a principios do inverno e o rei Artur e os seus cabaleiros saíran de caza. Durante a cacería, Artur viuse separado  dos seus compañeiros e mentres estaba buscándoos atopouse cun cervo branco, que o mirou directamente ós ollos durante un momento e despois fuxiu cara o bosque.

Os cervos brancos son extremadamente raros e Artur sabía que sempre representaban o misterio, un portal cara a outros mundos, así que partiu en pos da misteriosa criatura, decidido a seguila a calquera aventura a que lle conducira. Penetraron cada vez máis profundamente no bosque, ata que o cervo virou para afrontarse a Artur, ao volverse, converteuse nun enorme cabaleiro completamente cuberto cunha armadura. Cun golpe do seu brazo vestido de aceiro derribou a Artur do seu cabalo e despois puxo o pé sobre o peito de Artur, desenvaiñou a espada e dixo:
-         “Artur, preparádevos a morrer!”.
-         “Non temo morrer”, dixo Artur, “pero vos deshonrades atacándome deste modo, porque vós estades completamente revestido de armadura e eu só levo a miña roupa de caza. Loitarei con vos se iso é o que desexades, pero deixádeme regresar ao meu castelo e poñerme a armadura, entón teremos unha pelexa xusta”.
-         “Perdoareivos cunha condición, Artur, que me prometades regresar aquí no prazo dun ano e un día coa resposta a esta pregunta. Que é o que as mulleres desexan máis que nada?... Se non conseguides traerme a resposta correcta,  cortareivos a cabeza. De acordo?”
-         “De acordo.”

Sen dicir unha palabra máis, o cabaleiro gruñiu e desapareceu no bosque. Artur cabalgou de regreso ao seu castelo, onde contou a súa aventura e a súa intención de pasar ese ano cabalgando polo reino, buscando a resposta á pregunta. Houbo un momento de silencio mentres a xente asimilaba a noticia, pero entón Sir Galván, un dos seus cabaleiros, deu un paso ao fronte e dixo:
- “Meu señor, deixádeme cabalgar con vós”.

Sen demora, Artur e Galván partiron na súa misión, e onde queira que ían preguntaban a xente que era o que as mulleres desexaban máis que nada.
- “¡Bo sexo!”, dicían algúns chiscando un ollo.
- “Diñeiro”, dicían os cínicos.
- “Roupas finas”, dicían outros.
- “E máis roupas finas”, xemían algúns dos maridos.
- “Un marido novo”, suspiraban algunhas das mulleres, con sentimento. 

Parecía que todos os preguntados tiñan algo diferente que dicir, e anotaron todas as respostas que recibiron nunha longa lista esperando que entre todas elas estivese a correcta.
Cando o ano chegaba ao seu fin, cabalgaron para reunirse co cabaleiro, tiñan o corazón tristeiro, porque no máis fondo do seu ser sabían que non tiñan a resposta correcta. Mentres cabalgaban polo bosque chegaron a un pequeno cruce de camiños e xunto a el estaba sentada a muller máis espantosa que  xamais viran. Tiña o pelo enmarañado con grandes greñas; a súa pel escamosa estaba cuberta de chagas supurantes; os seus ollos eran  pequenos puntos vermellos afundidos profundamente na cara; a súa boca era como un corte profundo que cruzaba a cara, e del saían uns cairos amarelos; tiña as mans coma poutas, e cheiraba tan mal que os cabalos espantáronse dela.
-         “A onde vos dirixides meus fermosos mozos?”, dixo sen alento, con voz estridente.
Artur refreou o seu cabalo.
-         “Ben, isto, señora, estamos nunha misión.”
-         “Ooooh, unha misión, eh?”, riu con satisfacción a bruxa. “Polo que escoitei, non tivestes moito éxito!”.
-         “Que queredes dicir? Recollemos moitas, moitas respostas”.
-         “Non me importa cantas respostas teñades”, cuspiu a bruxa, “Non vos servirán de moito se non tedes a correcta!”
O corazón de Artur latiu máis  apresa.
-         “Señora, se sabedes iso,  sabedes tamén a resposta á pregunta?”
-         “Ooooh, si, si que a sei.”
-         “Entón, polo amor de Deus, dicídenola e recompensareivos con tanto ouro como queirades.”
-         “Non é ouro o que desexo. Só vos direi a resposta se un dos vosos cabaleiros...,” detívose burlona, cos ollos brillantes saltando dun a outro, “promete casar comigo!”.
-         “Señora”, dixo Artur incómodo, “non quero ser groseiro, pero non podería pedir  a ningún dos meus cabaleiros que case con vós.”
-         “Ídevos pois! Perdede a cabeza! Pouco me importa!”

Artur estaba a punto  de continuar, pero Galván dixo:
- “Meu señor, esperade. Se esa dama nos dá a resposta á pregunta, entón eu mesmo casarei con ela”.
- “Por todos os santos Galván”, dixo Artur volvéndose cara a el, “pensade o que dicides!”
          - “Se nos dá a resposta”, repetiu Galván firmemente, “casarei con ela.”
- “Oooooh, ben -- gorgoxeou a bruxa,-- “gustádesme, Galván, sodes un fermoso mozo!”
E díxolles a resposta á pregunta, pero non a escribiron na lista, coa esperanza de que o cabaleiro estivera satisfeito cunha das respostas que xa tiñan, e por tanto que Galván non tivera que casar coa bruxa.

Cando chegaron ao lugar de reunión atoparon ao cabaleiro afiando unha gran machada mentres lles esperaba. Artur entregoulle a lista e el leuna. Cando leu a última resposta ruxiu:
-         “Artur, preparádevos a morrer!¡A  resposta non está aquí!.”

Galván deu un paso e dixo:
-         “Esperade! Temos unha resposta máis e esta: O que as mulleres desexan máis que nada é ter poder sobre as súas propias vidas.”

Unha expresión de furia anubrou a cara do cabaleiro.
-         “Esa é a resposta correcta!” gruñiu, e marchou internándose furioso no bosque.
-         “Díxenvolo", cacarexou a harpía. “Vamos Galván, vamos casar!”

Artur, Galván e a bruxa regresaron á corte. Todo o mundo encheuse de alegría ao ver aos dous cabaleiros despois da súa longa ausencia, pero tamén lles sorprendeu un pouco a estraña criatura que traían consigo. Cando a xente soubo que Galván se ía casar coa bruxa, un silencio descendeu sobre a corte e todos puxéronse de loito polo fatal destino do pobre home. Pero unha promesa é unha promesa, e Galván e a bruxa casaron.

Esa noite, tras o sombrío banquete de vodas, os recén casados foron aos seus apousentos. Moqueando e gruñindo coma un xabarín asmático, a harpía deslizouse na cama. Sen valor suficiente para achegarse a ela, Galván paseaba de aquí para alá recorrendo o dormitorio. Ao fin ela asomouse entre as colchas.
-         “Galvanciño”, resollou, coa saliva pingando da súa boca sen labios, “isto ha de ser un verdadeiro matrimonio. Vinde aquí e bicádeme.”

Galván respirou fondo, dirixiuse ao leito, pechou os ollos, inclinouse e bicou á bruxa.
-         “Ben”, dixo unha doce voz, non estivo tan mal, verdade?

Galván abriu os ollos e... na cama xacía a máis fermosa muller que vira xamais!.
-         “Con ese bico rachachedes o feitizo que pesaba sobre min, dixo. Ou ao menos a metade, porque só podo conservar esta forma a metade de cada día. Así que agora debedes elixir. Queredes que sexa bela durante o día e vos honre na corte ante os vosos amigos, pero fea pola noite cando esteamos sos vós e mais eu? ¿Ou queredes que sexa fea durante o día, pero fermosa pola noite cando esteamos xuntos e sos?”

Galván pensou un momento e despois dixo:
-         “Señora,  déixovos a elección a vós.

Ante isto ela sorriu e despois dixo:
-         “Ésa é a resposta correcta. Con ela rachaches a segunda parte do feitizo, e agora serei tan bela coma sempre, todo o tempo.

--------------------------------------------------------------------------------

Despois do conto, un canto da cantautora Sés:
Non son fada, nin princesa a quen mirar 

Finalmente, tras do conto e do canto, vén a reflexión, seguro que temos elementos suficientes de xuízo para responder a esta pregunta: Que cres que  é o que as mulleres desexan máis que nada?

domingo, 23 de xuño de 2019

Da edición de El Quijote ata as fotos de Rosalía

 Dúas marías son responsables de esta entrada. Un fermoso exercicio de recuperación da memoria cultural do noso  estase a dar cando estudos que, a día de hoxe, nos descobren que foi unha muller a que editou El Quijote de Miguel de Cervantes ou que tamén está a man doutra muller nas fotos que conservamos de Rosalía de Castro.



Soubemos que María, a muller de Juan de la Cuesta ao morrer este fíxose cargo da editorial na que Miguel de Cervantes recalaría para comezar coa edición de "El Quijote". Un estudo recente revela que en Madrid  no 1599, María Rodríguez de Rivalde, viúva dos impresores Juan Íñiguez de Lequerica e Pedro Madrigal, emprega a Juan de la Cuesta, asociándose en novembre dese ano á cofradía dos Impresores de Madrid. A principios de 1604 quedou a cargo da imprenta de Madrigal, con cuxa filla, María de Quiñones, casara. Disque este home estaba xa fúa cando Cervantes achegou á imprenta a súa obra máis famosa, foi editada por esta muller baixo o nome do seu esposo quen legalmente era o dono do negocio. Un dos selos ou escudos de Madrigal, que Cuesta seguirá utilizando na portada dos seus libros representa a  un falcón e un león durmido cunha lenda «Post tenebras spero lucem» é dicir decir, Espero a luz logo da escuridade (Xob, XVII 12).

Pasando o tempo e xa ec Compostela, a primeira e a derradeira foto que conservamos de Rosalía de Castro foron feitas por unha muller, María Cardarelly


luns, 14 de xaneiro de 2019

Dúas visitas recomendadas




Na Compostela do Camiño hai dúas exposicións complementarias sobre a obra dun dos grandes personaxes da cultura galega do XX: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A visita a ambas resulta unha experiencia recomendable. Unha está ubicada ao pé do Museo do Pobo Galego, na igrexa de San Domingos ou Panteón de Galegos Ilustres. Atoparemos ata o mes de marzo alí a Exposición que celebra os 70 anos Alba de Gloria. a publicación do texto do rianxeiro universal.



Noutro lugar de Compostela, na Cidade da Cultura, podemos visitar a outra exposición: Caslelao maxistral que xira arredor da obra pictórica titulada A derradeira leición do mestre.

                       Resultado de imagen de a derradeira leición do mestre

luns, 15 de outubro de 2018

Estamos preparando a terra para a sementeira


Estamos preparando a terra para sementar palabras como se fosen patacas. Por que non? As palabras son o noso alimento, tan necesario como o pan de cada día. Máis saborosas son as palabras que o polbo á feira e debémolas consumir a diario como tam´ne a diario tomamos o almorzo. A que saberá un bocadillo de palabras no recreo dun día de vento e choiva coma hoxe? Ti dirás, meu!

luns, 23 de abril de 2018

Ecos dun libro para o Día do Libro


Frankeistein ou o moderno Prometeo, é unha obra coñecida universalmente polo poder desta imaxe que acompaña esta entrada. Pero debemos saber que o nome da autora, si da súa autora, por ser muller colocouse na súa primeira edición en letra ben pequena, cando o habitual daquela era colocar en letras ben grandes os nomes dos autores, que habitualmente eran homes aló a comezos do século XIX.


 E así fomos sabendo que Mary Shelley era realmente Mary Godwin de solteira e que detrás do seu nome había unha curiosa historia digna de novela. Se cadra iso de que a realidade supera a ficción vai ser certo. Hoxe lembramos a esta autora no Día do Libro, sabendo valorar a importancia dunha muller que soubo poñerse de pé.

"Ignoramos a nosa verdadeira estatura ata que nos poñemos de pé" 
Esta cita de Emily Dickinson é unha fermosa fórmula para ver máis aló das páxinas dun libro calquera. Boas lecturas lectores e lectoras do San Narciso!!!