mércores, 16 de febreiro de 2011

A doncela sen mans...como rematará?


En certa ocasión o demo convencerá a un pobre muiñeiro para que a cambio de ser rico lle dese o que tiña detrás do seu humilde muíño. Aquel home fixo memoria de que tras do muíño só tiña una vella maceira, asía que aceptou o trato. O que non sabía é que alí estaba nese momento a súa filla. Mais esta rapaza, que era moi lista, desexando non pertencer ao demo, tivo que perder ambas mans, rogándolle ela mesma ao seu pai que llas cortase, motivo polo cal o Demo rexeitou á rapaza.
- “Ai, miña querida filla”- dixo o muiñeiro- “ sinto tanto todo o ocorrido, todo o que eu fixen. Agora son rico, déixame que che coide”.
Ela miroulle e dixo: “Padre, áteme os brazos tras das costas”. Contrariado e tristemente o muiñeiro tomou unha corda e atoulle os brazos como ela dixo e ela abandonou o muíño aquel mesmo día para non regresar nunca máis. Camiñou durante toda a xornada e, cando caeu a tarde, chegou a un río e ao alcanzar a beira, as augas abríronse e cruzou a outro reino.
O rei dese país tiña un gran horto de froiteiras do que estaba moi orgulloso. Ao día seguinte, mestras cabalgaba por el, observou que lle faltaban unhas cantas mazás. Enviou na procura do vixilante, quen caeu de xeonllos e dixo: “ Maxestade, na noite pasada unha fermosa doncela, cos brazos atadas nas costas, apareceu no pomar e comezou a comer mazás. Unha luz brillaba ao seu redor e asusteime, Maxestade, saín correndo”.
Ao rei intrigoulle o relato e decidiu que el mesmo montaría garda esa noite. Ao solpor, a fermosa rapaza apareceu no pomar e comezou a comer mazás. Seducido pola súa beleza, o rei saíu do seu agocho, axeonllouse e pediulle que casara con el, e ela aceptou. Casaron entre grandes celebracións e o rei fixo labrar un par de mans douradas para ela…



(Queridos lectores moitos sodes os que xa sabedes que cun casamento non sempre remata unha historia. Como seguirá esta curiosa historia da doncela sen mans?)

Ningún comentario: