luns, 15 de abril de 2013

Premios da Crítica e no Salón do Cómic de Barcelona no mes dos libros

Nestes días andan nas páxinas da prensa os Premios da Crítica  que se fallan en España para as mellores obras publicadas nas distintas linguas do Estado.
Vexamos algún en que obras e que autores en galego:
 En poesía a Manuel Álvarez Torneiro, polo poemario Os ángulos da brasa.
 En narrativa a Begoña Caamaño pola novela  Morgana en Esmelle.

En castelán os autores e as obras premiadas foron:
En poesía para Juan Carlos Mestre polo poemario La bicicleta del panadero.
En narrativa Clara Usón pola súa obra La hija del Este.

Ningún comentario: