Annie Ernaux, na súa casa, xaneiro de 1988.LOUIS MONIER (GAMMA-RAPHO VIA GETTY IMAGES) |
O Premio Nobel de Literatura 2022 foi para a escritora que "escribe para salvar aquilo que nunca volverá a ser". Trátase da francesa Annie Ernaux toda unha reivindicación da literatura sen pudor, porque non pode, non entende de tal cousa, dinos a autora como tamén se cuestiona aquilo de ser feminista cunha sinxela pregunta retórica á contra: Pero quen non pode ser feminista? certamente paraela a literatur aé unha arma de combate. Invitámosche a escoitar a unha boa coñecedora da súa obra falando da súa literatura: Laura Barrachina sobre Annie Ernaux.
Á par un galego novo (moi novo pode ser) Ismael Ramos recibe o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández polo seu libro "Lixeiro" pertencente a unha xeración de autores en lingu agalega realmente prometedora. Se o Premio Nóbel é un premio de categoría universal, hainos máis próximos que tamén paga a pena ter en conta. Aos que non coñecemos os universos que ambos creadores xeran nas páxinas dos seus libros tócanos agora descubrilos e andalos. Boa lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario