Concibido como unha mostra de teatro a partir de temas grecolatinos e sen excluír outros clásicos doutras literaturas, celebramos esta segunda entrega coa participación dos seguintes grupos:
2º ESO A que representaron PIMPINELA, unha adaptación dun dos lances de Os vellos non deben namorarse de Castelao.
3º ESO A que representaron a traxedia de ORFEO E EURÍDICE, unha adaptación do coñecido mito, e a comedia de ANFITRIÓN, a famosa obra de Plauto.
3º ESO B que representaron a traxedia titulada MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ baseada en distintas figuras e obras da antiga Grecia, e a comedia O XUÍZO DE PARIS, unha singular pasaxe relacionada coa épica homérica.
4º ESO B que representaron a traxedia O RAPTO DE PROSERPINA e a comedia AS MULLERES e ENEAS ambos sobre textos moi populares da literatura latina.
A presente crónica vaise acompañar dunha reportaxe fotográfica extraordinaria obra do profesor Alberto Rouco, un gran fotógrafo ao que agradecemos a súa pericia e xenerosidade.
PIMPINELA (Adaptación do lance terceiro de Os vellos non deben namorarse de Castelao)
PIMPINELA: Raquel Catalán
NAI: Irene García
PAI: Adrián Calvar
MOZO: Carlos Diz
Sr. FUCO: Yerai Pazos
PRÓLOGO: Juan Jesús Fernández
MULLERES: Alba Balagones, Xana García, Rosalía Blanco, Yaiza Blanco, Laura Comesaña.
MORTE: Luis Fuentes
Apuntadora: Xiana Fernández
Luz: Alexia Pereira.
Dirección: Héctor Silveiro
Unha magnífica representación con papeis destacados como os de Raquel, Carlos e Yerai dunha obra previamente lida e traballada nas aulas deixando patente que neste curso de 2º ESO A hai bos e futuros actores e actrices para a Aula de teatro do San Narciso.
AS OBRAS DE TEMÁTICA GRECOLATINA:
O RAPTO DE PROSERPINA
A segunda representación correu a cargo do curso máis veterán de 4º da ESO B que acadou un destacado segundo posto nas votacións á mellor traxedia. Invitámosvos a ver unha reportaxe fotográfica e o elenco de actores e actrices entre outros detalles na entrada dedicada as representacións deste grupo no seu blog AULA LATINA.
ORFEO E EURÍDICE
MUSA: Marta Folgar
ORFEO: Víctor de la Torre
EURÍDICE: Sabela Casal
MULLERES TRACIAS: Andrea Carcer, Antía Domínguez, Sonia Domínguez, Laura Sánchez
PERSÉFONE: Mayra Carramal
ARISTEO: Adrián Martínez
SERPE: Diego Bugallo
CARONTE: Carlos Domínguez
HADES: J.M. R. Curras
O mito dos tráxicos amores de Orfeo e Eurídice foron dramatizados despois de traballados nas aulas con gran resolución. A terceira obra posta en escena foi a que o público asistente, alumnos/as da ESO e Bacharelato do noso centro, cualificou como a mellor traxedia representada. A verdade é que a interpretación foi desigual, pero o conxunto resultou satisfactorio para os espectadores outorgándolle un destacado primeiro posto. Podes ver unha reportaxe fotográfica no blog AULA CLÁSICA.
O XUÍZO DE PARIS
HELENA: Alba Domínguez
ATENEA: Lucía Madero
HERA: Claudia Vilas
AFRODITA: Ángela Rosales
ZEUS: Julián González
HERMES: Roberto López
ARES: Martín Rosales
POSEIDÓN: Aythami Sánchez
DIONISO: Damián Souto
HADES: Victor Correa
HEFESTO: Gabriel Pintos
ARTEMISA: Ainara Soto
TETIS: Aroa Farto
PELEO: Santi Otero
ERIS: Antía Vidal
PARIS: Nicolás Martínez
A comedia escollida para representar por 3º ESO B xira ao redor do que se deu en chamar vulgarmente como "o primeiro concurso de beleza", a desputa das deusas Hera, Atenea e Afrodita pola mazá de ouro que finalmente o principe troiano Paris entrega á deusa que lle prometera a muller máis fermosa do mundo, Helena de Esparta. Reportaxe fotográfica no blog AULA CLÁSICA .
AS MULLERES E ENEAS
Unha comedia elaborada a partir de textos da Eneida de Virxilio, dun traballo de aula sobre o tema da fundación de Roma. A nosa intención era poñer en primeiro plano a posición da muller fronte ao personaxe protagonista heroico, na nosa adaptación posto en ridículo e manipulado tanto pola súa nai a todopoderosa Venus-Afrodita, como polas tres mulleres que lle roubaron o corazón: Creúsa, Dido e Lavinia, retratadas cada unha cunha personalidade ben distinta. Podes ver a reportaxe fotográfica e o elenco no blog AULA LATINA de 4º da ESO. Obtivo tamén un segundo posto nos premios á mellor comedia.
ANFITRIÓN de Plauto
SOSIAS: Marta Folgar
MERCURIO: Mayra Carramal
XÚPITER: Diego Bugallo
ALCMENA: Sabela Casal
ANFITRIÓN: José M. R. Currás
DEUSAS DOS NACEMENTOS: Andrea Carcer, Sonia Domínguez, Laura Sánchez e Antía Domínguez.
Esta representación logrou o premio á mellor comedia do certame ao contar cun reparto moi entregado e brillante, especialmente o papel de Alcmena, Sabela Casal (Premio á mellor actriz con toda seguridade polo papel que representou nesta obra) ademais dos destacados papeis de Sosias e Mercurio (ambos asumidos con moita "vis" escénica por Marta e Mayra) e como contrapunto a un Anfitrión que tamén disputou o Premio ao mellor actor masculino grazas a esta interpretación. Podes ver a reportaxe fotográfica de Alberto Rouco en Aula Clásica.
MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ
MOIRA, PENÉLOPE, TROIANA, MIRRINA, MULLER: Claudia Vilas
MOIRA, CASANDRA, ANTÍGONA, ATENIENSE, MULLER: Ángela Rosales
MOIRA, HÉCUBA, ATENIENSE, MULLER: Antía Vidal
PANDORA, ANDRÓMACA, ISMENE, ATENIENSE, MULLER: Lucía Madero
ARIADNA, TROIANA, LISÍSTRATA, MULLER: Alba Domínguez
TROIANAS, MULLERES: Aroa Farto e Ainara Soto
TESEO: Gabriel Pintos
SOLDADO GREGO, POLINICES, HOME: Julián González
SOLDADO GREGO, ETEOCLES, HOME: Damián Souto,
SOLDADOS GREGOS e HOMES: Martín Rosales, Nicolás Martínez, Víctor Correa, Roberto López e Aythami Sánchez.
Esta traxedia trata de facer unha revisión cunha complexa trama que parte da situación da muller na antiga Grecia cuxo sometemento nun mundo de homes está asociado ao nobelo de lá ou ao fíos que a simbolizan dende o seu nacemento. Pasan pola escena as Moiras, deusas do Destino, Pandora, a primeira muller, Ariadna traizoada por Teseo, Penélope que espera tecendo ao seu home que foi á guerra de Troia, as troianas vencidas e escravas dos gregos, Antígona e Ismene que defenden posturas contrarias ante o poder irracional dos homes e Lisístrata, que promove a revolta das mulleres atenienses contra a guerra, lida en clave de traxedia esperanzada, da man das mulleres que se cuestionan o seu papel nunha sociedade dominada e dirixida polos homes. Reportaxe fotográfica de Alberto Rouco no blog Aula Clásica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario