mércores, 26 de marzo de 2014

Día internacional do Teatro na Biblioteca de Secundaria

Cunha charla dos alumnso/as de 4º da ESO de Cultura Clásica titulada Eurípides non me Sófocles que te Esquilo... imos poder aporta
r algúns datos sobre a orixe do teatro occidental na antiga Grecia.




Deixamos aquí a declaración do Día Mundial do Teatro desta ano 2014 na boca dun dramaturgo sudafricano Brett Bailey:



International Theatre Institute ITI
World Organization for the Performing Arts


Mensaxe de Brett Bailey para o Día Mundial do teatro 2014

Onde queira que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.

Baixo as árbores de pequenas aldeas e sobre sofisticados escenarios en grandes metrópoles; en salóns de actos de colexios e en campos e en templos; en suburbios, en prazas públicas, en centros cívicos e nos subsolos das cidades, a xente reúnese en comuñón en torno aos efémeros mundos teatrais que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa diversidade,  a nosa vulnerabilidade, en carne e óso, alento e voz.

Reunímonos para chorar e para lembrar; para rir e contemplar; para aprender, afirmar e imaxinar. Para marabillármonos ante a destreza técnica, e para encarnar deuses. Para deixarnos sen respiración ante a nosa capacidade de beleza, compaixón e monstruosidade. Imos para enchérmonos de enerxía e poder. Para celebrar a riqueza das nosas diferentes culturas, e para facer desaparecer as barreiras que nos dividen.

Onde queira que haxa sociedade humana, o irreprimible Espírito da Representación maniféstase.Nacido da comunidade, leva postas as máscaras e vestimentas das nosas distintas tradicións. Utiliza as nosas linguas, ritmos e xestos, e abre un espazo entre nós.

E nosoutros, os artistas que traballamos con este antigo espírito, sentímonos impulsados a
canalizalo a través dos nosos corazóns, as nosas ideas e os nosos corpos para revelar as nosas
realidades decote e o seu rutilante misterio.

Pero nesta época na que tantos millóns de persoas loitan por sobrevivir, sofren baixo réximes
opresivos e o capitalismo depredador, foxen do conflito e a escaseza; na que a nosa privanza é
invadida por servizos secretos e as nosas palabras censuradas por gobernos intrusivos; na que se aniquilan os bosques, se exterminan especies e se envelenan os océanos: Que nos sentimos
impulsados a revelar?

Neste mundo de poder desigual, no que distintas ordes hexemónicas intentan convencernos
de que unha nación, unha raza, un xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco cultural é superior ao resto, pódese realmente defender a idea de que as artes deberían apartarse das axendas sociais?

Nós, os artistas de escenarios e ágoras,  conformámonos coas demandas asépticas do
mercado, ou utilizamos o poder que temos: para abrir un espazo nos corazóns e as mentes da sociedade, para reunir xente ao noso ao redor, para inspirar, marabillar e informar, e para crear un mundo de esperanza e colaboración sincera?




Ningún comentario: