O lema deste curso da biblioteca de secundario do San Narciso reza así: A raíz do sentido crítico da vida, a lectura. Pois ben, ese foi o motivo que escollesemos a Mafalda, e ao seu autor Quino, para comezar oficialmente coas exposicións deste curso.
Propoñemos aos alumnos/as do San Narciso un achegamento ao universo de Mafalda para poder exercitar o uso do sentido crítico dun xeito áxil, fresco e cargado de humor da man dos seus pequenos enormes personaxes:
COMO NACEU MAFALDA
Mafalda, esa cativa curiosa co espírito do 68. Naceu hai 50 anos.
Esta inmensa tira creada por Quino publicouse de 1964 a 1973
e está protagonizada por unha nena que lle dá nome á obra. É un “espello da
clase media latinoamericana e da mocidade progresista”, que se amosa preocupada
pola humanidade e a paz mundial e se rebela contra o mundo legado polos seus
maiores.

En 1962, o mendocino Joaquín Lavado, “Quino” levaba xa cerca
dunha década realizando humor gráfico, cando, tentado por Miguel Brascó, creou
unha tira de historietas para promocionar a marca de electrodomésticos
«Mansfield», da empresa Siam Di Tella. A empresa puxera como condicións que na
historieta aparecesen algúns electrodomésticos e que os nomes dos personaxes
comenzaran con “M”. Aínda que a campaña non chegou a bo porto, xa se sementara
a semente do que, posteriormente, sería a mundialmente coñecida MAFALDA.
En 1964, Julián Delgado, director da revista Primera Plana,
acorda con Quino comenzar a publicar nese medio a Mafalda, xa desvinculada de
propósitos publicitarios. Quino debuxa con esta finalidade novas tiras onde,
nun principio, participan só Mafalda e os seus pais. Co correr do tempo, Quino
iría engadindo personaxes, destacándose Felipe, Manoliño, Susaniña, Migueliño,
Libertade e o seu irmanciño Guille.
O seu autor vén de recibir o Principe de Asturias 2014, un último premio a unha longa traxectoria de recoñecementos.
Colgamos algunha foto das sesións de preparación da Exposición O SENTIDO CRÍTICO DE MAFALDA que estará presente na Biblioteca ata o próximo mes de decembro e da que iremos dando conta neste blog.
Colgamos algunha foto das sesións de preparación da Exposición O SENTIDO CRÍTICO DE MAFALDA que estará presente na Biblioteca ata o próximo mes de decembro e da que iremos dando conta neste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario