Logo na Cidade da Cultura visitamos a Exposición Castelao Maxistral, coñecemos e soubemos porque o rianxeiro universal creo o Guernica galego baixo o titulo: "A derradeira leición do mestre" e contemplamos a súa obra.
Pola tarde continuamos o noso achegamento a Castelao na Exposición do Consello da Cultura Galega sita no Panteón de Galegos Ilustres de Sto Domingos de Bonaval, na que nos internamos no mundo dixital da realidade virtual do Alba de Gloria, visita que rematamos cunha simbólica ofrenda floral ante as tumbas de Rosalía de Castro e do propio Castelao.
Ningún comentario:
Publicar un comentario