
Unha nova edición desta campaña co tema do amor como fío condutor. Unha campaña que se abre aproveitando a impronta do San Valentín, que se desenvolve realmente ata o comezo da primavera, o espertar da natureza, o tempo da calor, as flores, os paxaros... Si realmente deberiamos tela iniciado o día no que casan os paxaros, é dicir, o día 2 de fecreiro, pero o ritmo das aulas, dos exames e demais impediron este ano facer desta data un fito para a Biblioteca de Secundaria,ademais da proximidade do día escolar da Paz que este curso tivemos que facelo visible na primeira semana do mes de febreiro.
Imos pois co Amor, deámoslle a benvida e procuremos o pracer de escribir con el como obxectivo ou como compañeiro tal e como o fixeron grandes e pequenos escritores ao longo dos séculos na lingua de seu. Poñemos un exemplo coñecido o do un dos últimos trobadores medievais, Fernand´ Esquío que se queixaba así ao Amor:
Amor, a ti me venh’ óra queixar
de mia senhor, que te faz enviar
cada u dormio, sempre m’espertar
e fazme de gran coita sofredor.
¿que me queres , Amor?
Amor, a ti me venh’ óra queixar
de mia senhor, que te faz enviar
cada u dormio, sempre m’espertar
e fazme de gran coita sofredor.
Pois m’ela non quer veer nen falar,
¿que me queres , Amor?
Este queixume te venh’ora dizer:
que me non queiras meu sono tolher
pola fremosa do bon parecer
que de matar home sempr’á sabor.
Pois m’ela nehún ben quiso fazer,
¿que me queres, Amor?
Amor, castígate d’esto, porén,
que me non tolhas meu sono por quen
me quis matar e me teve en desdén
e de mia morte será pecador.
Pois m’ela nunca quiso fazer ben,
¿que me queres, Amor?
Amor, castígate désto, por tal
que me non tolhas meu sono por qual
me non faz ben e sol me faz gran mal
e mi o fará, d’esto son jolgador.
Poilo seu ben cedo, coita mi val,
¿que me queres , Amor?
FERNAND’ESQUíO
Ningún comentario:
Publicar un comentario