martes, 5 de novembro de 2013

CONVOCADO O CONCURSO DE MEDO 2013


A mirada do medo é o lema deste ano para o Concurso de microrrelatos de Medo que ademais virá acompañada da xa exitosa mostra de PROXECCIÓNS DE MEDO cuxa programación que se está ultimando, será colgada proximamente no blog.

Colaboran nesta iniciativa os distintos Departamentos de linguas, o EDLG e o de Plástica e visual.


As bases do Concurso de Microrrelatos son as seguintes:

- PREMISA:  Terán como lema e motivo inicial "A mirada do medo" aínda que o título (de o haber) debe ser outro.

LINGUAS: Como vén sendo habitual, os textos poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: Galego, castelán, inglés e francés. De presentar varios textos deben en cada lingua ser distintos textos, non son válidas as simples traduicións e tamén cada lingua terá os seus propios premios. 

CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS: Xa sabedes os textos non poden ter máis de 25 liñas e xirarán ao redor do tema citado. A coherencia textual e corrección ortográfica son esenciais á hora de poder ser premiado.

PRAZO: Os textos serán entregados ben na biblioteca, ben ao profesor da materia da lingua na que se concurse, antes do día 29 de novembro.

A entrega de premios se realizará nun recreo na propia Biblioteca unha vez rematado este mes de defuntos.

Moito ánimo, ánimas!

Ningún comentario: