martes, 18 de outubro de 2011

O premio Nobel de Literatura do 2011


O poeta sueco Tomas Tranströmer foi nomeado premio Nobel de Literatura na presente edición do ano 2011. autor da antoloxía O ceo a medio facer, ou de outros 13libros entre os que atopamos títulos máis coñecidos como para vivos e mortos ou O gran enigma . Tomas Tranströmer é un poeta da paisaxe natural e humana. Ten traducida parte da súa obra a máis de 50 idiomas e ten unha gran sona. Aquí deixamos dous dos seus poemas traducidos ao galego:

MOITOS PASOS

As iconas foron postas en terra co rostro cara arriba
e a terra foi pisada
por rodas e zapatos, por mil pasos,
por dez mil pesadas pegadas de escépticos.
No soño baixei a unha pileta fosforescente, subterránea,
unha misa efervescente
¡Que desexo forte! ¡Que esperanza idiota!
E sobre min a pegada de millóns de escépticos.


POSTLUDIO

Arrástrome como un garfo sobre o fondo do mundo.
Engánchase todo o que non necesito.
Cansada indignación, resignación ardente.
Os verdugos traen pedras. Deos escribe na area.
Silenciosas estancias.
Os mobles, listos para voar no claro de lúa.
Avanzo silencioso cara os meus adentros
a través dun bosque de baleiras armaduras.

De “Desxeo a mediodía” (Nórdica Libros)

Ningún comentario: