FRONTE Á CELEBRACIÓN
DUN SÓ DÍA COMERCIAL DO AMOR,
PODE HABER UNHA
RESISTENCIA POPULAR PARA AMAR CADA DÍA.
TEMOS DEREITO A DEFENDERNOS COAS PALABRAS
FRONTE A UNHA PUBLICIDADE CADA VEZ MÁIS AGRESIVA-
COMPULSIVA
POR
QUE O TOXO?
POR
AMOR, porque amar é coñecer
a diversidade
e non
hai nada máis humano que a diversidade.
Porque
o toxo tamén ten espiñas!
Porque
non queremos amor virtual e agora non
hai rosas naturais,
namentres os montes están cheos de toxos.
Porque ti non sabes que é a chorima
e tes vistos de máis á rosa e ao caravel.
Porque
somos un pouco toxos e antes de amar como postureo
haberá que falar do amor e o amor sempre ten
chorimas e espiñas.
Estamos
fartos das campañas que uniformizan,
non
todos amamos igual, non todos amamos a golpe de anuncios..
O
amor non pode ser un simple postureo
campañas que o globalizan todo e destrúen a súa espontaneidade.
Non
somos globos para inflar e logo estoupar
ao mesmo tempo,
somos
persoas con ritmos e sentimentos diversos.
Comercializan
e trivializan os nosos sentimentos,
non
queremos esquecer entre tanta colonia e propaganda
a que saben os bicos, como soan os corazóns cando se quere de verdade.
Porque
o amor debe ser tamén unha consecuencia da nosa liberdade
esta
celebración está cargada de cadeas e
candados que non o poden simbolizar.
Amamos
as palabras con contido, os sentimentos que interiorizamos
coa
razón, porque a cabeza e o corazón non están reñidos
e non cremos na cegueira
do amor de Cupido.
Non
queremos estar cegos como Cupido
e que o amor, cando nos fira, cometa un homicidio
ou que
sexa un conto ou que dure menos que un anuncio.
que
sexa oco ou virtual, que non teña fondo nin tacto...
Non
queremos morrer por amor, nin matar por amor,
queremos vivir con amor e, sendo
amantes da vida, seremos amantes de corazón
con todo tipo de razóns.
Non
queremos ser bellas durmintes ás que só pode espertar un príncipe azul,
Nin
compartimos que Rapunzel deba deixar medrar as súas trenzas
só para que poidan
subir por elas mozos atrevidos,
en lugar de usar a súa propia valía para saír ela mesma da torre que a asfixia.
Se
cadra é moi pobre e ata moi triste ter como única meta casar,
esperar por alguén para poder darlle sentido a túa vida
en lugar de buscar as túas fortalezas e non ceder as túas debilidades.
Porque
os toxos están no monte e non podemos ir buscalos á florería.
Un
toxo coa súa chorima e coas súas espiñas son gratis
e ás rosas alguén lles está poñendo prezo.
Porque
que sabemos o nome de cantantes e actores, actrices e youtubers,
pero
descoñecemos o nome científico desta
planta que ama a nosa terra
e a enche de flores cada primavera.
Porque para amar non hai que ser un toxo, pero hai que saber querer ata aos toxos.
Porque
isto podería servir para a letra dunha canción de amor distinta,
un canto da nosa terra, pero de amor en
definitiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario