
Begoña Caamaño, xornalista da CRTVG e escritora morre aos 50 anos levándose con ela sen lugar a dúbidas un bo feixe de historias no maxín que xa non poderemos disfroitar os lectores. É unha gran perda porque esta autora practicaba ese tipo de literatura envolvente e doce coa que se goza lendo. Gustaba dos mitos e de darlle voltas a nosa tradición literaria. Por iso despois de publicar
Circe ou o pracer do azul novela epistolar onde realizou un aporte á literatura galega substancial ao reescribir sobre o mundo clásico sobre personaxes da mitoloxía grega, volveu logo a súa mirada á mitoloxía céltica e a propia literatura galega e imitando a Cunqueiro escribe
Morgana en Esmelle un título que nos lembra a Merlín en familia, querendo ademais facer unha lectura en clave fondamente feminina e feminista. Lamentamos dar esta triste nova, pero debemos facer notar este baleiro que nos deixa a súa marcha. Quédamos iso si a literatura creada por Begoña que pasará xa a formar parte dos clásicos en galego, eses que paga a pena coñecer, é dicir, ler.
Unha
entrevista tras recibir o Premio da Crítica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario