E este curso que?
Levamos certo retraso na posta a punto da Biblioteca de Secundaria, pero este curso queremos comezar a nosa andaina sen máis demora.
O lema deste ano é un máxima que acompaña dende sempre á lectura. A lectura ese sentimento de liberdade. A lectura esixe opción, a lectura é diversidade, semple é plurisignificativa e xa se sabe, que cando un autor ou unha autora remata o seu labor e edita un libro, este comeza unha nova vida con cada lector ou lectora.
Chegamos para celebrar o Día das Bibliotecas escolares, chegamos da man dos Premios Nacionais de Literatura. O de Narrativa para falar da importancia da oralidade e o de Poesía aínda sen fallar, pero sabemos que o Nobel de Literatura foi ex aequo para dous novelistas, unha polaca, Olga Tokarczuk e un austríaco, Peter Hadke que tamén é un bo dramaturgo..
Poderíamos falar dos 200 gramos de patacas tristes de J.C. Mestre, o autor berciano Premio Nacional de Poesía no 2009, hai dez anos, en castelán que vén de escribir o seu primeiro libro en galego ou das odas da poeta americana Sharon Olds, ou do último éxito cinematográfico de Alejandro Amenábar, aínda que antes preferimos falar do fulgurante presenza do filme galego O que arde de Oliver Laxe. Sen lugar a dúbidas o curso que iniciamos será fértil e denso. O outono é tempo de colleitas e toca facer reconto.
Comecemos logo pola última das creacións citadas.Vaiamos ver a película que xa está nos mellores cine de Galicia e, de volta. fagamos un Cine forum na Biblioteca. Imos colocando as cadeiras...
Ningún comentario:
Publicar un comentario