Hoxe fixemos entrega dos premios da Campaña promovida polo EDLG e o departamento de Galego e Plástica e Visual co lema AMOR E ENFERMIDADE e que se realizou na
Biblioteca de Secundaria.
O xurado, profesores dos devanditos departamentos acordou establecer dúas categorías tendo en conta o volemen de traballos presentados que foi bastante numeroso aínda que de formaun tanto diferente dependendo os cursos.
No primeiro nivel ou categoría dos cursos de 1º, 2º e 3º da ESO recibiron premio os seguintes alumnos/as:
En poesía o alumno de 2º da ESO B: Miguel A. González Rodríguez polo seu poema:
NAMOREI DE TI
Namoreime de ti, non o nego
Namoreime de ti, así o sinto
namoreime de ti díxenllo ó vento
namoreime de ti e do teu arrecendo.
Namoráronme os teus ollos, o teu pelo
namoráronme tamén os teus beizos
as túas curvas, as túas mans, os teus dedos,
o teu sorriso, a túa fala... o corpo enteiro.
Quixeron fde ti separarme
mais abofé que non o conseguiron
pola contra fixeron máis namorarme
retirarme de ti non puideron.
Cando paseamos polo camiño
óllannos con certo recelo
as pombs que fican de cotío
agardando un amor tan sincero.
Agarrados da man no malecón
centos de ollos ou quizás milleiros
abraiados polo brillo dos nosos corazóns
envexan os nosos anos vindeiros.
Namoreime de ti, non o nego
Namoreime de ti, así o sinto
namoreime de ti díxenllo ó vento
namoreime de ti e do teu arrecendo.
O Primeiro premio nesta categoría ao Cómic foi para Mª Élida Portabales Tomé, alumna de 2º ESO B ( o seu cómic sairá publicado na Revista Dixital Chan do Monte no número que se colgará na páxina do Colexio a final de curso.
Na modalidade de relato/ carta foi premiada a alumna tamén de 2ºESO B María Torres que presentou o seguinte texto:
É por ti:
Que se me ergo cada mañá é única e exclusivamente por verte sorrir, esgotar ese sorriso que soamente ti sabes pór, por ver outra vez esas lindas pecas que semellan manchiñas de chocolate con leite; é por ver eses preciosos olliños que pos cada vez que nos miramos; que se me ergo cada mañá é por ti.
Miraríate, se me pedisen que buscase o máis belo deste mundo, o máis fermoso.
Din que cando algo remata, recordas ccomo comezou todo; non quero pensar en como comezamos isto, pois non quero que remate nunca.
Correremos, saltaremos de alegría, berraremos, correremos coa boca aberta, pero tamén camiñaremos xuntos...escribirémonos cartas de amor, contarémonolo todo. Imos facer todo isto xuntos, xa que ti es o motivo polo que me erga cada mañá.
Na segunda categoría que se corresponde cos cursos de 4º da ESO e 1º e 2º de Bcahrelato os alumnos/as que gañaron foron:
Na modalidade de Cómic Fátima Permuy de 4º ESO B. Reproducimos aquí unha das páxinas do seu traballo que tamén editaremos no Chan do Monte Dixital que sairá cara final de curso, como xa dixemos.

Na categoria de poesía o premio foi para o alumno de 4º ESO B Darío Roldán Fraga polo seu poema NON FUXAS, AMOR que reproduciremos a continuación:
¿POR QUE ME FUXES, AMOR?
Ainda non vin o teu rostro.
Non escoitei a túa voz.
Non atopei a túa sombra.
¿Por que me fuxes, amor?
¿Sego esperando, ou vou buscarte?
Que gran decisión.
Pero ti non respondes.
¿Por que me fuxes, amor?
Trabúcome cos teus enganos.
Pérdome co teu son.
Mais non deixo de preguntarme:
¿Por que me fuxes, amor?
Ando. Ando e camiño,
morrendo un pouco a cada paso.
Outra vez segues fuxindo,
outra vez case te atrapo.
E resoa a pregunta no aire,
saída do meu triste corazón,
espero que alguén a escoite:
¿Por que me fuxes, amor?
E na modalidade de microrelatos o premio outorgouselles "ex aequo" (por igual) a tres rapaces de 1º de Bacharelato. Irene Alonso, Martín Martínez e María Pastoriza. Reproducimos por esta orde os textos dos gañadores que son os que seguen:
Pregúntame se te quero e respondereiche cun non alto e claro.
Pregúntame se penso en ti e volverei a repetir o mesmo.
Pregúntame que sinto cando te vexo e verás que cada vez que te miro paseando pola beirarúa, eu cambio para a outra. Aínda cres que sinto calofríos se as túas mans me rozan, mais non. Pensarás, imaxino, que xa non escoito aquela canción, que xa non encho a bañeira de escuma, mais trabúcaste. cres que non hei volver a a aquel recuncho afastado que chamabamos noso. Teño que recoñecer que xamais añorei tanto o son dunha voz, boto de menos odiar os golpes deses tacóns no parqué. Hoxe xa non existen os cinco minutos de rigor na cama, despois de que nos esperte o pero invento do mundo. Rematouse o pensar en viaxar para non ir a ningures. Axiña esquecerei como era comer sen sal e a fragancia que perfumaba a casa. ë moi triste que o principio estea tan preto da fin. E era utópico entón cando pensabamos que a fin estaba lonxe de vislumbrarse. O amor vaise como as pegadas na orilla do mar.
-"Sube, veña!- dixen eu nun intento por convencela e saír daquela situación.
- "A ver, muller, que che quero dicir unha cousa en privado"_ noputro intento de dicirlle o que sentía.
Miña nai non cansaba de queixarse polos berros e , antes de que rematara de falar, fun cara a porta e pecheina. Así tampouco miña irmá espertaría e viría rosmando. Volvín á fiestra Foi raro. Estaba sorrindo. Lenvantou a cabeza e ó verme sorriu aínda máis.
-"Eu tamén sinto o mesmo"- dixo.
Din
que a vida é
unha estrela fugazzzz
que cruza o ceo
na noite.
Celso Emilio Ferreiro: Onde o mundo se chama Celanova
Ocorreu alá polos anos 80 cando eu aínda era un mozo co peito rebosante de ar. Non foi nun día especial, nin nun lugar especial, pero ela si que era especial. Con só mirala quedei totalmente petrificado. A luz reflectía nos seus ollos e voltaba a min coma un raio de saber. Era un triángulo luminoso de infinitos escintileos que me alumeou na escuridade. Ás veces esperto de noite preguntándome se será ela, pero axiña me tranquilizo ao vela deitada rente a min.
Ningún comentario:
Publicar un comentario