mércores, 8 de xaneiro de 2014

O Nadal tamén chegou á Biblioteca

Esta árbore de libros decorada polos habituais á Biblioteca foi a nosa forma de facer chegar a través dos ollos esoutra mirada ao Nadal. A chegada dun tempo de esperanza, no que as árbores simbolizan ese poder da Natureza que coa calor do Sol que nestes días comeza a medrar farán posible o milagre da vida. A vida que desexamos sexa sempre un camiño de Paz, Liberdade, Amor, Educación para todos.

O Nadal é sempre un tempo lento como as folerpas que caen nas montañas, onde a alegría e o canto colectivos manifestan esa necesidade que temos os homes e as mulleres de xuntarnos e de soñar cun mundo mellor. Desexos dunha alborada alegre que deixe atrás as tebras e a noite. De aí a importancia e da presenza da Luz nestes días entre todos nós no medio de celebracións e festexos. Esperemos que no medio de tanta festa teñamos presente tamén aquilo que está mal e podemos facer un esforzo por melloralo.

Ningún comentario: