Este curso recuncamos coas lecturas deste autor: MANUEL NÚÑEZ SINGALA
En 2º da ESO lemos a obra de teatro : O ACHADO DO CASTRO e traballamos ademais co libro EN GALEGO, POR QUE NON? algo que nos permite achegarmos ao autor desde dous puntos de vista, desde dúas das súas facetas favoritas como autor.
En 1º de Bacharelato, ademais de ter lido EN GALEGO, POR QUE NON? este curso leron COMEDIA BÍFIDA. A sociolingüística para a reflexión e o teatro para a diversión, xa que estas obras están cargadas de humor a través da palabra convertida en elemento dramático.
Estará con nós o próximo día 18 de maio.
FOTOREPORTAXE DO ENCONTRO
Ningún comentario:
Publicar un comentario