
Convocamos no Día de Defuntos, unha nova edición do Concurso de microrelatos DE MEDO unha das primeiras actividades deste curso 2011-12 da Biblioteca de Secundaria.
Seguindo as pautas de cursos anteriores, para despois do magosto que se celebrará (se o tempo acompaña) o próximo día 11 de novembro faremos a entrega de premios rematando ese día a entrega dos microrelatos daqueles que queiran presentarse. Como tamén vén sendo habitual, os textos poden ser redactados en calquera das linguas usadas no centro: Galego,castelán,inglés e francés. Cada lingua terá os seus propios premios. Xa sabedes os texto non poden ter máis de 25 liñas e xirarán ao redor do tema citado. Ánimo!
Por certo a ilustración escollida para o cartel procede dun fotograma dunha película que rodou Gloria Stuart para a Universal nos anos trinta. Un clásico do cinema de terror made in James Whale. ‘O caserón das sombras’ (‘The Old Dark House’), que se estrenou en España o 7 de marzo de 1933 con Boris Karloff á cabeza do reparto. Karloff era tamén o actor que protagonizaba en 1931 ‘Frankenstein’.
Ningún comentario:
Publicar un comentario