domingo, 28 de abril de 2013

NO MES DE MAIO NA BIBLIOTECA DE LETRA EN LETRA (1)

COAS LETRAS GALEGAS DÍA A DÍA

 O ano pasado cumpríronse 50 anos da celebración do Día das Letras por parte da Real  Academia Galega.  Por ese motivo e porque no mes de maio xa se aproxima imos dar comezo a unha campaña relacionada con esta data e a literatura en galego. Esta é unha actividade concurso que vai contribuír a coñecer mellor aos autores e autoras aos que se lles homenaxeou en anos pasados con motivo da celebración do Día das Letras galegas.


CONCURSO DIARIO 50 + 1 

O Departamento de Galego, o de Normalización Lingüística e os encargados da Biblioteca de Secundaria organizan este concurso diario. Todos os días lectivos de aquí ao 30 de maio iremos colgando unha serie de preguntas a resolver en 24 horas. Levarás ás respostas á Biblioteca do centro no prazo indicado. Ao resolvelas poderás optar a un premio agasallo que se entregará o próximo 30 de maio na biblioteca.


COMO PARTICIPAR ?

Para poder optar a un premio debes:
1º Copiar as respostas co teu nome nun papel .
2º Entregar o papel cuberto na Biblioteca do centro  dentro do prazo.




Optarás a recibir un premio o próximo 30 de maio  se  respondes correctamente a estas tres preguntas:

CUESTIÓNS para o 29 de abril 

1ª Adiviña a que tres mulleres se lle dedicaron un 17 de maio:

R_ _ _ _ _ _   _ _   C_ _ _R_

F_ _ N_ _ _C _    H_ _ _ _ R_      G_ _ _ I _ _

M_ _ _ _    M_ _ _Ñ_

2ª Indica cal das tres foi a primeira muller que entrou na Academia Galega.


3ª  Indica o motivo e a causa de cal das tres autoras se escolleu o día 17 de maio para celebrar un Día dedicado ás Letras Galegas?




 Para poder respostar podes facer uso dos seguintes enlaces:

 Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma  De LETRA En LETRA da CRTVG


Ningún comentario: