mércores, 6 de febreiro de 2013

ENCONTRO COA AUTORA LEDICIA COSTAS


Hoxe terá lugar un novo ENCONTRO NA BIBLIOTECA SAN NARCISO. Como xa sabedes son encontros con autores que lemos no centro ecos que compartimos a nosa lectura. A autora, mellor dito, a coautora do libro Mortos de ningures editado pola editorial Everest (que é quen facilitou a súa presenza no colexio) chámase Ledicia Costas. Xa estivera hai xa uns anos no San Narciso presentando un exemplar colectivos de novas narradoras. Hoxe van estar cos alumnos/as de 1º e 2º da ESo que leron esta novela de intriga que elaborou a dúas mans con Pere Tobaruela. esta experiencia tan curiosa de escribir a medias vai sr unha dos temas que seguro sairán neste encontro. Xa vos contaremos como foi.

Ningún comentario: