
Namentres seguimos con moita paciencia informatizando unha parte dos fondos da nosa biblioteca preparamos novas actividades para este trimestre. Imos realizar un Club de lectura sobre o tema da Paz cunha selección de diversos textos que serán obxecto de distintas iniciativas na derradeira semana deste mes de xaneiro. Este ano no que se celebra ademais o centenario de Miguel Hernández por unha banda, e o de Luís Seoane pola outra, queremos iniciar as nosas propostas con dous poemas destes autores:
Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes.
Miguel Hernández
Eiquí estamos cos nosos anos, encanecidos,
desterrados nunmundo sin intimidade nin cortesía,
cas nosas lembranzas, mais sin remordimentos.
Non te vemos fai moito, terra desa saudade,
mais sentimos en nós a presenza da túa lus
agardando que eses terribles nemigos o tempo e a conciencia
nos volten ás túas noites,
á presenza dos seres ocultos que nos agardan.
Somos homes arrincados de súpeto das herdada costumes
que non teremos mais un verdadeiro fogar
con un ar familiar, unhas cadeiras vellas e uns poucos libros...
Luís Seoane ( un anaco do poema "Desterrados")
Ningún comentario:
Publicar un comentario