martes, 10 de setembro de 2024

LEMA DO CURSO 24-25: A RÍA DA EXISTENCIA: Eu tamén navegar

 


A ría da existencia é o lema do curso que nos imos implementar cun verso de Xohana Torres do poema Penélope: 


DECLARA o oráculo:

 

«QUE á banda do solpor é mar de mortos,

incerta, última luz, non terás medo.

           

QUE ramos de loureiro erguen rapazas.

QUE cor malva se decide o acio.

 

QUE acades disas patrias a vindima.

QUE amaine o vento, beberás o viño.

 

QUE sereas sen voz a vela embaten.

QUE un sumario de xerfa polos cons.”

 

Así falou Penélope:

 

“Existe a maxia e pode ser de todos.

¿A que tanto novelo e tanta historia?

 

EU TAMÉN NAVEGAR.»

 

Penélope é un personaxe da literatura universal que trouxo entroutras autoras á nosa literatura, unha das primeiras Rosalía de Castro que En las orillas del Sar  escribe:

COMO Penélope:

Pero en el rincón más escondido

y también más hermoso de la tierra,

sin esperar a Ulises,

que él ha naufragado en la tormenta,

semejante a Penélope

tejo y destejo sin cesar mi tela,

pensando que ésta es del destino humano

la incansable tarea,

y que ahora subiendo, ahora bajando,

unas veces con luz y otras a ciegas,

cumplimos nuestros días y llegamos

más tarde o más temprano a otra ribera.


O eco das Coplas a la muerte de su padre de Manrique faise tamén evidente nestes últimos versos, pero este poema é un achegamento do personaxe máis complexo. Sen deixar de ser universal provoca unha reflexión e un cambio de gran interese ao reflexionar sobre a condición feminina. Esa condición de muller da que o feminismo de Xohana Torres se fixo eco e evoluciona dese paradóxico "sin esperar a Ulises" de Rosalía  a un rotundo "eu tamén navegar".  

Para afondar máis podes ler: Penélope sin Ulises de Luis García Montero

 

Ningún comentario: