venres, 9 de setembro de 2022

ALICIA OU GALICIA?

 


-  Madia leva! Chegamos tarde! dixo aquel Coello Branco mirando o seu reloxo á hóra da entrada de Infantil e Primaria.  

 Alicia ou Galicia? preguntábanse á hora do té no patio de Secundaria o Sombreireiro e a Lebre de Marzo a todo o que se achegaba atraído polas pastas. Un  xeito de comezar facendo unha pequena chiscadela, dando os primeiros pasos do que será un gran e ilusionante proxecto, un dos motores do novo curso 22-23 co que pretendemos achegarnos ás marabillas de Galicia a a partir do coñecido relato de aventuras que protagoniza Alicia. Si é o libro con tanta sona de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll cargado de situacións oníricas, dobres sentidos e xogos de palabras.  Iremos descubrindo este proxecto a medida que vaian avanzando os días lectivos nos que esperamos ir liberando moitos soños aínda presos na gaiola. Polo de agora non imos avanzar máis nada, manteremos un silencio cómplice e espectante.

CONTINUARÁ







Ningún comentario: