Gustav Henningsen. Fotografía etnográfica 1965-1968: Lavando a cara no "cacho" de San Xoán Vilar. Ordes |
O eco da tradición, dun forte e profundo costume, chega á literatura e emerxe con intención de futuro.
O libro é, sobre todo, un recipiente en que repousa o tempo. Unha prodixiosa trampa con que a intelixencia e a sensibilidade humana venceron esa condición efémera, fluente, que levaba a experiencia de vivir cara o nada do esquecemento...
Así deixou dito Emilio Lledó en Los libros y la libertad e a nosa Rosalía de Castro nos seus Cantares gallegos escribiu:
Vinte unha crara noite,
noitiña de San Xoán,
poñendo as frescas herbas
na fonte a serenar.
E tan bonita estabas
cal rosa no rosal
que de orballiño fresco
toda cuberta está."
Ningún comentario:
Publicar un comentario