
Comeza o curso e comezan as recomendacións de lecturas nas distintas materias. Antes de facer unha relación de recomendacións que xa se están fraguando nas aulas, como o asunto este curso vai da verdade, quexeramos lembrar que curiosamente o curso pasado en 4º da ESO houbo unha recomendación de cara o verán que vén moi ao caso, e en boa medida quixeramos recuperar ao longo do presente curso. Trátase dun tratado de Luciano de Samósata titulado "Relatos verídicos", un libro de viaxes e ficcións que con moita ironía o autor por divertimento e forte crítica ás modas dos intelectuais e literatos da época na que viviu (século II da nosa era)di contar a verdade cando resulta todo unha gran ficción, por poñer un só exemplo, o protagonista describe, entre outras peripecias, unha viaxe á Lúa.
Mais pasemos ao presente e comecemos coa nosa relación de lecturas que se recomendan.
En 2º de Bacharelato entre un grupo de autores e obras de gran intrese destacamos o marabilloso relato de Jorge Luis Borges, "El Aleph", marabillosa historia que vén acompañada doutra que non parece menos interesante "Plenilunio" de A. Muñoz Molina que pasa por ser unha das súas mellores obras de carácter social. En literatura galega dous clásicos do século XX Castelao c s ensaio "Sempre en Galiza" e o poeta Celso Emilio Ferreiro coa "Longa noite de pedra"
En 1º de Bacharelato sabemos da proposta de comezar a traballar co libro Made in Galiza de Séchu Sende, para abordar a faceta de sociolingüística na materia de Galego.
En 4ºda ESO non poderían faltar textos clásicos como Cousas, de Castelao para Galego ou unha selección de cantos da Ilíada e a Odisea para Cultura Clásica. Seguiremos informando porque as propostas non rematan aquí, claro está.
Ningún comentario:
Publicar un comentario