O debate quedou en gran medida aberto, un recreo non dá para debater en profundidade un tema que presenta tantas posibilidades de abordalo, tantas aristas como espiñas ou pinchos ten un toxo.
Haberá ocasión de seguir o debate. Unha experiencia gratificante reunir no encontro para o debate a alumnos/as de 1º da ESO cos de 2º de Bacharelato que falaron entre eles. De feito entre compañeiros e compañeiras, uns e outras seguimos falando deste tema máis alá dos tópicos e das frases feitas.
Hoxe tamén aprendemos unha palabra, a palabra chorima, a flor do toxo. Non todo van a ser rosas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario