Cartel da Mostra: Judith Diéguez García, do Ues Johan Carballeira de Bueu premiado no Concurso de Carteis. |
Martes 23 de abril
10.15 Inauguración da Mostra coa
actuación especial do Ballet de Galicia. Saúdo
de Paula Carballeira, Premio Nacional
de Literatura Dramática 2024. 11.15 AULA DE TEATRO SEI SAN NARCISO (MARÍN): AS MULLERES DETRÁS DE PICASSO, NIN MUSAS, NIN SUBMISAS. Versión dramática a partir do texto homónimo de Eugenia Tenenbaum. FRANÇOISE GILOT: Rocío López GERMAINE/DORA MAAR: Ainhoa del Río FERNANDE OLIVIER: Claudia Méndez EVA GOUEL, Mme RENAULD: Carmen Estévez XERTRUDE E SILVETTE DAVID: Emma Freire OLGA KHOKHLOVA: Cristina
Boullosa MARIÉ THÉRESSE: Uxía Novegil GENIEVE LAPORT: Victoria Gil JACQUELINE: Antía Argibay Dopazo PICASSOS, MINOTAUROS E OUTROS HOMES: Diego González, Iago Otero, Quercus Troitiño, Álex Díaz, David Fuentes e Óscar Mathieu, Mulu Nieto. PAULO PICASSO: Hugo García Muñiz. MÚSICA EN VIVO: Ainhoa del Río, Antía Argibay. TEMAS MUSICAIS: Guadi Galego, Abraham Cupeiro e As Fillas de Cassadra LUZ E SON: Hugo Rosales e Breixo Pazos. ESCENOGRAFíA:
Teresa González e Darío Suárez. DIRECCIÓN: Héctor Silveiro. Sinopse: Obra
dramatizada pola Aula de Teatro Sei San Narciso a partir do texto homónimo de
Eugenia Tenenbaum. É unha reflexión que reivindica liberarse da sombra na que
aínda están non só as mulleres que conviviron co artista, senón tamén miles de
milleiros de mulleres silenciadas que loitaron, e loitan, contra unha historia
cargada de silencios e discriminación. Unha homenaxe ás mulleres que non
calaron, que coñeceremos pola boca das que viviron canda ao pintor. 12,15 COLOQUIO SOBRE A OBRA CON EUGENIA TENENBAUM. Charla de actrices e o
público coa autora do texto orixinal da obra representada. EUGENIA TENENBAUM: (Santiago de Compostela, 1996) Galega afincada en Madrid. É unha historiadora da arte, comunicadora cultural, autora e activista feminista e LGBT+. Tenenbaum tomou o seu pseudónimo da película The Royal Tenenbaums de Wes Anderson.
Comezou o seu traballo como publicista en redes sociais e, en 2022, publicou o seu
primeiro libro La mirada inquieta, no
que introduce a perspectiva de xénero no mundo da arte ao longo da historia.
No seu traballo como publicista tamén trata temas como a literatura, o
feminismo, o lesbianismo,... É unha das divulgadoras de arte máis seguidas nas
redes en castelán. Mércores 24
abril 10,15. COMEDIANTES ANÓNIMOS DO IES JOHAN CARBALLEIRA (BUEU): PLAN DE RESCATE Versión e dramaturxia de Fran Paredes a partir do relato literario de
ANTÍA YÁÑEZ ELENCO: Valeria García, Asier Belaustegui, Andrés
Belaustegui, Mateo Barcia, Nicolás Gago e David Cao. Colaboración especial de Antía Yáñez VÍDEO: Miguel Mosqueira ESPAZO LUMÍNICO E SONORO: Santiago Dopazo PRODUCIÓN: Asun Sóñora e Félix Boullosa DIRECCIÓN: Rosa Domínguez e Fran Paredes Sinopse: Xeila,
Héitor, Aldán e Noel están traballando na aula de apoio do seu instituto co
profe David cando algo raro acontece… Ninguén vai crer nada da historia que virá
deseguido, porque nela, á parte de moitísimas palabras malsoantes, hai un
secuestro, escopetas, policía e un plan de rescate, pero tamén hai amizade,
compañeirismo e traballo en equipo de cinco heroes cunhas capacidades
extraordinarias…
PÚBLICO: A partir de 5º de Primaria 12.15 GRUPO DE TEATRO IES AS BARXAS (MOAÑA): CRÓNICAS DE DÍAS ENTEIROS E NOITES ENTEIRAS Elenco: África Piñeiro, Alicia Rivas, Noelia Otero Irene Martínez, Eva Justel, Pedro Seijo, Aldara González, Laura López, Valeria Pazos, Claudia Fervenza, María Isabel Silva Sinopse:
Persoas descoñecidas que se atopan nun mesmo espazo
onde poder narrar e confesar anacos da súa vida. Cada unha ten o seu propio
final, non dependen os uns dos outros. Como fragmentos de fotografías polaroid,
estas almas amósanos as súas realidades.
Xoves 25
abril 10.15 h. OBRADOIRO DE TEATRO MARÍA SOLIÑO (CANGAS): SUPER DAVID E COMPAÑÍA, de Miguel Sandín.
ELENCO: Xoel Nogueira Hermelo, Leire Portela Otero, Tomás Paredes Santomé, Saúl
Paredes Santomé, Leyre Parcero Vázquez, Alma del Río Rodas e Roque Fernández Estévez. Dirixe, Xoán C. Riobó
Sinopse: Logrará o Megatrío liberarse dos raios policatódicos e viaxar polo
buraco espazo-temporal? Gañará o Home Eléctrico a partida de parchís?
A súper-ruín B.B, Bruxa de Brancaneves conseguirá secuestrar ao mellor
cirurxián plástico para que lle faga a cirurxía estética e poder ser a modelo
máis cotizada do mundo? Todo isto e moito máis nesta divertida ficción que se
desenvolve entre humanos, superheroes e personaxes dos contos.
Destinada para toda a ESO 12.15 GRUPO: TEATRO SOLIÑOS DO IES MARIA SOLIÑO (CANGAS): TEATRO PARA NEÓFITOS de Pedro Pablo Riobó Sanluis ELENCO: Yanira González, Ainara González, Andrea
Guimeráns , Mauro Nogueira, Adrián Otero,
María Rosales, Carla Santorio, Martín
Silva
Sinopse: Teatro para neófitos é o teatro falando do teatro. Da man dunha guía experta, a obra guía ao espectador neófito a través dos principais xéneros do teatro utilizando a Shakespeare como fío conductor con particulares versións do seu clásico Romeo e Xulieta. |
Venres
26 de abril
10.15 GRUPO DE TEATRO COLEXIO EDUARDO
PONDAL (CANGAS): A NOVA EVA
Elenco:
Alexia Vizoso, Ángela Del Rio, Antía
Vaqueiro
Antón Oliveira, Bruno Soliño, Haidy Barreda
Irene Pérez, Isaac Rodas, Jorge Varela
Lucas Garcia Maria Martinez, Marta Costas
Nicolas Riobó, Uxia Chantada
Técnicos: Ivan
Pena, Mateo Rosales
Colaboracións: Alejandro Torresquesana
Sabela Brión
Guiomar López
Sinopse:
Ano 2074 a Xunta de Galicia crea a Consellaría de
Saúde Mental, nada e o que parece.
12.15 CLAUSURA DA MOSTRA
Co grupo invitado: TEATRO ABERTO que representará
A TRENZA DOS FEITOS AMARGOS.
A partir do libro
“Lola, filla de Cangas”, de Asun Bernárdez,
autora tamén do texto.
ELENCO:
Marina Fandiño
Xabier Fernández
Pilar Ferrari
Araceli Gato
Antón Lamapereira
Francisco Lariño
Pilar Malvido
Cristina Rial
Fina Rodríguez
Concha Vizcaya
Serafín Villar
Sinopse: Tempo histórico que abarca desde a Segunda República ata a Guerra
Civil. Conta como se desenvolveron os acontecementos máis relevantes e tamén os
máis violentos no pobo de Cangas e arredores.
Quédanme moitas cousas que contarvos, pero non quero aflixirvos máis o corazón. Os anos foron pasando dende aqueles tempos de penuria. Os asasinatos foron minguando, mentres os mortos en vida seguiron crecendo durante corenta anos. Case cincuenta homes foron asasinados en Cangas.
Raparon mulleres, negáronlle o traballo a
moitas xente, como a meu pai... fixeron o que quixeron.
Mais despois de tantos anos, estou
contenta, porque por fin podo subir ao faiado e sacar fóra todos eses nomes
escondidos. Puiden sacudir o medo ás palabras, e espallalas ao vento. Que
escoite quen queira escoitar. Non quero deixarvos unha testemuña amarga de
inxustizas, senón a dunha xente que pensaba que podemos entre todos facer que a
vida sexa mellor.
Dirixida especialmente a bacharelato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario