domingo, 30 de novembro de 2014

FALECE O NOSO PAI CARBALLO

O pasado día 29 morreu o Pai  Francisco Carballo un home central na creación dunha nova historia para Galicia. Varios son os títulos que neste campo podemos destacar dende aquela Historia de Galiza de 1979 no que abría unha porta a unha revisión poñendo o o punto de mira na propia terra.

Xa había case un ano que fixara a súa residencia nun centro de padres paúis en retiro que dita comunidade ten en Salamanca. menos tempo no que seu estado de saúde empeorara e ao fín o día 29 falecía aos 89 anos de idade.

Destacou como téologo e historiador, pero aos que o coñecemos non podemos deixar de lembrar de el a súa capacidade de traballo, a súa xenerosidade como persoa e o seu compromiso cos seus ideais sempre tan apegados a Galicia. Precisamente unha etapa da súa vida moi produtiva intelectualmente e digna de mención na que aportou distintas  obras, contribuiu á edición de importantes e destacadas obras (A igrexa galega, Alexandre Bóveda, Breve Historia de Galiza, Martín Sarmiento...)coincide coa dirección do semanario nacionalista denominado A Nosa Terra.
O seu compromiso como intelectual galeguista levárao ao cárcere uns anos antes, pouco despois de deixar a docencia que exerceu no noso centro en Marín  e tamén no centro dos Paúis de Baracaldo aló polos anos 60.

Lembramos con cariño o seu interese e a súa aportación a unha pastoral diferente, as súas últimas charlas no centro con motivo das das Letras Galegas á solicitude do noso Equipo de Normalización ou máis recentemente, unha das últimas actividades públicas, a derradeira lección maxistral que lle escoitamos no acto de homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle rendiu en Compostela incorporándoo á lista dos Bos e Xenerosos.

 Deixamos aquí unha entrevista, tamén recente realizada no ano 2013 na canle Irmandade TV:

Ningún comentario: