

Este pode ser un lema da Biblioteca de Secundaria no presente curso: "Nos libros atoparás a verdade". No que queremos dar a entender que coa lectura teremos acceso ao coñecemneto de moitas verdades ocultas para aqueles que non fan usos da mesma. Hai outro lema que tamén nos gusta e remite ao que estamos pensando situar na propia decoración da entrada á biblioteca: "in corpore sano,mens sana. ". Esta vén a conto de que este curso coincide en gran medida cun ano olímpico, o ano 2012, e desde a biblioteca queremos contribuír certamente a esa descuberta do ser, do verdadeiro home ou muller que somos, que se agochaba no espírito olímpico da antigüidade grega, espírito que dalgún xeito tamén nas Olimpíadas modernas se quere recuperar.
Un libro tan importante como a Biblia dinos que no comezo foi palabra. Nós queremos dende o comezo sinalar a importancia que na Educación ten a palabra e como o exercicio da mesma non está reñido co do exercicio físico ou corporal, ambos deben estar presentes na nosa formación. Ademais do exercicio físico hai outros exercicios que nos axudan a medrar, como o da lectura. Este é realmente un exercicio de gran interese para o home, porque é unha práctica que nos conduce seguramente a un mundo mellor, máis auténtico e real en canto a que está máis vivido con maior fondura e aprofundamento. Tamén é ben certo que transitar por este camiño da verdade que podemos atopar nos libros, axudará de feito a facernos máis donos do noso destino como persoas, máis coñecedoras e máis responsables á hora de abordar o noso futuro. As lecturas contribuirán a despexar obstáculos a forxar novas metas e a ser moito máis creativos. A verdade: a lectura faranos máis libres
“A realidá existe
porque existe a palabra.
Si non sabes dicir longa é a noite
tampouco saberás que existe a alba.”
Celso Emilio Ferreiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario