mércores, 30 de xaneiro de 2013

AS PALABRAS SON DE PAZ

Non hai ninguén tan estúpido que prefira as guerras á Paz, dixo Eurípides, mais logo veu Xulio César e pronunciou dun xeito claramente interesado: "Si vis pacem, para bellum"( é dicir, "se queres a paz, prepara a guerra")...menos mal que aos dirixentes da Roma Imperial saíronlle poetas contestóns antibelicistas e amantes da paz como Tibulo que, en medio de cruentas guerras civís, foi unha voz crítica:

Quen foi o primeiro que empuñou as horrendas armas? Que cruel e insensible foi aquel!
Daquela naceron as batallas e as matanzas do xénero humano, daquela foi aberto un camiño máis breve cara a terrible morte...

Este ano a Xornada Escolar pola Paz en Secundaria celebrámola no salón de actos. A literatura e a lectura estiveron ben presentes. Despois de visionar un documental do Seminario Galego pola Paz sobre a Educación pola Paz titulado:  "En son de Paz" seguindo as premisas establecidas no mesmo envorcamos o aprendido cunha lectura dramatizada dun conto antibelicista do coñecido autor Umberto Eco.  Efectivamente o EDLG ( membros do Equipo de Normalización) levaron a cabo unha lectura do conto " A bomba e o general" na edición en portugués. Para rematar os rapaces e rapazas de 1º da ESO B recitaron o poema "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro acompañándose dunha presentación de imaxes relacionadas co texto. tampouco faltou a música con temas clásicos como Imagine de J. Lennon ou "Sólo le pido a Dios" interpretado por Ana Belén.

Ningún comentario: