domingo, 18 de xaneiro de 2015

ENTREGAMOS OS PREMIOS "DE MEDO" 2014

 Si , deixamos pasar o martes 13, sen pena nin gloria, aínda que era o día que pensaramos nun principio para  entregaar estes premios, pero finalmente foi o pasado venres día 16 de xaneiro cando fixemos o reconto de votos lectores ante o público asistente que escolleron entre os textos Premios dos microrelatos de medo 2014 da ESO e Bacharelato.

nominados os

Os nominados foron finalmente 7 textos en galego de alumnos/as do 1º ciclo (1º e 2º da ESO), 6 de alumnos/as en Lingua castelá do mesmo ciclo e tan só 2 textos de alumnso/as de Bacharelato, en galego tamén.

E os gañadores foron os seguintes:

Na primeira das categorías: co texto titulado "O pesadelo" Mary Iglesias Schwarz de 1º ESO B

Texto 4: O PESADELO

O neno erguese asustado da cama. Tivera un pesadelo. Outra vez ese pallaso diabólico comendo as súas entrañas.  E como calquera neno faría, foi buscar o refuxio dos seus pais, pero estes inmóbiles, mortos coma no seu soño, xacían no chan da habitación e no reflexo do espello o neno quedou paralizado contemplando a súa boca ensanguentada...

Na mesma categoría, pero en lingua castelá: Mirian Vilas Mariño de 2º da ESO B co texto titulado "La pulsera negra"



E finalmente dos textos presentados na categoría de Bacharelato gañou: o texto "Non podía estar tola" de de Claudia Rosales Rivas de 1º de Bacharelato A

 Texto 2:
 Non podía estar tola, aqueles pasos preto da súa habitación tiñan que ser reais. Non sabía que facer. Non encontraba o seu móbil e non había ninguén na súa casa, ou así debía de ser. Caeu nese mesmo intre de desespero un obxecto na escuridade. Xa non podía permanecer por máis tempo alí, era preciso saír da casa antes que aquel estraño visitase a súa habitación. Lentamente pousou a súa man no pomo da porta e deslizouno o máis a modo que puido  pregándolle a Deus que non a escoitase. Conseguiu abrir a porta, mais, para a súa sorpresa, ao primeiro paso que deu, unhas fortes e grandes mans caeron sobre a súa boca. Sospeitas máis que confirmadas. Revolveuse canto puido ata que se deu conta de que non tiña escapatoria.
 Á forza, Alba foi introducida no maleteiro do coche. Ao cabo duns 15 minutos, ou esa era a sensación que ela tiña, quizás perdera a noción do tempo, a golpes aquel misterioso individuo sacouna daquel coche e amordazouna nunha cadeira. Vacilou ata quitarlle a cinta que tivo nos beizos, ela non pediu outra cousa: quería saber quen era aquel que lle causaba tal medo. Coa insistencia o secuestrador aceptou. Quitoulle a venda que cubría os seus ollos verdes e... Non podía ser, era seu pai, o mesmo que a abandonara facía anos.

Ningún comentario: