Dúas marías son responsables de esta entrada. Un fermoso exercicio de recuperación da memoria cultural do noso estase a dar cando estudos que, a día de hoxe, nos descobren que foi unha muller a que editou El Quijote de Miguel de Cervantes ou que tamén está a man doutra muller nas fotos que conservamos de Rosalía de Castro.
Soubemos que María, a muller de Juan de la Cuesta ao morrer este fíxose cargo da editorial na que Miguel de Cervantes recalaría para comezar coa edición de "El Quijote". Un estudo recente revela que en Madrid no 1599, María Rodríguez de Rivalde, viúva dos impresores Juan Íñiguez de Lequerica e Pedro Madrigal, emprega a Juan de la Cuesta, asociándose en novembre dese ano á cofradía dos Impresores de Madrid. A principios de 1604 quedou a cargo da imprenta de Madrigal, con cuxa filla, María de Quiñones, casara. Disque este home estaba xa fúa cando Cervantes achegou á imprenta a súa obra máis famosa, foi editada por esta muller baixo o nome do seu esposo quen legalmente era o dono do negocio. Un dos selos ou escudos de Madrigal, que Cuesta seguirá utilizando na portada dos seus libros representa a un falcón e un león durmido cunha lenda «Post tenebras spero lucem» é dicir decir, Espero a luz logo da escuridade (Xob, XVII 12).
Pasando o tempo e xa ec Compostela, a primeira e a derradeira foto que conservamos de Rosalía de Castro foron feitas por unha muller, María Cardarelly
Ningún comentario:
Publicar un comentario