OS SETE NOMES DA TERRA
Nesta segunda parte imos percorrer a Historia de Galicia para atopar nela as distintas formas coas se lle chamou ao longo dos tempos.Partimos do nome propio, o topónimo de GALICIA (GALLAECIA) que nos leva directamente ás raíces da lingua pois se trata dunha palabra de orixe céltica. Na prehistoria Galicia tivo outros nomes posiblemente e investigaremos sobre o tema.
Falaremos a seguir das distintas fórmulas administrativas polas que pasou a nosa terra e que teñen distintos nomes. A primeira sería a PROVINCIA ROMANA coa que entramos na historia tras da conquista dos fillos da loba deste territorio. Pasaremos logo a unha nova denominación, a do REGNUM GALLAECIAE ou REINO DE GALICIA que vai ir evolucionando e dando lugar a distintas etapas nas que iremos deténdonos para comprender a súa complexidade un pouco mellor. A creacción do Reino na época sueva, as idas e voltas da etapa do esplendor medieval co galego-portugués como protagonista, a fragmentación de Portugal e mesmo a decadencia que nos leva aos Séculos Escuros deste antigo reino.
Abordaremos despois o nacemento dunha nova etapa, a etapa contemporánea co debate do PROVINCIALISMO do XIX e as súas consecuencias: o primeiro galeguismo. Intstitucións e símbolos que emerxen nesta
época (Academia, Bandeira e Himno) Movementos que van desembocar a comezos do Século XX no nacionalismo e o 1º Estatuto de Galicia no que se define como NAZÓN proceso que se veu truncado polo golpe de Estado de Franco, a Guerra Civil e a Ditadura, "unha longa noite de pedra".
Finalmente trataremos da volta da democracia e como se inaugura co 2º Estatuto que define a Galicia como unha COMUNIDADE AUTÓNOMA ou nacionalidade histórica. Para concluír falando do proceso de normalización que vivimos e o concepto de PAÍS.
1- ANTES DO GALEGO: GALLAECIA
• Etimoloxía da palabra: KALLAIKÍA/ CALLAICIA/ e os seus ahitantes CALLAICOS…
• Aínda que lle debemos aos romanos
entrar na historia co nome de Gallaecia, a verdade é que este nome procede dun
topónimo céltico, anterior á conquista de Roma deste territorio.
A
suma de Kal- Cal- “lugar terra
elevado” e o sufixo: aic- eic: sufixo -ego, -ega topónimo local´….
• Significado Kalaikía : “Terra de montañas”.
Para os primeiros investigadores da nosa
historia, Murguía ou Benito Vicetto, os celtas serían os poboadores dos
castros, nese afán diferencialista que lle querían conferir a Galicia estes
historiadores galeguistas. Logo virán interpretacións máis rigorosas, que falan
dunha cultura de diversas compoñentes, pero o "celtismo" será unha constante no debate sobre o mundo
castrexo ao que non se lle pode negar como mínimo unha importante influencia da
chamada civilización celta.
OUTROS POSIBLES NOMES NA PREHISTORIA
Textos antigos, como por exemplo, AVIENO, na
súa Ora Marítima deixaron constancia
doutros nomes posibles dados na prehistoria á nosa terra:
OFIUSA,
terra dos Oestrimnios, mesmo OESTRIMNIA
"Ofiusa proxéctase tanto
cara adiante coas súas costas como oes dicir que a illa de Pélope se estende no
territorio grego. Foi chamada, ao principio, Oestrimnis, porque os
oestrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de
serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu
nome."
Precisamente
esas “serpes”, serían identificadas cunha das primeiras invasións deste territorio
por parte dos Saefes que algúns identifican cos celtas.
"Os cempsos e os saefes ocupan
os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o
rápido luso e a prole dos draganos, cara o septentrión de abundantes neves...
erguéndose altivo como último bastión da rica Europa, cando ésta se precipita
nas ondas do Océano poboado de monstros."
Isto lévanos cara a mitoloxía froito doutra visión das cousas, na boca anónima forxada
ao longo do tempo pola cultura popular. Galicia é denominada na tradición oral: A Mourindade: Os habitantes dos castros para os nosos labregos foron sempre "os
mouros e as mouras" encantos que viven debaixo dos castros ao ser
derrotados por Carlomagno e non se deixan ver facilmente.
• O mito é un relato cargado de
elementos irracionais, pero com certa conexións cos feitos históricos.
AS LINGUAS
DESTA TERRA DOS CASTROS. ANTES DO LATÍN
A Arqueoloxía fala duns
5000 castros documentados moitos pendentes de estudo. A Filoloxía: da diversidade
lingüística preindoeuropea e indoeuropea con forte presenza céltica.
• O concepto das Linguas Substrato ou Raíz da nosa cultura parte da cultura castrexa.
Substrato preindoeuropeo: século IX a. C.-
VI a.C.: Son palabras que non se
escribían de orixe caucásica como o Eusquera e euroafricana e unha terceira
orixe incerta.
amorodo, barro, carballo, carqueixa, esquerda, queiroga, veiga
Este substrato deixa tamén un bo número de
palabras entre elas:
berce, billa, camiño, camisa, cántiga, lama, lameira, laxe, lousa, Sar, seara
Detectamos tamén algún sufixo na toponimia de
orixe céltica:
-briga
/ -obre: Alobre, Xiabre, O Grove...
Ademais de
palabras este substrato vai influír na fonética e de como se vai asentar dun
xeito distinto o latín na nosa terra. Influencias fonéticas:
- paso de CT a IT nocte : noite
- perda do -n- e -l-
lunam , lúa / mola, moa
- sonorización de consoantes: apícula:
abella/ vota voda, metu: medo.
2- A CHEGADA DO LATÍN: PROVINCIA ROMANA DA
GALLAECIA
A terra que toda lingua precisa para botar raíces
antes de nacer sería Gallaecia, a semente trouxérona os romanos; O Latín. Unha
conquista que trouxo consecuencias lingüísticas: A LATINIZACIÓN. A entrada do
latín remata coa diversidade lingüística do noroeste peninsular.
Invitamos aos nosos alumnos a coñecer en detalle os relatos do primeiro contacto que Roma tivo cos habitantes da Gallaecia, o comezo da conquista e o final da mesma. Procurar información sobre dous relatos: O do Río do Esquecemento e o suceso do Mons Medulius.
3- REGNUM
GALLAECIAE: O 1º REINO MEDIEVAL DE EUROPA
O reino
Suevo 1º
Reino medieval de Europa que se independiza
de Roma. Viñeron para colaborar como aliados co Imperio, pero mercaron este
territorio aos romanos e conformaron o primeiro dos reinos europeos dando
comezo a unha nova etapa na historia de Occidente.
O reino Suevo mantivo o
nome de Gallaecia e asumiron o latín
como lingua.
Superestrato xérmánico (Suevos e Godos): Aínda que falaron o latín da zona, tamén deixaron a
súa pegada no léxico:
adobar, albergar, desmaiar, frecha, guerra, orgullo, rico, roupa, xardín
Antroponimia: Afonso, Alberte, Álvaro, Elvira, Frenando,
Gonzalo, Guillerme, Ramiro, Ramón,
Roberto…
Toponimia:
- - Rematados en
–riz: Mondariz, Allariz, Guitiriz, Sabaris, Rairiz…
- Rematados en
–il: Amil, Castromil, Estromil, Samil…
-
Rematados en
–munde/i: Taramundi, Vaamonde…
-
Rematados en
–ar: Baltar, Gondar, Tosar
-
Nomes dos
poboadores: Suevos, Godos, A Gudiña…
Superestarto árabe: Existe outro superestrato de escasa pegada. Case todas esta palabras chegaron a nós a través do castelán, logo con posterioridade ao nacemento do galego:
acibeche, adobe, alcalde, alcatrán, alcázar. alcohol. algarabia, algodón, álxebra, arrebato, azucena, cenoria, cifra, laranxa, regueifa, xarope
A EVOLUCIÓN DO REINO: NACE O GALEGO-PORTUGUÉS
Unha das primeiras consecuencias do asentamento neste territorio dun reino independente foi precisamente a consolidación dunha lingua romance propia: o galego-portugués car ao século IX. Temos que dicir que a súa condición de terra máis occidental de Europa, a antiga Finisterrae, vaille conferir unha cualidades estratéxicas que xa explotara durante a etapa anterior ao medievo e mesmo na prehistoria, falamos do seu carácter de ponte entre a cultura atlántica e a mediterránea. Pero non será ata este momento no que se desenvolva unha nova dimensión a través do Camiño de Santiago como consecuencia da importancia e intereses que distintos reinos francos e centroeuropeos poñen neste itinerario de carácter relixioso tras da descuberta do denominado Sepulcro Xacobeo. Tratábase de manter limpo da influencia musulmá os reinos cristiáns do noroeste peninsular, que proporcionaban unha seguridade á vez de que o poder dos árabes non pasaría ao outro lado dos Pirineos.
A tradicion oral en galego portugués tardará aínda douscentos anos en ser literatura escrita, algo qu eocorre grazas ao Camiño e aos trabadores doutras terras que comezaron imitando o que aquí por vez primeira escoitaron.
No referente ao reino vai haber momentos nos que se manterá independente (co Rei García), outros nos que se integre ao de Astur-leonés e /ou se integre no de Castela.
A FRAGMENTACIÖN E NACEMENTO DO REINO DE PORTUGAL 1121
• Un exemplo da complexidade do momento vémolo no 1100 as fillas de distinta nai de Afonso VI:
A infanta Urraca, logo raíña de Galicia, León e Castela que casou con Raimundo de Borgoña e tivo a Afonso VII, o emperador. Levábase mal coa súa medio-irmá Tareixa (Condesa de Portugal) casada co irmán de Raimundo, Henrique de Borgoña e nai do primeiro rei portugués Afonso Henríques.
As desputas entre nobres de Compostela e Braga provocan neste intre provocan unha fragmentación do Reino de Galicia medieval ao norte e sur do Miño. O condado de Porto será logo Reino de Portugal. Dous reinos co mesmo idioma.
CRISE DO REINO FROITO DAS DESPUTAS MONÄRQUICAS DE CASTEL
Pedro I en 1354 sufriu unha revolta iniciada polo seu medio irmán, Henrique II de Trastámara loitou polo coroa coa axuda dos nobres galegos, pero a coroa foi para esteComeza así aunha debilidade da nobreza galega que contribuirá á decadencia do reino de Galicia.
Pouco despois as Revoltas Irmandiñas reclamaban un Reino
Independente de labregos e artesáns ante os abusos da alta nobreza: O Conde de
Lemos, Os Andrade, Os Soutomaior, etc…
Foron os Reis de Castela
e Portugal os que interviñeron para acabar coa revolta popular re colocando á nobreza lata de novo nas seus castelos.
As Revoltas Irmandiñas
reclamaban un Reino Independente de labregos e artesáns ante os abusos da alta
nobreza: O Conde de Lemos, Os Andrade, Os Soutomaior, etc…
Foron os Reis de Castela e Portugal os que interviñeron para acabar coa revolta popular
En 1480 unha loita dinástica na corte de Castela
tradúcese nunha “doma e castración do Reino de Galicia”. Foi debido a que a nobreza
galega apoia de novo ao bando perdedor, a Xoana
“a Beltranexa” fronte a Isabel a Católica.
Nos seguintes dous
séculos só o 10% dos bispos e o 2% dos funcionarios da Real Audiencia da Coruña
van ser galegos de nación. Aséntase pois a Decadencia definitiva do Reino e a
desaparición progresivamente da escrita en galego, o que coñecemos como Séculos
Escuros.
A LUZ DA ILUSTRACIÓN: FINAL DOS SÉCULOS ESCUROS
Trescentos anos pasaron ata que un humilde frade galego, Martín Sarmiento, nunha cela madrileña inicia o cambio de rumbo cara á literatura contemporánea. Considerado o Pai das Letras Galegas ao iniciar os estudos de filoloxía galega, ademais de escribir unha obra Coloquio en 1200 coplas galegas.
4- O PROVINCIALISMO GALEGO DO XIX
As batallas en toda a península contra os exércitos franceses de Napoléon, tiveron en Galicia fondas repercusións pois o pobo indefenso levantouse contra o invasor e arroupou a unha Xunta militar de Galicia poñendo en evidencia a posibilidade e as vantaxes dun goberno autónomo.
Despois dun proceso constituínte dun novo estado afastado do absolutismo como o do 1812 frustrado por Fernando VII, pero recuperado o seu pulo á morte do monarca, as elites progresistas da época non tardaron en reclamar en Galicia unha única Provincia con carácter autónomo para sacar da miseria ao pobo galego ante unha monarquía centralista e conservadora que converteu aos dirixentes da revolta en mártires ao fusilalos en Carral en 1846.
Como consecuencia da represión e as matanzas dos Mártires de Carral, os intelectuais progresistas responden cunha reivindicación da dignidade para Galicia no eido cultural. Historia e, sobre todo, na Literatura, prensa escrita, encontros poéticos e edicións da obra de Sarmiento que levará a cabo o poeta X. M. Pintos. O resultado é o que coñecemos como Rexurdimento e que ten como principais autores a Rosalía, Curros e Pondal. Son o xermolo dun primeiro galeguismo.
Xa só restaba devolver ao terreo da política as reivindicacións da Terra que a fin do século XIX comezan a xestarse con primeiros intentos de creación de partidos rexionalistas, pero o proceso non madura ata o século XX.
A importancia da emigración nesta época evidénciase mesmo á hora de darlle forma aos símbolos da Terra (Bandeira e Himno Galego), o coidado da lingua (Academia) acordes coas reivindicacións culturais que se acentúan: Irmandades da Fala, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos, ás que se suman logo as políticas das organizacións sindicais agraristas e obreiras, así como a creación do Partido Galeguista.
O primeiro Estatuto da historia de Galicia contemporánea outorgalle a denominación de nación, fundamentada nas peculiaridades e condicións xeográficas, históricas, económicas, culturais e etnográficas, lingüísticas e psicolóxicas propias do pobo galego.
• Nazón: Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa.
As votacións convocadas en febreiro do 1936 para refrendar o Estatuto de Galicia tivo os seguinte resultados:
Pero meses despois un golpe de Estado contra
o goberno lexítimo da II República Española, a represión asasiña e a guerra
civil, e a longa noite de pedra que significou a Ditadura de Franco provocaron:
O exilio de unha gran parte
da intelectualidade galeguista
A resistencia do
galeguismo e a acción de organización clandestinas.
A censura e un centralismo férreo e
monolingüe que dá entrada ao castelán nas xeracións máis novas.
Galicia pasa a ser unha
rexión máis da Península nun estado fortemente centralista.
Unha das consecuencia do Franquismo foi o aumento de castelanfalantes. |
6- COMUNIDADE AUTÓNOMA E NACIONALIDADE HISTÓRICA
Á morte do ditador coa recuperación dun sistema democrático consolídase un Estado plurinacional vertebrado por Comunidades Autónomas que responden a distintos estatus entre os que están as nacionalidades históricas como Galicia, Cataluña e o País Vasco.
Redáctase un 2º Estatuto de Autonomía e constitúese a Xunta de Galicia por vez primeira co seu Parlamento de Galicia.
7- O CONCEPTO DE PAÍS
Seguro que tes escoitado expresións como “queixo do país”, “gaiteiros do país” son frases que fan referencia a productos gastronómicos ou culturais propios da terra nun sentido, máis ou menos amplo e un tanto ambigüo que pode facer referencia tanto a unha comarca como a un territorio maior, mesmo á comunidade enteira.
Vexamos a denominación de dicionario da palabra país: Territorio habitado por unha colectividade que constitúe unha realidade xeográfica e política concreta.
A imitación do suxerente título e semellanza do nome da protagonista co nome da nosa terra, de Alicia no páis das marabillas, pensamso que sería unha boa idea vertebrar un proxecto como o que estamos presentando para o presente curso. Seguiremos informando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario