venres, 24 de xaneiro de 2014

UN NOVO CONCURSO : PALABRAS PARA UNHA FOTO

PALABRAS PARA UNHA FOTO
 é o nome que lle damos a un concurso creativo co que propoñemos unir a palabra e a imaxe, seguindo os pasos de autores como Castelao, ou os autores das vangardas de comezos do século XX.
En base a un tema o que queira participar debe facer unha fotografía e acompañala dun texto que complemente, comente interaccione coa foto. Ambos deben ser orixinais. Se che interesa, bótalle un ollo ás bases da convocatoria.

O lema coñecerase  no primeiro día de cada mes do curso (é dicir, febreiro, marzo, abril, xuño) no que se escollerá o tema sobre o cal debe xirar a fotografía que se faga e o texto que a acompañe e que se publicitará na  Biblioteca de Secundaria.

2ª Esta convocatoria está aberta a todos os alumnso/as de Secundaria do noso centro.

As fotos e os textos teñen que ser orixinais. Para acreditar que a creación é propia, ademais da foto que se queira presentar, no espazo onde se realiza esa foto debe realizarse outra e entregarse esoutra na que o autor da mesma apareza, é dicir, estea presente.

4ª A foto para concurso e o seu texto entregaranse na Biblioteca nun sobre pechado e cun lema identificativo. A outra foto de acreditación será entregada noutro sobre tamén co lema que leva o primeiro sobre. A entrega realizarase en dous sobres por separado e cun lema común e sen nomes ou outro tipo de marcas, para garantir o anonimato á hora de ser xulgado o traballo creativo.

5ª O texto do concurso que complementa á fotografía terá como máximo 15 liñas.

As fotos e textos a concursos será expostas na mesma Biblioteca ao longo do mes de concurso.

7º O xurado, membros do Departamentos de Linguas e Plastica e Visual,  admitirán os votos dos alumnos/as de Secundaria que desexen valorar as obras dos compañeiros. Os votos serán introducidos nunha furna e computarán  para o premio dos alumnos/as. De todos os xeitos haberá un premio do xurado que pode coincidir ou non co dos votantes.

8ª O prazo de entrega remata o último día lectivo do mes.

9ª Os premios serán entregados nun acto público na mesma Biblioteca ao concluír o mes e comezar o seguinte.

O lema do mes de Febreiro é o AMOR/ DESAMOR

Anímate e participa!!!

Ningún comentario: