venres, 22 de xaneiro de 2010

No camiño cara a paz e un mundo solidario



Para a Semana da Paz imos editar un pequeno grupo de textos para reflexionar sobre a Paz en pleno século XXI, Paz que é a meta do camiño que realizamos para conseguir un mundo mellor, máis xusto e solidario. Nestes momentos non podemos esquecer, ou mirar para outro lado. Haití non vive en Paz. Como consecuencia dunha dramática historia que comezou moito antes do terremoto que devastou a illa, Haití é unha vítima histórica de sociedades esplendorosas, de espírito colonial e imperial, que agochan baixo o seu brillante poderío a escravitude de milleiros de persoas e a miseria coa que hipotecou o futuro. Agora ademais está a sufrir unha catrástofe natural que afrontarían os seus millóns de persoas de habitantes dun xeito ben diferente de non estar, como están e estarán aínda por moito tempo, sumidos na máis abafante das miserias. Esta é tamén unha "guerra" que provoca moitos mortos e á que nos debemos enfrontar coas "armas" da Paz como son a Solidariedade e a Xustiza. A Paz é moito máis que a ausencia de guerra!

Ningún comentario: