xoves, 18 de outubro de 2012
Tempo de premios
O Premio Nobel de Literatura, o premio máis prestixioso da literatura universal deste ano foi para un chinés que se fai chamar "Non fales", iso é o que significa MOYAN o seu nome "artístico", un home solitario e procedente do mundo campesiño da China. Un autor que mestura realidade e fantasía.
En Occidente a súa obra máis coñecida é "Sorgo vermello"cuxa adaptación do director de cine Zhang Yimou gañou o Oso de Ouro en Berlín en 1988. Outras obras súas son "A balada do allo", "Amplos peitos, anchas cadeiras"
Tamén se fallou recentemente o Premio Planeta, un dos máis prestixiosos da Literatura en castellano.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario