Despois da presentación do acto e dunha valoración da importante participación dos distintos cursos, por parte dos profesores de Galego Héctor Silveiro e de Castelán Marigel Calvar, destacando a alta participación de cursos como o de 2º da ESO B que realizaron unha chea de microrrealatos tanto en galego coma en castelán. Logo pasouse describir a nómina de premiado en galego na presente Edición de Microrrelatos de Medo en Lingua Galega foron premiados catro alumnos/as que foron os seguintes:
María Santaclara de 1º da ESO B cun microrrelato de medo que presentaba un texto orixinal e de evocacións musicais baixo a fórmula epistolar.
20 novembro de 1980
Querida Raquel:
Ven buscarme. Non dou atopado o camiño correcto, o camiño ao Alén. Berra o meu nome, chámame...
Sara Vázquez de 2º da ESO B que elorou unha curiosa trama arredor dun temible ser mariño.
Francisco Loira de 4º da ESO B presentou un texto cun final aberto e misterioso ben logrado.
"...a horrenda imaxe dun cadaleito aberto entroume polos ollos. Era o do meu defunto avó, o seu corpo estaba tendido no chan, cunha nota escrita entre as mans que dicía: Detrás de ti."
Claudia Rosales de 4º da ESO B que presentou unta trama onde o terror parte dunha situación tristemente real.
"Esa mirada que sempre lle infundira cariño e tenrura, agora só lle provocaba temor. A dor máis grande para ela, sen dúbida, era o medo, a submisión...nin sequera podía mirar aqueles ollos, os mesmo que a namoraran...
Os autores leron parte dos microrrelatos premiados que foron aplaudidos por un público que abarrotaba a Biblioteca.
A continuación fíxose entrega dos premios de Microrrelatos en Lingua Castelá, resultando premiados:
María Estévez de 1º da ESO A
Manuel Veiga de 3º da ESO B
Patricia Nores de 3º da ESO B
Diego Facenda de 4º ESO A
Lidia Moreira de 4º ESO A
Lorena Bermúdez de 4º da ESO A
Alumnos e alumnas que tamén leron unha parte dos seus textos premiados e que publicaremos proximamente neste mesmo blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario