Imos iniciar o curso cunha satisfación moi grande ao saber hoxe que o Ministerio de Cultura acaba de premiar como mellor labor editorial do ano 2012 á KALANDRAKA EDITORA, unha editorial de Literatura Infantil e Xuvenil que con 18 anos de vida revolucionou o mundo das publicacións non só en Galicia e no Estado Español , senón que é un Proxecto editorial fortemente comprometido coa promoción da boa literatura, coidadas edicións e a difusión do seu labor polo mundo, dende aquí, dende Pontevedra. Os nosos parabéns a persoas como Manuela, Paz ou Olaia, mestra e alumnas respectivamente do San Narciso e que realizan nesta editorial un traballo que, como é evidente, ten unha gran calidade e unha gran repercusión máis alá das nosas fronteiras.
Os nosos nenos e nenas, os nosos mozos e mozas levan xa moitos cursos vivindo o pracer da lectura grazas a libros como os editados por Kalandraka. Desexamos que este recoñecemento sexa tamén garantía do bon facer por moitos anos máis, ese alimento dos soños para os novos lectores que libro a libro foron creando, seguros de que esta viaxe é pracenteira e paga a pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario