martes, 22 de decembro de 2009

Algunhas recomendacións de lecturas no Nadal

Hai lecturas que levamos varios anos recomendando e seguiremos traballando no mes de xaneiro pola importancia do tema central que tratan. É o caso de: " O neno do pixama a raias" de John Boyne que recomendamos a aqueles alumn@s de 1º da ESO especialmente, aínda que se estades noutros cursos superiores e non tivestes aínda a oportunidade de lelo, é un libro que ten a capacidade de non deixar indiferente a calquera lector sexa cal sexa o curso que estude. Estamos vendo outros libros como alternativa para quen xa teña feito esta lectura e que sexan complemento da lectura indicada poden ler os seguintes libros: Salvate Elías de Elisabeth Brami e Bernard Jeunet ou O violín de Auswitz de Maria Angels Anglada

Os alumn@s de 2º da ESO andan a ler os Megatoxos,o segundo tomo desta serie escrita por Anxo Fariña cun notable éxito que se titula: "Os Megatoxos e a espada esmeralda", tal é a boa acollida entre os lectores máis novos que está a punto de saír o terceiro título da saga, así que antes de que chegue as librarías poñedevos a ler este libro de aventuras.

Os rapaces de 4º da ESO que están facendo a súa entrada no mundo da Épica Clásica van dar os seus primeiros pasos por un unha introdución á Homero a través do libro de Akal edicións que se titula" Agamenón y la guerra de Troya". Pero os que cursan galego están rematando aínda a lectura do título de Castelao "Cousas". Hainos que xa leron tamén "A cabeza de Medusa" de Marilar Aleixandre, polo que temos que ir orientando cara a novas lecturas como...


En Bacharelato andamos ás voltas coa narrativa de Manuel Rivas recentemente nomeado académico da Real Academia Galega do que escollemos todo un clásico " Que me queres, Amor?" que foi premio Nacional de Narrativa no ano 1995.

Ningún comentario: