domingo, 28 de abril de 2019

Reportaxe fotográfica da celebración da Xornada de Teatro no San Narciso

Como consecuencia das lecturas e de distintos traballos de aula da 2ª avaliación, así como da celebración do Día da Poesía e do Teatro decidimos o pasado 11 de abril, despois das distintas probas poñer en marcha unha especie de programa de radio guiado polas Meigas da Lingua (do Equipo de Normalización) no que se presentasen distintas representacións teatrais, algún recitado e algún baile por parte dos distintos cursos de Secundaria da ESO e Bacharelato.

A seguir colgamos unha especie de reportaxe gráfica desta Xornada de Teatro que tivo como fío condutor ou lema unha interrogante: Que nos di o corazón? porque unha boa parte, senón todas as dramatizacións tiñan o amor como elemento común.

As presentadoras da actividade simulando un programa de radio: As Meigas da Lingua (do Equipo de Normalización) Raquel, Rosalía, Alba e Irene de 2º ESO A:
















Unha explicación dramatizada sobre a Orixe do teatro da man das Musas: Claudia, Antía, Alba, Lucía, Ángela e Aroa de 3º ESO B





Logo comezaron as representacións en distintos idiomas. 1º ESO B representou unha serie de escenas clave do D.Juan Tenorio de Zorrilla:








Iria e Noa de 1ºESO A usaron o francés dunha canción de amor de Louane Emera para o seu recitado que foi acompañado dunha singular do seu compañeiro Roberto :




Oa alumnos/as de 2º da ESO A realizaron unha adaptación da coñecida farsa de Castelao "Os vellos non deben de namorarse":



















Os alumnos/as de 3º ESO A dramatizaron o mito de Eco e Narciso:











Os alumnos/as de 4º ESO B dramatizaron tamén un texto narrativo de Séchu Sende: Uf!





 A seguir sorprendéronnos cunha currada coreografía  Sabela de 3º da ESO A e Nerea e Ainara de 2º ESO B:





Alumnos/as de 4º da ESO representaron a continuación algunhas das escenas máis representativas do drama de Lorca "Bodas de Sangre":








































A seguir alumnos/as de 2º ESO B dramatizaron un par de cancións: Reggae dos mariñeiros e Rexurdimente, esta última sobre un texto de Rosalía de Castro: 






















Logo viñeron a representar varias escenas da "Tragicomedia de Calisto y Melibea" tamén coñecida como " La Celestina" alumnos/as de 1º de Bacharelato:


























 Para rematar alumnos/as de Bacharelato interpretaron en inglés as escenas clave do drama de Shakespeare " Romeo e Xulieta":











































































Ningún comentario: