PREMIADOS DO CONCURSO DE AULAS DE GALEGO: TEMPO DE DEFUNTOS
A partir dunha viñeta de Davila crear unha historia.
Hermenexilda non moi nova era.
mais o seu marido xa morrera.
No cemiterio o tempo libre pasaba
botando de menos o seu Tuchiño
quen a Santo André de Teixido
unha mágoa, el non a acompañara.
O cemiterio era un refrixerador,
ateigado de friames e moita dor.
Alí Hermenexilda choraba e ría
lembrando o festeiro que Tuchiño saíra.
Un día cando ao camposanto chegou
unha nota de Tucho na lápida atopou
na que dicía: "No Santo André estou".
E ela coma unha pánfila alí quedou.
Axiña Hermenexilda reaccionou :
- "En que estaría eu pensando
cando non me acompañou?"
Hermenexilda a Santo André decide partir
porque Tuchiño só non podía ir.
Cando chega á romaría xa comezou
na fonte dos tres canos bebeu e o pan botou
e a herba e as figuras do santo foi comprar
para a Tucho lembrar e que poida descansar.
Texto CARLOS SANMARTÍN 2º ESO B
Era o día 1 d envembro e a Xoana dirixiuse ao camposanto coma todos os anos por estas datas para levarlle unhas flores ao finado o seu marido, o Olloparvo.
Cando chegou alá atopouse con algo inesperado. O Olloparvo non estaba na tumba, fórase de troula como acostumaba facer cando vivía. Gustábanlle moito as romarías porque alí sempre atopaba boas mozas e naquel camposanto só había esqueletos de vellas do seu pobo que non pagaba a pena nin cando estaban vivas.
Como o Olloparvo non fora de vivo a Santo André de Teixido, de morto sabía que o Santo podería concederlle algún dos seus desexos. Logo alí había que ir. Deixoulle unha nota a Xoana e liscou. Mentres a Xoana diante da tumba berráballe por non estar xunta a ela naquel día especial, pensando para ela seguro que o Olloparvo non colleu a pedra para depositar a carón da ermida.
O Olloparvo chegou cedo e o primeiriño que fixo foi beber auga da fonte dos tres canos para pedir un desexo. Despois de beber un grolo e como manda a tradición botou no regueiro un anaco de pan de millo e para a súa sorpresa flotaba nela, Que sorte!, pensou, Este ano Santo Andresiño vaime conceder un desexo que nunca antes en vida conseguira. Un ano de troula na miña vida, de troula e coa moza máis guapa do camposanto. Lograrei que se namore de min aínda que este vello esqueleto non me acompañe. E así foi. De regreso ao camposanto o esqueleto fresquiño dunha mociña moi ben feita estaba a carón da súa tumba.
Miráronse aos ollos e namoráronse dun frechazo. A moza non reparou non seus vellos ósos. Os dous pasaron o ano a bailar ata que chegou o 30 de novembro do seguinte, día da romaría a Santo André de Teixido. Esta vez quen foi pedir un desexo ao Santo foi a mociña. E o Santo concedeullo: Bailarás co esqueleto do mozo máis espelido do cemiterio todo o ano. O desexo cumpriuse e o Olloparvo nunca máis voltou a Santo André de Teixido.
Texto de JOAQUÍN PARADA 2º ESO B
TUCHO, TUCHIÑO
Chámome Tucho, Tuchiño para os amigos. Véñovos contar a miña tráxica historia... Eu era un rapaz humilde de Cambados, un municipio situado na comarca do Salnés, o centro das Rías Baizas na provincia d ePontevedra. Nunca me metía en leas nin nada diso, gustábame ser amable e facer sentir ben á xente. Tiven unha vida moi normal e boa, pero houbo un detalle que sempre se me pasaba.
Miña nai sempre me dicía que ao menos unha vez na vida tiña que facer a peregrinación a Santo André de Teixido, ao que eu respondía seguido: - Miña nai, xa o farei! Está moi lonxe, non se pode ir camiñando."
Sabía que o ía facer porque era o meu propósito, pero ficaba sempre como segunda opción e ao final nunca o facía. Cando xa ía maior propúxenme facelo unha vez, a morte non me deixou cumpriri este desexo e agora que estou morto e son unha lagartixa vouno facer... agora vaime custar máis!
O meu consello é claro, que fagades a peregrinación e non o deixedes como segunda opción, que logo vos pode pasar coma min e se vos fai tarde.
Texto de SIRA RODRÍGUEZ PEÑAS 2º ESO A
UNHA HISTORIA DO TEMPO DE DEFUNTOS
Fai tres anos qu emorreu o meu avó Tuchiño. A verdade é que a casa sen el está máis baleira. Aínda recordo cando paseaba pola casa co bastón e me acariñaba a meixela coa súa man de algodón. Conta miña avoa que xusto o ano en que faleceu, unha noite saíu da casa co seu can Bernal. O can, aquel día ladrara moito e tamén o acompañaron aulidos de raposos ou de lobos...auu! auuuuu!
Era unha noite fría coma o xeo, cuberta dunha brétema que pouco a pouco se ía movendo e, rodeado dela, camiñabas no descoñecido. Tuchiño e Bernal chegaron ata un cruce de camiños onde escoitaron soar as campás coma de ánimas de aceiro. De súpeto, un home tan malvado coma a mesma morte entregoulle ao meu avó unha cruz, estaba acompañado dun grupo de persoas encarapuchadas e vestidas de negro.ïan en fila cantando baixiño.
Ao día seguinte, Bernal apareceu morto, tan ríxido coma un pau. Na casa, escoitábase polas noites soar as campás do pobo, sen que ninguén as tocase e tamén me espertaban os cantos da curuxa UH...UUUH e os auveos dalgún can .... Era unha mañá de néboa densa coma o fume, Tuchiño morrera. A miña avoa Manola entrou na habitación para levarlle o almorzo, pero Tuchiño, tan pálido coma neve, xa non respondía. Miña avoa choraba a mares. Decateime de que a morte chamara á nosa porta.
Todos os anos o día 1 de novembro, imos ao cemiterio para levarlle ofrendas e flores a Tuchiño e aos nosos seres queridos xa defuntos. Miña avoa Manola, chega á tumba de Tuchiño, sl´s en Santo André de Teixido e fala por sete, cóntalle todo o que acontecera na familia e pídelle consello.
O día de Defuntos comemos en familia castañas asadas e ósos doces. Lembramos aos noos seres queridos que están mortos. Tamén nos gusta en Galicia contar historias de medo, tan escuras como a propia morte. Esa é a nosa tradición.
Texto de Alberto Vilán de 2º ESO A
Nunha noite chuviosa en Galicia unha señora chamada Luisa foi ao cemiterio visitar ( como case todas as noites) ao seu marido Tucho. Tucho era unha persoa moi activa e sempre tiña que estar facendo algo, non podía estar sentado nunha cadeira sen facer nada. Tam´ne amaba moito Galicia e era un afeccionado ás lendas. Cría claro está tam´ne na lenda de Santo André de Teixido ao que vai de morto quen non foi de vivo. Tucho sempre quixo ir en vida e dicía que se non o facía que na súa lápida se puxése: Estou no Santo André. A Luisa causáballe graza iso e prometeulle que ía poñerllo . Pero co paso dos anos a economia da casa non estaba tan ben como para realizar gastos extra e cando Tucho morreu Luisa non podía mandar facer a lápida coa frase porque non lle daba o diñeiro, pero como o prometido é o prometido, colleu un papel coa frase á espera de mellores tempos.
Luisa cada vez que vai visitar a Tucho ao cemiterio cáenlle as bágoas ata que repara no letreiro coa frse que sempre a fixo sorrir.
- Dende logo Tuchiño non sei como aínda tes corpo para agantar tanta romaría !
Texto de CARLOTA PÉREZ de 2º ESO A
Ningún comentario:
Publicar un comentario