luns, 22 de abril de 2013
Para que sirve un libro
Valente pregunta, para que ler. É, sen dúbida, unha ferramenta clave na nosa educación, se cadra non tanto no noso proxecto como alumno/a, pero si que debe ser algo substancial que me faga máis humano. Vivir sen lectura é posible, pero que tipo de vida será esa? Pola contra vivir coa lectura provoca en nós un xeito distinto de vivir a vida, de sentir e interpretar o mundo. A lectura é, en definitiva, unha chave para coñecer ese universo real un tanto abstracto e caprichoso que se dá en chamar humanidade. Comnstruír a persoa sen a lectura resulta pois un acto falto de liberdade e rigor, falto da emoción da curiosidade e a creatividade que caracterizan a homes e mulleres, un carácter que está en nós dende que nacemos á espera de que nun lento e fermoso proceso da man de alguén saibamos gozar do pracer da lectura, do acto de ler para entender o mundo en toda a súa complexa forma de ser. Na vida, o alimento e a palabra son precisas para medrar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario