mércores, 30 de xaneiro de 2019

As Meigas da Lingua no 30 de xaneiro, propuxeron a creación do refraneiro

Con motivo do Día escolar da Paz e da non violencia as Meigas da Lingua propuxeron en todas as aulas do centro a creación do refraneiro da Paz.

As Meigas da Lingua na aula de Infantil de 4 anos
Este foi o texto que leron en cada unha das aulas dende Infantil a Secundaria:

- Ola, nenos e nenas, que tal?
Somos as Meigas da Lingua e con vós queremos falar!



Traémosvos na boca, as Meigas da lingua
traémosvos  na boca unha palabra amiga
ímola presentar no seu día escolar
imos falarvos da palabra PAZ !



-Como estamos no mes de xaneiro
ocorréusenos facer un refraneiro!

 -Facer un refrán , é moi doado,
só hai que buscar un pareado!

-E se non che sae, nin na segunda nin á primeira
coa axuda da/do teu profe sairáche  á terceira!

-Intenta logo  aprender a rimar
e mesmo despois o podes cantar.

-Pois ben despois das vacacións de Nadal
toca celebrar o Día escolar da Paz.

-Como xa xaneiro case rematamos
co Día da Paz traballamos.

-Xaneiro é un mes moi pouco guerreiro
poñamos a andar da Paz un refraneiro!

Propoñámonos, nenos, nenas, algo eficaz
facer un  refrán sobre o tema da Paz!

-       Cada curso, cada aula de Infantil e Primaria,
cada clase, cada mozo ou moza da Secundaria.

-Palabras das crianzas
para sementar a esperanza!

-Palabras de Paz levaremos
e a Biblioteca encheremos!

-Palabras como sementes
para todas, todas as mentes!

As Meigas da Lingua na aula de 1º ESO A


Agora, nenos e nenos, mozas e mozos xa nos marcharemos
as Meigas da Lingua na Biblioteca axiña nos veremos!



Ningún comentario: