xoves, 24 de febreiro de 2011

Comeza o concurso ACHÉGATe con AMOR

Este ano unha proposmos unha chea de posibilidades coas que achegarse ao tema do amor, darlle a imaxinación, deixarse levar pola creatividade, sen caer nos tópicos ou xogando con eles. Temos todo o mes de marzo, mes da primavera para amar con palabras e imaxes: microrelatos, fotografías, cómics, cartas, ilustracións ou poemas, calquera destas modalaidades son opcións para concursar. Achégate logo con amor! Xa podedes facer chegar á biblioteca no seu horario habitual a vosa creación!

Ningún comentario: