O filme "O que arde" está nos cine de toda Galicia, tamén no resto da Península, despois de ser premiado no Festival de Cannes. Trátase dun traballo de Ó
liver Laxe moi peculiar polo que decidimos integralo no noso particular diambular polo mundo creativo e colocalo no comezo do curso como un primeiro acto arredor dunha trama. Que por que o escollemos? Seguramente pola frase coa que comeza esta entrevista que aproveitamos para preparar este CINE FORUM.
Sobre o lume e a súa simboloxía no filme O que arde (crítica sensacine / crítica Experiencias)
A frase en cuestión di: A cultura emancipa ao ser humano. Foi lela e comprender que estaba intimamente ligada ao lema e fío condutor do noso traballo no presente curso. Mais amigos como somos de contextualizar e dar coherencia ás mensaxes, imos colocar a seguir un enlace para poder ler a entrevista que se editou na Balea Cultural no ano 2018 cando estaba Óliver Laxe filmando xa esta a película "O que arde", antes de recibir os premios e de rematar os traballos de rodaxe.
Entrevista con Óliver Laxe
Na RTVG
Na prensa
O público galego é un público globalizado, tamén, ao que lle
dan pastalaría industrial. E cando che dan pastalaría industrial toda a túa
vida, precisas deses azucres, desas graxas saturadas, e cando che dan un tomate
da horta non che sabe a nada. Entón, que é, culpa do tomate que lle dá as
costas ao público galego? Ou de que hai un desleixo total das autoridades con
respecto á inclusión do cinema na educación, á protección de certas salas de
cinema de autor...? Oliver Laxe. sermos
Ningún comentario:
Publicar un comentario